Saltar navegación

Wikimedia commons

Actividade - Atribuír unha imaxe tomada de Wikimedia Commons

Icona das actividades

En eXeLearning, creamos un iDevice novo, de texto libre por exemplo ou unha Etiqueta, Páxina ou Libro en Moodle

Pasos:

  1. Localizar unha imaxe en Wikimedia commons.
  2. Consultar os dereitos de autor.
  3. Descargala.
  4. Incorporala a un iDevice, ou Etiqueta, Páxina ou Libro de Moodle
  5. Configurar o pé da imaxen con:
    • a autoría
    • o título
    • a páxina web de orixe e
    • a licenza de propiedade intelectual
  6. Facer accesibles as ligazóns do pé de imaxe, é dicir, indicando:
    • que é unha ligazón
    • a información que achegan ao premer nela e
    • onde se abrirán, se na mesma xanela ou noutra.

Pasa o rato por riba das ligazóns do seguinte exemplo e fíxate que o texto alternativo contén as tres informacións. O resultado debería ser algo similar a:

Cruce de camiños
Barraquito. Cruce de camiños. En Wikimedia commons. CC BY-SA 2.0

Agora ti. Practica a atribución da autoria dunha imaxe tomada de Flickr, pero doutra imaxe distinta da anterior.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)