Gallego

Convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2023/2024

Gallego

Achégase resolución do 24 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a convocatoria e selección de centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa EduExchanges de intercambio presencial de alumnado con centros educativos doutros países durante o curso 2023/2024.

  • O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende o día seguinte da súa publicación ata o 25 de setembro de 2023.

A solicitude realizarase a traves do aplicativo Programas Educativos.

Sección: 

Listaxe definitiva de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2023/2024

cuale
Gallego

Xúntase a Listaxe definitiva de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2023/2024.

Sección: 

Listaxe provisional de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2023/2024

cuale
Gallego

Xúntase a Listaxe provisional de centros autorizados para a participación no programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado CUALE para o curso 2023/2024.

  • Ábrese un prazo de cinco días hábiles no que os centros poderán efectuar as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación ao enderezo electrónico asesoriadiomas@edu.xunta.gal

Sección: 

Resolución provisional de centros beneficiarios e non beneficiarios das axudas para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne, curso 2023/2024

Gallego

Xúntase a Resolución provisional de centros beneficiarios e non beneficiarios das axudas a centros públicos de ensino non universitario para participar no programa EduFrance de intercambio de alumnado con centros educativos dependentes das Régions Académiques Hauts-de-France e Bretagne durante o curso escolar 2023/2024.

 

Colectivo: 

Sección: 

Resolución definitiva de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

ac
Gallego

Xúntase Resolución definitiva da Orde do 28 de decembro de 2022 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

Colectivo: 

Relación definitiva de seccións bilingües admitidas e non admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2023/2024

sb
Gallego

Xúntase a Relación definitiva de seccións bilingües admitidas e non admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2023/2024.

 

Colectivo: 

Sección: 

Corrección da listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

axudasle
Gallego

Publicada a listaxe definitiva corrixida de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 17 da Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 13/02/2023).
Estas listaxes e as correspondentes indicacións para tramitar a documentación pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

Colectivo: 

Sección: 

Resolución Definitiva de solicitudes admitidas e excluídas Programa PIALE 2023

piale
Gallego

Tal e como se recolle no Artigo 15.3. da Orde do 20 de maio de 2023, faise pública a Resolución Definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do programa PIALE 2023. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e exporase no portal educativo da Consellería na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/piale/. No caso de renuncias de persoas seleccionadas,  as vacantes seranlles ofertadas ás persoas suplentes por chamamento directo, de acordo coa relación publicada.

Acceso á aplicación

Colectivo: 

Sección: 

Listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

a
Gallego

Publicada a listaxe definitiva de alumnado seleccionado e suplente, segundo o establecido no artigo 17 da Orde do 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, escolarizado nos cursos 2021/22 e/ou 2022/23, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 13/02/2023).

Estas listaxes e as correspondentes indicacións para tramitar a documentación pódense consultar na páxina web do programa: https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

Relación provisional de seccións bilingües admitidas e non admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2023/2024

sb
Gallego

Xúntase a Relación provisional de seccións bilingües admitidas e non admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2023/2024

  • Ábrese un prazo de reclamacións e alegacións de 5 días hábiles. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación ao enderezo electrónico seccionsbilingues@edu.xunta.gal

Colectivo: 

Sección: