Saltar navegación

FAQ sobre licenzas CC

O que vén a continuación é unha selección (traducida ao galego) dalgunhas das preguntas frecuentes que Creative Commons fai pública nas FAQ da súa Wiki.

Que debería ter en conta antes de usar o material ofrecido baixo unha licenza Creative Commons?

CC ofrece seis licenzas básicas, cada unhas das cales outorga un conxunto distinto de permisos. Antes de utilizar material baixo licenza CC, é necesario que revise os termos da licenza en particular, para asegurarse de que está permitido o seu uso previsto. Se desexa utilizar o traballo dun xeito que non está permitido pola licenza, debe comunicarse co titular dos dereitos (a miúdo o creador) para obter o permiso en primeiro lugar, ou buscar un traballo alternativo que estea licenciado cunha licenza que permita o uso desexado. Teña en conta que se se utiliza o material dun xeito que non está permitido pola licenza correspondente e que o seu uso non está suxeito a unha limitación ou excepción do dereito de autor, a licenza se rescindirá automaticamente e vostede pode ser responsable dunha infracción de copyright, mesmo se vostede é susceptible de que se lle recoñeza os seus dereitos nun momento posterior.

Que pasa se quero usar o material dun xeito que non estea permitido pola licenza?

Póñase en contacto cos titulares dos dereitos para pedirlles permiso. Pola contra, a menos que se aplique unha excepción ou limitación ao dereito de autor, o uso do material pode violar a licenza Creative Commons. Se vostede viola os termos da licenza, os seus dereitos de uso do material cancelaranse de forma automática, e pode ser responsable dunha infracción de copyright.

Sempre teño que cumprir cos termos da licenza? Se non é así, cales son as excepcións?

Como podo atribuír axeitadamente o recoñecemento do material que se ofrece baixo unha licenza Creative Commons?

Todas as licenzas CC implican que os usuarios recoñezan o creador do material licenciado, a menos que o creador renunciase a esta atribución ou recoñecemento, non proporcione o seu nome, ou pedise que se suprima. Ademais, debe manter un aviso de copyright, un enlace á licenza (ou á obra), unha nota de licenza, unha notificación sobre a renuncia de garantías, e unha URI se existise. Para as versións anteriores á 4.0, tamén se debe proporcionar o título da obra. (Aínda que non é un requisito en 4.0 recoméndase que se proporcione un).

Tamén se debe indicar se se modificou a obra -por exemplo, se vostede colleu un extracto, ou recortou unha foto. (Para as versións anteriores á 4.0, isto só é necesario se se creou unha adaptación que incorpora ao seu propio material creativo, pero se recomenda aínda cando non é obrigatorio). Non é necesario ter en conta as alteracións insignificantes, tales como a corrección dun erro tipográfico ou cambiar o tamaño da fonte. Por último, débese conservar unha referencia ás modificacións anteriores da obra.

Sempre teño que atribuír o creador do material baixo licenza?

Debes atribuír o creador cando se proporciona o material ao público por calquera medio que está suxeito aos dereitos de autor ou similares. Se se está a utilizar o material de forma privada, sen facer adaptacións ou sen facelo público nin o distribuír, entón non é necesario atribuír o creador. Do mesmo modo, se só se está a distribuír o material ou adaptacións do mesmo dentro da súa empresa ou organización, vostede non ten que cumprir co requisito de atribución. Aprenda máis acerca de cando non é obrigado o cumprimento da licenza.

Podo coller unha obra con licenza CC e utilizala nun formato diferente?

Si. Cando calquera das seis licenzas CC se aplica ao material, o titular da licenza concede permisos para usar o material na forma en que a licenza indica, sexa cual sexa o soporte ou formato elixidos polo usuario, cando sexa utilizado ou se distribúa posteriormente. Isto é así mesmo para as licenzas NON-Derivados (ND). Esta é unha das poucas regras establecidas nas nosas licenzas, que permite harmonizar o que poderían ser diferentes resultados dependendo de onde se utiliza o material con licenza CC e cuales sexan as leis de copyrigth aplicables.

Cando o meu uso é considerado como unha adaptación?

Que unha modificación do material licenciado se considere unha adaptación, para os efectos das licenzas CC, depende da lei de propiedade inteletual aplicable. A lei de dereitos de autor reserva ao creador o dereito para crear adaptacións da obra orixinal. As licenzas CC que permiten adaptacións para ser compartidas, todas agás BY-ND e BY-NC-ND, conceden permiso a terceiros para crear e redistribuír adaptacións cando doutro xeito constituiría unha violación da lei de dereitos de autor aplicable. Normalmente, unha modificación considérase unha adaptación, baixo a lei de dereitos de autor, cando a obra modificada se basea nun traballo previo pero que expresa suficiente creatividade nova para ser dereito de autor, tales como unha tradución dunha novela dun idioma a outro, ou a creación de guións de películas baseadas en novelas.

Podo combinar material baixo diferentes licenzas Creative Commons no meu traballo?

Iso depende. A primeira pregunta que debemos facernos é se facelo constitúe unha adaptación. Se a combinación non crea unha adaptación, entón se pode combinar calquera contido con licenza CC, sempre e cando proporcione a atribución e cumpra coa restrición No Comercial (NC) se aplica. Se se quere combinar o material dun xeito que dá lugar á creación dunha adaptación (é dicir, un "remix"), entón se debe poñer atención á licenza que se aplica ao contido que se desexa combinar.

As licenzas No Derivadas (ND) non permiten combinar material agás para uso privado (as licenzas de versións anteriores á 4.0 non permiten combinar nunca, salvo os casos permitidos polas excepcións e limitacións ao dereito de autor). O resto das licenzas CC permiten combinar, pero poden impoñer limitacións ou condicións sobre como se pode utilizar o resultado. Por exemplo, se crea un novo material produto de combinar varios materiais licenciados baixo a licenza Share Alike (SA), necesitamos asegurarnos de que todo o material usado está licenciado baixo a mesma licenza (SA) ou cunha licenza CC compatible, e débese incorporar informacion da licenza e referenciar correctamente todas as fontes coa súa atribución. Do mesmo modo, se desexa utilizar un "remix" con fins comerciais, non se poderá incorporar ningún material publicado baixo unha das licenzas non comerciais (NC).

O seguinte gráfico mostra como se pode combinar distintos materiais baixo licenza CC. Para utilizar a táboa, busca a licenza na columna da esquerda e na fila superior dereita. Se hai unha marca de verificación na casa onde a fila e a columna se cruzan, entón os materiais ou obras pódense remesturar. Se hai unha "X" na casa, entón as obras non se poden remesturar a menos que se aplique unha excepción ou limitación. Máis abaixo terás máis información acerca de como se poden licenciar as mesturas "remix". (Para ampliar a imaxe, preme nela).

Cadro coa compatibilidade de licenzas entre obra orixinal e allea.
Obra derivada por Agustín Carracedo Dominio público  da de Kennisland. Compatibilidades entre as licenzas Creative Commons. Dominio público

Se derivo ou adapto material baixo unha licenza de Creative Commons, que tipo de licenza CC podo usar?

Se adapatamos material baixo unha licenza CC (é dicir, "remix"), a licenza CC orixinal sempre se aplica ao material que se está a adaptar mesmo unha vez adaptado. A licenza que se pode elixir para a súa propia contribución (chamada "licenza de adaptador") depende da licenza que aplica ao material orixinal. Os destinatarios da adaptación deben cumprir tanto coa licenza CC do orixinal como a "licenza de adaptador".

===== Materiais BY e BY-NC =====

Cando combinamos material BY e material BY-NC, xeralmente se recomenda que a "licenza do adaptador" inclúa polo menos os elementos da licenza que a licenza que se aplica ao material orixinal. Isto facilita a reutilización polos usuarios intermedios, xa que son capaces de satisfacer ambas as dúas licenzas mediante o cumprimento da licenza do adaptador. Por exemplo, se se adapta material baixo licenza BY-NC, a "licenza de adaptador" debe conter tamén a restrición NC. Consulta a táboa de abaixo para obter máis detalles.

===== Materiais BY-SA e BY-NC-SA =====

En xeral, cando combinamos contidos ShareAlike (SA), a "licenza de adaptador" debe ser a mesma que a licenza do material que se está a adaptar. Todas as licenzas despois da versión 1.0 permiten que licenciemos as nosas contribucións baixo unha versión posterior da mesma licenza. (Véxase a páxina de versións de licenza para máis detalles). Se se desexa adaptar material baixo licenza BY-SA ou BY-NC-SA e liberar a nosa contribución baixo unha licenza non-CC, deberiamos visitar a páxina de Compatibilidades para comprobar que opcións se permiten. Actualmente, as licenzas non-CC non figuran como compatibles.

 ===== Materiais BY-ND e BY-NC-ND =====

As licenzas BY-NC-ND e BY-ND non permiten a distribución das adaptacións (tamén coñecidas como remixes ou traballos derivados), e prohibe a creación de adaptacións baixo licenzas de versións anteriores a 4.0. Posto que non se poden compartir "remixes" destes materiais, non hai compatibilidade con outras licenzas. (Teña en conta que as licenzas ND lle permiten reproducir o material en forma non modificada, xunto con outro material nunha colección, como se indica no seguinte FAQ.)

===== Gráfico de licenzas de adaptador =====

O seguinte gráfico detalla as licenzas CC que podemos usar como "licenza de adaptador".Cuando creamos e adaptamos material baixo unha licenza da columna da esquerda, podemos licenciar a nosa contribución á adaptación baixo unha das licenzas indicadas na fila superior se a cela é de cor verde. Se a cela é de cor amarela, deberemos proceder con cautela. CC non recomenda o uso destas combinacións, aínda que están tecnicamente permitidas baixo os termos da licenza. Deberemos de ter coidado de marcar a adaptación como a participación de múltiples dereitos de autor baixo diferentes terminos para que os usuarios intermedios sexan conscientes das súas obrigas para cumprir coas licenzas de todos os titulares dos dereitos. As celas de cor gris indican que esas licenzas non se poden usar na "licenza de adaptador".

Táboa de compatibilidades das licenzas CC.
Traducido por Gloria Rivas. Creative commons. Táboa de compatibilidades das licenzas Creative Commons. CC BY

 

Se creo unha colección que inclúe un traballo baixo unha licenza CC, que licenza (s) debo escoller para a colección?

Todas as licenzas de Creative Commons (incluíndo as licenzas da versión 4.0) permiten licenciar material para ser incluídos en coleccións tales como antoloxías, enciclopedias e boletíns. Pódese escoller unha licenza para a colección, non obstante, isto non cambia a licenza aplicable ao material orixinal.

Cando se inclúe contido con licenza CC nunha colección, tamén debemos cumprir as condicións da licenza que rexen o uso do material incorporado. Por exemplo, material baixo calquera das licenzas de Creative Commons NoComercial (NC) non pode ser utilizado comercialmente. A táboa seguinte indica que tipo de obras con licenza CC se poden incorporar a coleccións baixo licenza para usos comerciais e non comerciais.

Tabla de compatibilidades das licenzas de recopilacións de obras con diferentes licenzas CC.
Traducido por Gloria Rivas. Creative commons. Táboa de compatibilidades das licenzas Creative Commons. CC BY

 

Referencias webgráficas

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)