Gallego

Máis de 250 profesionais da orientación participan no I Encontro de Atención á Diversidade organizado pola Consellería de Cultura e Educación

O departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad impulsa este evento no marco da súa aposta pola atención ás necesidades específicas de atención educativa de cada estudante galego

Neste mesmo marco a Consellería vén de lanzar un portal web dedicado á atención á diversidade e á orientación

Gallego

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuniu hoxe na Coruaña a máis de 250 orientadores no I Encontro de Atención á Diversidade desde o departamento de Orientación e o Equipo de Orientación Específico (EOE), un acto organizado polo Centro de Formación e Recursos da Coruña dentro do seu Plan Anual de Formación do Profesorado.

Coa organización deste encontro o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad procura optimizar a colaboración na prevención e intervención educativas entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico, creando unha rede dinámica de intercambio de información e boas prácticas, co fin de compartir modelos, protocolos, materiais e recursos entre orientadores.

No encontro presentáronse as liñas xerais e prioridades da Consellería sobre a Orientación Educativa e Profesional, entre as que destaca o Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia, que representa a aposta da Consellería pola participación do conxunto da comunidade educativa e pola colaboración entre as distintas administracións para promover o desenvolvemento das potencialidades de cada estudante, no marco da construción dunha escola inclusiva.

Así mesmo afondouse sobre os modelos de orientación, protocolos de coordinación, estratexias de prevención e intervención prioritarias coordinadas entre os orientadores e as distintas especialidades do EOE. Doutra banda abordáronse a elaboración de protocolos de colaboración interdisciplinar entre os servizos de orientación e outros servizos de apoio á saúde mental, servizos sociais e atención temperá.

Cómpre lembrar que, no marco da aposta da Consellería de Cultura e Educación pola atención á diversidade do alumnado, o departamento dirixido por Xesús Vázquez Abad vén de lanzar o novo portal web /portal/diversidadeorientacion, que ofrece de xeito concentrado diferentes tipos de orientación e unha mostra de recursos, publicacións e ligazóns de interese que contribuirán á atención á diversidade e á orientación, promovendo o desenrolo dunha educación equitativa e de calidade.

Intercambio de experiencias

No encontro participaron como asesores responsables da formación Gerardo Nistal Martino, tamén responsable da organización (CFR A Coruña), Andrés Crespo Acción (CFR Ferrol) e Mª Isabel Calvo Díaz (CAFI). Así mesmo colaboraron como relatores ou coordinadores de mesas redondas os especialistas do EOE en trastornos de conduta como Manuel Armas Castro e Rosa Mª Cazón Fernández; en orientación vocacional e profesional, Domingo Álvarez Aguado; en discapacidades motóricas, Miguel Campuzano Alvarez; en trastornos xeneralizados do desenvolvemento (TXD) Pilar Mª Barreiro González; en traballo social, Mª Dolores Mera Lorenzo; e en discapacidades sensoriais, Mercedes Varea Cascallar.

O encontro comezou co relatorio, impartido polo asesor da Consellería, Manuel Rey, sobre o Decreto de Atención á Diversidade, e coa presentación do encontro a cargo do especialista en Orientación Vocacional e Profesional Domingo Álvarez Agudo. O programa da mañá completouse cunha mesa redonda arredor da atención á diversidade na que participaron membros da Asociación Síndrome de Down, de ASPRONAGA e do IES Urbano Lugrís (Malpica); e que foi coordinada polo especialista en discapacidades motoras Miguel Campuzano. Así mesmo abordáronse as prioridades na coordinación entre os departamentos de orientación e o Equipo de Orientación Específico.

Xa pola tarde celebráronse seis mesas redondas para o intercambio de experiencias e boas prácticas arredor da convivencia, os trastornos de hiperactividade (TDAH) e do espectro autista (TEA), o traballo comunitario en rede, a mirada socio-emocional na aprendizaxe e avaliación psicopedagóxica, as estratexias e materias do departamento de orientación e o traballo insterinstitucional en rede. En todas elas participaron profesionais da orientación que están a desenvolver proxecto para a atención á diversidade en colexios e institutos galegos.

Ligazón á páxina web da Federación de Asociacións en Favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (FADEMGA Plena inclusión Galicia)

FADEMGA Plena inclusión Galicia é a Federación de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia.

Conta na actualiddae con 40 entidades galegas federadas que prestan servizo personas con discapacidade intelectual. As entidades de FADEMGA contan cunha rede 113 centros ubicados polas catro provincias galegas nos que traballan un elevado número de profesionais coa axuda de numerosos voluntarios.

Os servizos que ofrece FADEMGA Plena inclusión Galicia a través das súas entidades son:

  • Servizo de atención temperá.
  • Servizo de intermediación para a inserción socio-laboral.
  • Servizo de apoio para o desenvolvemento profesional e social no centro especial de emprego.
  • Servizo de apoio para o desenvolvemento profesional e social en empresa convencional e outras modalidades.
  • Servizo de apoio a familias.
  • Servizo ocupacional.
  • Servizo de atención de día.
  • Servizo de apoio á vida independente.
  • Servizo de vivenda ou residenciais para persoas con necesidades de apoio intermitente ou limitado e Servizo de vivenda ou residenciais para persoas con necesidades de apoio extenso ou xeralizado,.
  • Servizo multiprofesional de diagnóstico, seguemento, avaliación, planificación e coordinación.
  • Servizo de tutela.
  • Servizo de ocio.

Por otra parte FADEMGA Plena inclusión Galicia ofrece unha serie de servizos e programas ás súas entidades federadas a través das diferentes áreas que integran a Federación como son: Administración, Calidade, Ocio, Comunicación, Emprego e Formación, e Familia.

Gallego
FADEMGA

Ligazón á páxina web da Asociación para a Promoción social e Cultural de Persoas con Discapacidade Física (AUXILIA)

O fin último que persegue AUXILIA  é o de promocionar a  persoas con discapacidade e enferm@s, nen@s, rapaces/as e adult@s, para conseguir a súa plena incorporación ou reincorporación á sociedade, mediante a prestación de axuda cultural a través da ensinanza, actividades deportivas e de tempo libre, en todas aquelas áreas que se consideren necesarias, a través da metodoloxía de Atención Integral.

AUXILIA configúrase como unha asociación de voluntarios preocupados poa integración social e cultural dos diminuidos físicos e enfermos crónicos.

 

Gallego
AUXILIA LUGO

Ligazón á páxina web da Asociación de Niños con Hiperactividad y/o Déficit de Atención (ANHIDA)

ANHIDA é unha asociación que traballa na defensa e salvagarda dos dereitos das persoas con hiperactividade e/ou déficit de atención, coa finalidade de facilitar a integración das persoas na sociedade e dar apoio, orientación e información ás familias afectadas.

Esta asociación ten un manual on-line para pais e profesores, avalado pola ADHD Europea (Asociación Europea de TDAH) e presentado en versión española.

Conta con varias sedes na Comunidade Autónoma de Galicia:

Gallego
ANHIDA

Ligazón á páxina web da Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (DOWN GALICIA)

A Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (DOWN GALICIA), ten como finalidade a de coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades membro á mellora da calidade da vida de cada persoa coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual e das súas familias, promovendo o exercicio efectivo dos seus dereitos, deberes e liberdades fundamentais para o seu desenvolvemento integral como persoas.

Tódolos programas postos en marcha nas Asociacións do movemento DOWN GALICIA xorden das necesidades que as persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual demandan. Tódalas actividades, ademáis, contan con mecanismos de evaluación que garantizan súa adecuación ás necesidades, á coherencia interna e a súa eficacia e eficiencia respecto os recursos. As áreas de actuación nas que se traballa son:

  • Área de Atención Temperá
  • Área de Saúde
  • Área de Educación
  • Área Emprego
  • Área Integración Social e Vida Autónoma
  • Área de Programas Transversais

Entre as Asociacións que forman parte desta Federación Galega están:

Down Galicia é unha entidade que ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual e das súas familias, a través da participación e da inclusión nos entornos ordinarios (escolas infantís, centros educativos, universidades, transportes públicos, empresas, centros de ocio, etc.).

Neste sentido, e como entidade de referencia a nivel autonómico con máis de 16 anos de experiencia traballando en prol da inclusión, enténdese necesaria a mellora da coordinación e colaboración cos distintos axentes implicados no proceso educativo, coa fin de poder dar resposta ás necesidades do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, favorecendo a súa inclusión nas aulas e nos centros.

É por iso que desde Down Galicia ponse a disposición das comunidades educativas un Punto Virtual de Educación. Trátase dun portal web de referencia para distribuír información, recursos e metodoloxías educativas adaptadas, co que Down Galicia pretende achegarse á realidade do día a día, facilitando un recurso máis na atención á diversidade presente nas aulas e  promovendo e facilitando a inclusión, a participación e a aprendizaxe  do alumnado coa síndrome de Down e outras discapacidades.

Desde Down Galicia convídase a todo o persoal docente a consultar ese Punto Virtual de Educación, a trasladar as consultas que estime e a compartir nese espazo aqueles materiais que considere de interese e utilidade, coa fin de crear, de forma conxunta, un banco de recursos do que todos e todas poidan enriquecerse. Para iso, prégase que se remitan aqueles materiais que se consideren axeitados para incluír neste recurso ao enderezo electrónico downgalicia@downgalicia.org, ou que se fagan chegar ao persoal técnico da área de Educación das entidades Down coas que se teña contacto.

Poderase acceder a ese Punto Virtual a través da seguinte ligazón:
http://downgalicia.org/punto-virtual/

Nese Punto Virtual atoparanse os seguintes apartados:

  • Recursos Educativos: materiais educativos, exemplos de materiais adaptados, bibliografía e páxinas web de referencia segundo as diferentes etapas educativas.
  • Preguntas Frecuentes (FAQs): preguntas e consultas que soen ser habituais, clasificadas por temáticas: organización de espazos, conduta e atención, metodoloxía e didáctica, currículo e avaliación.
  • Consultas: formulario de consultas que poden realizarse no e-mail do servizo de educación da entidade Down máis próxima.

Moitas grazas pola colaboración!!

  • FEDERACIÓN DOWN GALICIA

R/ Alejandro Novo González, 1
15706 Santiago de Compostela
Tlf: 981 581 167
e-mail: downgalicia@downgalicia.org
Web: www.downgalicia.org

Gallego
DOWN GALICIA

Ligazón á páxina web da Federación Autismo Galicia

A misión da Federación Autismo Galicia é mellorar a calidade de vida das persoas con Trastornos do Espectro do Autismo, (TEA) e das súas familias. Os/as destinatarios/as dos servizos da federación son as entidades galegas que desenvolven o seu labor coas persoas con TEA e coas súas familias, e que son membro da Federación.

Autismo Galicia basea a súa actuación nos principios de transparencia informativa, participación, solidariedade, igualdade e de democracia interna, e os valores que defende son:

  • Consideración da persoa con TEA como suxeito con dereitos e deberes en igualdade de condicións ao resto das persoas.
  • Calidade total nas entidades e servizos.
  • Importancia da familia en todos os programas orientados á intervención coas persoas con TEA.
  • Necesidade de colaboración entre profesionais e familias para un funcionamento eficiente e de calidade das entidades.
Gallego
AUTISMO GALICIA

Ligazón á páxina web da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT)

A Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) ten como obxecto a promoción da mellor calidade na atención temperá dos nenos e nenas de Galicia en pro de facilitar o seu desenvolvemento persoal, así como a de facilitar a promoción e a difusión da formación e a investigación a todos os niveis da atención temperá.

Ademais, pretende fomentar a cooperación e colaboración, achegando á comunidade e ás Administracións Públicas a máxima colaboración para estudiar todas as medidas que contribúan á promoción e á asistencia da infancia con discapacidades ou problemas no desenvolvemento.

Gallego
AGAT

Ligazón á páxina web da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES GALICIA)

FEAFES Galicia traballa na procura dunha mellora da calidade de vida das persoas con enfermidade mental e das súas familias e/ou coidadores.

FAEFAES Galicia, xunto coas súas asociacións, proporcionan ás persoas con enfermidade mental e as súas familias os seguintes servizos e recursos:

  • Información e asesoramento.
  • Atención psicolóxica.
  • Orientación laboral, formación e intermediación coas empresas.
  • Ocio.
  • Asesoría xurídica.
  • Escolas de familias, servizo de axuda no fogar, pisos tutelados, residencias, e centros de atención diúrna para a rehabilitación psicosocial e laboral.

Entre as asociacións que compoñen FEAFES Galicia están:

 

Gallego
FEAFES GALICIA

Ligazón á páxina web da Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE)

A Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE) ten como finalidade a atención á autonomía persoal e integración social das persoas con discapacidade visual.

A ONCE conta cunha web onde poderá encontrarse información sobre axudas, recursos e outros aspectos de interese xeral para as persoas con discapacidade visual.

Dentro do espazo dedicado aos servizos sociais desta web, está incluído un espazo dedicado á Educación e onde se aporta información sobre os Centros de Recursos Educativos (CRE), accesibilidade educativa, recursos educativos, axudas técnicas e adaptación de materiais para a educación

Na Comunidade Autónoma de Galicia conta cun Centro de Recursos Educativos en Pontevedra, que colabora cos centros educativos galegos.

Ademais, considerando o desenvolvemento profesional como unha necesidade vital para as persoas discapacitadas e como vía de integración na sociedade, a  ONCE ofrece un Servizo de Apoio ao Emprego, e propón unha actuación en dúas direccións: incidindo na importancia da formación e buscando o compromiso dos axentes sociais que interveñen no mundo laboral, facilitando e apoiando os procesos formativos das persoas cegas e deficientes visuais e ofrecéndolles asesoramento, recursos e determinadas axudas para os eu desenvolvemento profesional

 

Gallego
ONCE

I Encontro de Atención á Diversidade desde os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico da Coruña

Gallego
I Encontro de Atención á Diversidade desde os DO e o EOE da Coruña
I Encontro de Atención á Diversidade desde os DO e o EOE da Coruña

O próximo dia 21 de marzo de 2012 vaise desenvolver no Salón de actos da UNED o “I Encontro de Atención á Diversidade desde os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico da Coruña”.

Este encontro entre profesionais está organizado polo Centro Autonómico de Formación e Innovación, os Centros de Formación e Recursos de Ferrol e da Coruña en colaboración co Equipo de Orientación Específico da Coruña.

Entre as finalidades do Encontro están a de optimizar a colaboración na prevención e intervención educativas entre os Departamentos de Orientación e o Equipo de Orientación Específico, así como a de crear unha rede de formación e intercambio onde compartir modelos, protocolos, materiais e recursos que contribúan á mellora da atención á diversidade e da orientación educativa e profesional.