Saltar navegación

Citar un texto - Galipedia

Infórmate

O proxecto final incluirá seguramente textos procedentes de obras alleas con dereitos de autor que temos que respectar.

  • A inclusión de contidos escritos procedentes de libros sometidos a protección de dereitos de autor, artigos de prensa, materiais na Rede... atópanse baixo as normas xerais de dereitos de autor, cita e ilustración.
  • Poderán incluírse fragmentos destas obras aos efectos de ilustración dos distintos aspectos que se traballan en cada materia. Obviamente, será preciso citar a fonte orixinal (obra, autor, traductor, etc...).
  • Está expresamente prohibido o uso continuado dunha mesma obra como fonte de títulos. No caso dun libro, por exemplo, podemos utilizar un fragmento do mesmo como ilustración para unha actividade pero non podemos incluir unha sucesión de textos do mesmo ao longo do noso itinerario curricular.

Citar a Galipedia, Wikipedia...

Wikipedia inclúe unha ferramenta para crear a cita dos artigos, que unicamente deberemos copiar e pegar no noso curso, documento, unicamente deberemos elixir un dos diferentes estilos de cita que facilita. Neste curso virtual empregamos o "Estilo ISO de citas bibliográficas" ou, se non aparece, o "Estilo Chicago", que se axustan ao formato ISO-690, que tamén emprega Zotero, unha extensión para algúns navegadores que veremos a continuación e usaremos para xerar as citas bibliográficas de calquera páxina web.

Estudo de caso

Fíxate na cita tomada textualmente de Galipedia e a forma de referenciala:

"A aprendizaxe por proxectos introduce novas formas de aprendizaxe-ensino, máis aló da ruptura cos paradigmas antigos na forma secuencial de presentación dos contidos, na clasificación do alumnado en series (feitos estes quebrados totalmente co decorrer do proceso), e principalmente, na quebra das actitudes xerais ante o coñecemento, facendo posíbel a aquisición e construción do verdadeiro saber por parte de todas as persoas involucradas no proceso, a través das inumerabeis posibilidades de adquisición de información.." [1]

[1] Colaboradores de Galipedia, "Aprendizaxe por proxectos," Galipedia, a Wikipedia en galego, http://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aprendizaxe_por_proxectos&oldid=2986746 (consultado o 13 de marzo de 2014).

Actividade - Referenciar a Wikipedia

Icona das actividades

  • En eXeLearning, creamos un iDevice novo, de texto libre por exemplo ou unha Etiqueta, Páxina ou Libro en Moodle
  • Copiamos e colamos un fragmento dun artigo calquera da Galipedia ou Wikipedia. (Lembra usar a ferramente "Cita" (blackquote) en eXeLearning).

Pasos:

Imaxe dunha páxina de Wikipedia sinalando as ferramentas para xerar a cita bibliográfica.

Citar Wikipedia. Dominio público

Imaxe dunha páxina de Wikipedia sinalando os estilos de cita xerados.

Estilos de cita. Dominio público

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)