Convocada a selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de ESO durante o curso 2023/24
Xov, 08/02/2024 - 10:37
Achégase a Resolución do 8 de febreiro de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula a convocatoria e selección de centros docentes públicos para participar no programa de inmersión lingüística activa en lingua inglesa, Spring Week, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2023/24.
- O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 9 de febreiro ao 8 de marzo de 2024, ambos incluídos.
A solicitude realizarase a través da aplicación Programas Educativos.
Seleccionarase Programas de Éxito Educativo - convocatoria 2023/2024 e a continuación, Programa Spring Week- Centros Públicos 2023-24.