Skip to Content

Blogues

VOLVEMOS Á ACTIVIDADE

Ola !

Aquí estamos despois dá Semana Santa. Espero que esteades  todos ben  e que levedes o mellor posible o confinamento. Un saúdo agarimoso.

Para comezar, uns CONSELLOS para o desenvolvemento das actividades:

 

APPS PARA SEGUIR APRENDENDO

 

Ola de novo,

 

para as vacacións de semana santa fixen unha selección de algunhas aplicacións para a tablet, móbiles...xa sei que as miñas compañeiras subiron xa algúns documentos sobre este tema pero esta selección está adaptada ao alumnado da aula 8, algunhas de elas xa coñecidas por eles e traballadas na aula. Outra forma divertida de aprender!

 

ÁRBORE FAMILIAR

 

Ola familias,

 

esta actividade que vos propoño consiste en facer unha árbore familiar; co tema de ficar na casa estamos separados da nosa familia máis próxima o que non é doado; por iso, con esta árbore podemos simbolizar todas esas apertas e bicos que nos daremos cando todo isto acabe, agora verase un pouco baleiro pero pronto encherase de pegadas de cores (simulando as flores e as follas) como unha árbore en primavera.

 

"A CASIÑA DA FRUTA"

Ola bo dia!! Os alumnos e alumnas da aula 4 gústanos moito traballar o vocabulario, por iso continuamos traballando cas casiñas de elementos que atopamos na nosa vida cotiá.

Neste caso deíxovos neste enlace a casiña da fruta, tedes que cortar cada alimento e pegalo nunha casilla. Podedes nomear o alimento, espero que o pasedes moi ben. Unha aperta para todos e todas.

TAREFAS DO 2º TRIMESTRE NO OBRADOIRO EXPLORAMOS COS SENTIDOS

Durante o segundo trimestre, polas tardes, no Obradoiro de Exploramos cos sentidos fixemos distintas tarefas.

Aquí vos deixamos unha presentación con fotos que agardamos que a disfrutedes!!!

ANIMO FAMILIAS

Ola Familias.

O meu único desexo nestes intres é que sigades TODOS BEN.

Moito ánimo, non vos desanimedes por favor xa que todo o voso esforzo merece a pena.

Mándovos un enlace para escoitar unha canción nestes días.

Unha aperta enorme para tod@s vós e para os vos@s fillos.

Distribuir contido


by Dr. Radut