Saltar navegación

Autoría dun .elp e dun curso virtual

Selo das obras culturais libreseXeLearning facilita a creación de paquetes de contidos que ao incorporalos a un curso virtual e publicalos en Platega, para a formación en liña do profesorado, ou na aula virtual do noso centro, se o destinamos a complementar o ensino presencial do noso alumnado, facémolos públicos. Procede, por tanto, outorgarlles unha licenza adecuada que preserve os nosos dereitos.

A continuación realizaremos actividades destinadas a aprender a crear unha licenza acorde cos nosos desexos e como se integra no ficheiro .elp do paquete de contidos.

Actividade - Asignar unha licenza a un ficheiro .elp

Icona das actividades

  • Crearemos un arquivo .elp novo, para asignarlle unha licenza CC.
  • Seleccionamos a licenza seguindo estes pasos:
Pasos para asignar unha licenza nun arquivo elp.
Pasos para asignar unha licenza nun arquivo elp. Dominio público
  •  Como resultado da elección anterior aparecerá en tódalas páxinas do paquete de contidos este pé:

Pé de páxina coa licenza CC BY-SA 4.0

Actividade - Elixir, crear e personalizar unha licenza coa utilidade de Creative Commons

Icona das actividadesTodos os arquivos .elp deste curso teñen un pé de páxina coa licenza CC xerado e personalizado. Vexamos como se fai.

Aínda que poida parecer complicado elixir entre todas as licenzas a máis axeitada para as nosas obras, é doado pois a propia páxina de Creative Commons axúdanos a facelo:

  • Crearemos un arquivo .elp novo, para asignarlle unha licenza CC.
  • Na páxina de Creative Commons  http://creativecommons.org/choose/?lang=gl , crearemos unha licenza.
  • Copiaremos o seu código HTML.
  • Colarémolo nun iDevice como texto HTML.
  • Editarémolo para personalizalo.
  • Copiamos o código HTML.
  • Colámolo en Propiedades > Paquete > Propiedades do proxecto > Pé de páxina.

Esta licenza podémola usar tamén para poñer a licenza do curso virtual.

Cando xeramos unha licenza coa ferramenta de Creative Commons adoita presentar este aspecto:

Licenza Creative Commons
Titulo da obra de Nome e apelidos ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

Supoñamos que queremos editalo para que apareza:

  • Centrado.
  • Co noso e-mail ligado ao cliente de correo.
  • E coas ligazóns configuradas para que abran en xanela nova.

É dicir:

Licenza Creative Commons
Titulo da obra de Nome e apelidos nome.apelido@edu.xunta.es ten unha licenza Creative Commons Atribución-Compartir igual 4.0 Internacional.

Para editar o código HTML:

  1. Colamos o código HTML da licenza nun iDevice como código (icona HTML).
  2. Visualizámolo.
  3. Editámolo.

 Para configurar unha ligazón con acceso ao cliente de correo:

Configuración do acceso a un cliente de correo nunha ligazón.
Configuración do acceso a un cliente de correo nunha ligazón. Dominio público
  1. Copiamos novamente o código HTML.

... e xa o temos listo para colalo nun ficheiro .elp de eXe ou nun curso virtual de Moodle... pero isto farémolo nas seguintes actividades.

Crea e configura unha licencia CC para as túas obras nesta páxina:

Talvez prefiras publicar o teu ODE en Dominio Público. Nese caso, podes usar este xerador de licenzas [2]:

________________________________________________________

[2] CC “Public Domain Mark”, [En liña]. Dispoñible: http://creativecommons.org/choose/mark/details?lang=gl_Gl. [Consulta: 11-xullo-2014].

Actividade - Inserir unha licenza xerada con Creative Commons e editada nun paquete de contidos de eXeLearning

Icona das actividadesCollemos o código HTML coa licenza CC editada e personalizada e colámolo na lapela Propiedades > Paquete > Propiedades do proxecto > Pé de páxina:

.

Pasos para asignar unha licenza no pé de páxina dun arquivo elp.
Asignar unha licenza no pé de páxina dun arquivo elp. Dominio público

Actividade - Inserir unha licenza xerada con Creative Commons e editada nun curso vitual de Moodle

Icona das actividadesCollemos o código HTML coa licenza CC editada e personalizada e colámolo nunha etiqueta ao final do curso virtual.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)