Saltar navegación

Recoñecemento de obras Creative Commons

Infórmate

É imprescindible atribuir os recursos que usemos aos seus lexítimos propietarios. Segundo de onde tomemos os recursos ou dependendo do tipo de recurso deberemos citar a súa fonte orixinal. Vexamos como é a cousa.

Todas as licenzas Creative Commons requiren dar crédito ao autor das obras utilizadas. Aínda que o autor non especificase unha forma particular de como debes citalo isto non significa que non debas facelo. Simplemente significa que has de intentar facelo da mellor forma que poidas considerando a información que posúes. Normalmente isto implica cinco cousas:

  • Se o traballo contén algunha información sobre o copyright incluída polo autor debes deixala intacta ou reproducila dunha forma razoable considerando o medio no que a estás a reproducir.

  • Citar o nome do autor, nome en pantalla, identificación de usuario, etc. Se estás a publicar en Internet, é aconsellable enlazar o nome da persoa á páxina do seu perfil, da súa galería, do seu canal.

  • Citar o título do traballo (se existe). Se estás a publicar en Internet é conveniente enlazalo ao traballo orixinal.

  • Citar a licenza Creative Commons baixo a que está o traballo. Se estás a publicar en Internet é conveniente enlazalo á páxina da devandita licenza dentro da web de Creative Commons

  • Se estás a facer unha obra derivada ou unha adaptación ou tradución, ademais do anterior, debes explicitar que a túa obra é un traballo derivado. Por exemplo: "Isto é unha tradución de (traballo orixinal) por (autor)"

Realmente, en caso de que o autor estableza requirimentos adicionais só pode obrigar a:

  • Que o traballo se atribúa a certo nome, pseudónimo ou mesmo algunha organización.

  • Que o asocies a unha URL particular.

Referencia webgráfica

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)