Gallego

Convocatoria para a solicitude de RENOVACIÓN das persoas auxiliares de conversa para o curso 2025/2026. Centros públicos

Auxiliares de conversa
Gallego

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.

Estas instrucións van dirixidas ás persoas participantes no programa de auxiliares de conversa durante o curso 2024/2025 que desexen solicitar a renovación no programa durante o curso 2025/2026.

A ter en conta:

  • Non é posible participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos.
  • É obrigatorio realizar a formación didáctica específica para persoas auxiliares de conversa.
  • Prazo de solicitudes: desde o 11 de febreiro de 2025 ata o 26 de marzo de 2025.

 

Colectivo: 

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

ac
Gallego

Achégase ORDE do 14 de xaneiro de 2025 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2024/25 coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (Código de procedemento ED504E).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

 

Colectivo: 

Probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para alumnado de centros concertados

Linguas
Gallego

Orde do 13 de xaneiro de 2025 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2024/25.

As solicitudes presentaranse, obrigatoriamente, por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e a través do aplicativo: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos.

  • Prazo de entrega de solicitudes: Un mes contado a partir do día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia: do 4 de febreiro ao 3 de marzo de 2025.

 

Colectivo: 

Orde do 24 de xaneiro de 2025 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva

Galemundo
Gallego

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2025, destinadas ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato que cursa en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 03/02/2025).
A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o 4 de febreiro ata o 3 de marzo de 2025.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Convocada a selección de centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, durante o curso 2024/25

Logo spring week: bocadillo de banda deseñada
Gallego

Orde do 23 de decembro de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25 (código de procedemento ED531F).

  • O prazo de presentación de solicitudes será 1 mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A solicitude realizarase a través da sede electrónica e da aplicación Programas Educativos.

ED531F - Axudas a centros docentes privados concertados para participar no programa Spring Week. - Sede Electrónica - Xunta de Galicia

Acceso á aplicación

Seleccionarase Programas de Éxito Educativo - convocatoria 2024/2025  e a continuación, Programa Spring Week- Centros Concertados 2024-25.

Colectivo: 

Convocada a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, durante o curso 2024/25

Logo spring week: bocadillo de banda deseñada
Gallego

Achégase a Resolución do 16 de xaneiro de 2025 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25.

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 17 ao 31 de xaneiro de 2025, ambos incluídos.

A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos.

Acceso á aplicación

Seleccionarase Programas de Éxito Educativo - convocatoria 2024/2025  e a continuación, Programa Spring Week- Centros Públicos 2024-25.

Colectivo: 

Resolución definitiva do programa EduExchanges de intercambio presencial para o curso 2024/2025

Logo intercambios escolares: un bocadillo de banda deseñada
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución definitiva dos centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia seleccionados para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2024/2025.

Colectivo: 

Resolución complementaria EduFrance 2024/2025

ef
Gallego

Resolución complementaria á resolución do 14 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria para a selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2024/2025.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución do 13 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se lle dá continuidade e se incorporan novos centros docentes públicos á Rede de Escolas de Fronteira durante o curso 2024/25

ef
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución pola que se lle dá continuidade á Rede de Escolas de Fronteira e se dan a coñecer os centros que a conformarán durante o curso 2024/25.

 

Colectivo: 

Resolución definitiva de centros e alumnado beneficiarios das axudas para certificar o seu nivel de lingua portuguesa mediante a E-certificación de Portugués lingua estranxeira (Camões Júnior) durante o curso 2024/2025

icona do servizo de linguas
Gallego

Colectivo: