Skip to Content

Blogues

RECOÑECER AS EMOCIÓNS

 

 

Bo día familias, 

Continuamos traballando dende a casa, hoxe queremos aportarvos un recurso que a moitos vos resultará útil e divertido. Trátase do dado das emocións. Se tedes impresora podedes imprimilo, se non pois podemos sacar o noso lado artístico e debuxalo nós mesmos. 

É moi importante recoñecer e ser capaces de poñer nome as diferentes emocións, deste xeito podemos identificar como nos sentimos e tratar de xestionalo axeitadamente.

FORMAS DE VIVIR

Ola de novo familias!!!

Achegamos un vídeo feito con moito cariño para introducir as formas xeométricas dunha maneira "distinta". Acompaña un pdf sobre formas básicas e como traballalas.

Esperando que sigades con moita forza...

 Unha aperta enorme e moitos achuchóns para @s nos@s nen@s.

PREME AQUÍ PARA VER O VÍDEO.

DE NOVO XUNTOS

Hola!

 

ADIANTE POLOS SOÑOS QUE NOS QUEDAN!!! MOITO ÁNIMO

Pasan as semanas e ás veces vólvense costa arriba...pero cada día que pasa falta menos... e CONSEGUIRÉMOLO!!!

O noso maior desexo e que esteades ben e con forza e ánimo para seguir.

Nós botámosvos en falta e queremos enviarvos este vídeo cargado de mensaxes cheas de cariño e forza.

TODO SAIRÁ BEN!!!

"XOGAMOS CA NOSA MEMORIA"

Ola bo dia!! Como os alumnos e alumnas da aula 4 gústanos moito traballar ca pizarra electrónica e nestes momentos non podemos utilizala. Deíxovos un xogo de memoria moi familiar pos vós, o cal podemos disfrutar de él co voso ordenador, tablet ou movil.

Tedes que pulsar aquelas dúas imaxes que sexan iguais. Unha aperta para todos e todas.

https://www.juegosinfantilespum.com/memoria/11-ojitos.php

 

ACTIVIDADE CON TEAS

Para esta actividade, utilizaremos teas de diferentes texturas:  borreguillo,  tul, gasas, flocos, veludos, plumas, etc... Colocamos as teas a modo de bufandas , procurando certo nivel de contraste (suave-áspero).  Realizamos pequenas friccións ou masaxes ao redor do pescozo, collendo a tea polos extremos.

Cubrimos a cabeza do neno/a con as diferentes teas e imos deslizándoos pola cara desde atrás moi aos poucos ata quitarllos. Procuramos alternar contrastes  de teas máis suaves con teas  máis ásperas.

Distribuir contido


by Dr. Radut