Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo
Enviado por pedrolado a Ven, 05/02/2021 - 11:52Summary:
Sección:
Summary:
Sección:
Summary:
Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo
Competencias profesionais: Educador/a guía no proceso de aprendizaxe e desenvolvemento do alumnado - Acción titorial e atención á diversidade.
Forma de participación: Mixta
Modalidade: Curso
Referencia: C2001012
Centro de formación e recursos: A Coruña
Temporalización: 08/02/2021 - 03/03/2021
Lugar: CFR A Coruña (A Coruña)
Prazas: 50
Horas totais
Destinatarios: Todas as ensinanzas
Obxectivos
1.Tratamento do TDAH desde o ámbito educativo
Contidos
1.Aspectos clínicos do TDAH
2.Manexo na aula
3.Dificultades de lectura e escritura no TDAH
4.Prevención de accidentes comúns e Protocolo de Consenso sobre TDAH na infancia e adolescencia nos ámbitos educativo e sanitario
Summary:
O CFR de A Coruña ven de publicar un novo exemplar do seu “Boletín de recursos do CFR da Coruña”.
Remitimos aos centros educativos, neste momento o primeiro número dos dous que se publicarán neste curso escolar 2020/21. Número, este, que inclúe recensións actualizadas, funcionais e prácticas.
O comentario de texto, tanto en formato dixital como impreso, e unha ampla e seleccionada escolma de temática diversa que esmiúza, de xeito didáctico, o mundo educativo; é un exemplo sobre o que poderá reflexionar e/ou debater en claustro, ou ben de forma personalizada.
Estas lecturas son unha ferramenta moi interesante para profundar no debate sobre o tipo de escola que estamos a deseñar, e a escola do futuro inmediato.
Nos seguintes número desexaríamos poder contar coa colaboración de todo aquel persoal docente que teña interese e se anime.
Summary:
Ábrese o prazo para a inscrición nos cursos CALC. Para acceder a un curso CALC é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua inmediatamente anterior, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2).
O prazo de inscrición nestes cursos remata o 13 de outubro de 2020.
Información sobre os cursos CALC: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrcoruna/aulavirtual/course/view.php?id=759
Summary:
Ábrese o prazo para a inscrición na Proba de Nivel dos cursos CALC. Para acceder a un curso CALC é necesario posuír o certificado/título que xustifique o nivel de lingua inmediatamente anterior, segundo a escala de niveis do MCERL (A1-A2-B1-B2-C1-C2). As persoas que NON POSÚEN ningún título ou certificado que acredite o seu nivel de lingua poderán facer esta Proba de Nivel. O resultado desta proba indicará o nivel no que se pode inscribir o/a participante. As persoas que posúen un certificado recollido na ORDE do 21 de xuño de 2016 NON TEÑEN que realizar a Proba de Nivel.
O prazo de inscrición nesta proba remata o 27 de setembro de 2020.
Summary:
File:
Summary:
Tema:
Sección:
Summary:
Tema:
Sección:
Summary:
O profesorado somos un colectivo que temos a voz como a principal ferramenta de traballo. É moi frecuente que o seu uso diario durante longas horas obrigue a un esforzo que vaia deteriorando pouco a pouco a súa calidade e é moi complicado recuperala sen someterse a tempadas de repouso. Malos hábitos de vida, acompañados dun mal uso desta pode provocar longas tempadas de afonía.
Este problema pode agravarse ata impedir o exercicio da nosa profesión. Por este motivo, o coidado da voz e a aprendizaxe de técnica vocal que fomenten o seu bo uso e eviten a aparición de alteracións gañan especial relevancia na nosa profesión. Neste curso imos achegarche esa información básica para o bo coidado e hixiene da voz.
Sección:
Áreas-CAFI: