Título node Learning object

Ligazón á páxina web da Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (DOWN GALICIA)
Lun, 05/03/2012 - 14:59
DOWN GALICIA

A Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (DOWN GALICIA), ten como finalidade a de coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades membro á mellora da calidade da vida de cada persoa coa síndrome de Down e con discapacidade intelectual e das súas familias, promovendo o exercicio efectivo dos seus dereitos, deberes e liberdades fundamentais para o seu desenvolvemento integral como persoas.

Tódolos programas postos en marcha nas Asociacións do movemento DOWN GALICIA xorden das necesidades que as persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual demandan. Tódalas actividades, ademáis, contan con mecanismos de evaluación que garantizan súa adecuación ás necesidades, á coherencia interna e a súa eficacia e eficiencia respecto os recursos. As áreas de actuación nas que se traballa son:

  • Área de Atención Temperá
  • Área de Saúde
  • Área de Educación
  • Área Emprego
  • Área Integración Social e Vida Autónoma
  • Área de Programas Transversais

Entre as Asociacións que forman parte desta Federación Galega están:

Down Galicia é unha entidade que ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual e das súas familias, a través da participación e da inclusión nos entornos ordinarios (escolas infantís, centros educativos, universidades, transportes públicos, empresas, centros de ocio, etc.).

Neste sentido, e como entidade de referencia a nivel autonómico con máis de 16 anos de experiencia traballando en prol da inclusión, enténdese necesaria a mellora da coordinación e colaboración cos distintos axentes implicados no proceso educativo, coa fin de poder dar resposta ás necesidades do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, favorecendo a súa inclusión nas aulas e nos centros.

É por iso que desde Down Galicia ponse a disposición das comunidades educativas un Punto Virtual de Educación. Trátase dun portal web de referencia para distribuír información, recursos e metodoloxías educativas adaptadas, co que Down Galicia pretende achegarse á realidade do día a día, facilitando un recurso máis na atención á diversidade presente nas aulas e  promovendo e facilitando a inclusión, a participación e a aprendizaxe  do alumnado coa síndrome de Down e outras discapacidades.

Desde Down Galicia convídase a todo o persoal docente a consultar ese Punto Virtual de Educación, a trasladar as consultas que estime e a compartir nese espazo aqueles materiais que considere de interese e utilidade, coa fin de crear, de forma conxunta, un banco de recursos do que todos e todas poidan enriquecerse. Para iso, prégase que se remitan aqueles materiais que se consideren axeitados para incluír neste recurso ao enderezo electrónico downgalicia@downgalicia.org, ou que se fagan chegar ao persoal técnico da área de Educación das entidades Down coas que se teña contacto.

Poderase acceder a ese Punto Virtual a través da seguinte ligazón:
http://downgalicia.org/punto-virtual/

Nese Punto Virtual atoparanse os seguintes apartados:

  • Recursos Educativos: materiais educativos, exemplos de materiais adaptados, bibliografía e páxinas web de referencia segundo as diferentes etapas educativas.
  • Preguntas Frecuentes (FAQs): preguntas e consultas que soen ser habituais, clasificadas por temáticas: organización de espazos, conduta e atención, metodoloxía e didáctica, currículo e avaliación.
  • Consultas: formulario de consultas que poden realizarse no e-mail do servizo de educación da entidade Down máis próxima.

Moitas grazas pola colaboración!!

  • FEDERACIÓN DOWN GALICIA

R/ Alejandro Novo González, 1
15706 Santiago de Compostela
Tlf: 981 581 167
e-mail: downgalicia@downgalicia.org
Web: www.downgalicia.org