Probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para alumnado de centros concertados
Mar, 04/02/2025 - 10:30
Orde do 13 de xaneiro de 2025 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado que realice os seus estudos no curso 2024/25.
As solicitudes presentaranse, obrigatoriamente, por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e a través do aplicativo: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos.
- Prazo de entrega de solicitudes: Un mes contado a partir do día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia: do 4 de febreiro ao 3 de marzo de 2025.