Gallego

Convocatoria para a incorporación de novos centros ao bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach), para o curso 2024/2025

pb
Gallego

Xúntase a Resolución do 1 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regula o bacharelato de especialización en idiomas (PluriBach), para o curso 2024-2025.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de abril de 2024.

Acceso á aplicación

 

Ensinanza: 

Convocatoria dos Premios Innovagal 2024 para os centros educativos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

i
Gallego

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a Resolución do 2 de abril de 2024 pola que se convocan os premios educativos Innovagal para os centros educativos públicos da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2024.

As categorías nas que poden participar os centros son as seguintes:

Categoría A: escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.

Categoría B: centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de persoas adultas.

A presentación das candidaturas realizarase mediante Sede Electrónica e irán dirixidas ao Servizo de Innovación e Programas Educativos da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. O período de presentación estará aberto dende o día seguinte á publicación desta Resolución no Portal Educativo ata o mércores, 31 de xullo de 2024.

 

Colectivo: 

Programa de Inmersión Lingüística . Convocatoria MEFPD 2024/2025

Gallego

Ministerio de Educación y Formación ProfesionalPublicado o extracto da Resolución da Secretaría de Estado de Educación pola que se convocan axudas destinadas a alumnado de sexto curso de Educación Primaria e segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria para o desenvolvemento dun Programa de Inmersión Lingüística en lingua inglesa en España durante o curso 2024/2025.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de abril, incluído. 

Colectivo: 

BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS - Convocatoria da concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e da selección de experiencias de Voluntariado de Primaria

b
Gallego

Publícase a Resolución do 2 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se convoca a concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e a selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, destinadas a centros públicos de nivel non universitario e de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no curso 2023/24.

Concederanse 5 Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" 2023/2024 e seleccionaranse 10 experiencias dos centros adheridos "Voluntariado de Primaria".

O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).

  • O prazo de presentación é de 15 días naturais a partir do día seguinte da publicación no Portal Educativo.

 

Probas de certificación polo réxime oficial nas escolas oficiais de idiomas

Gallego

Na Instrución 1/2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional, regúlanse as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime oficial para o curso 2023/24.

Prazo de inscrición (alumnado CALC, CALG, CUALE, ExamPrep): do 8 ao 12 de abril de 2024

Máis información: Instrución 1/2024

Colectivo: 

Novidades na configuración do boletín informativo de avaliación de educación infantil

Gallego

Novas funcionalidades para a configuración na aplicación Xade do boletín informativo de avaliación do alumnado de educación infantil: posiblidade de desmarcar criterios de avaliación e automatización da avaliación individual do alumnado ao cualificar a área de forma global.

 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Ampliado o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado de 4º de educación secundaria obrigatoria e de 2º de bacharelato

c
Gallego

Amplíase ata o 15 de marzo o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

 

Colectivo: 

Axudas para o ano 2024 co fin de financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial

Gallego

Orde do 21 de febreiro de 2024 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial para o ano 2024 (código de procedemento ED507A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. 

 

Tema: 

Colectivo: 

Resolución do 28 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24

competencia dixital
Gallego

Xúntase a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Amplíase ata o 15 de marzo o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Correción de erros: Modifícase o artigo 9.2 que queda redactado do seguinte modo:

2. A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais (https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html). A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 63 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.

 

Colectivo: 

Resolución do Concurso-Exposición Letras Galegas 2024

Gallego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convocou un concurso entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para elaborar unha exposición sobre a obra, a época e a lingua de Luísa Villalta, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que esta viviu.

Logo de finalizar o prazo de presentación de orixinais e de se reunir a Comisión de Selección, publícase a resolución cos centros gañadores.

A exposición gañadora na categoría A, destinada aos centros de educación infantil e primaria, é Tatuada na pétrea pel do mar, elaborada polo CEIP Raquel Camacho, da Coruña.

Na categoría B, destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial, a exposición premiada é Viaxe polo metaverso con Luísa Villalta Gómez, do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense.

Cada exposición vén acompañada da correspondente guía didáctica, que nos permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e pola obra e a época da autora a quen lle renderemos homenaxe o Día das Letras Galegas.

O centro educativo gañador recibirá un premio en metálico de 2.000 €, mentres que o profesorado implicado no deseño e posta en marcha dos traballos seleccionados obterá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación (30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto).

A colección de 10 carteis que integra cada mostra e a súa guía didáctica será impresa e distribuída en centros de ensino de Galicia e do exterior, bibliotecas e outros; e tamén estará dispoñible no Portal da lingua galega para a súa descarga libre e gratuíta, canda outros materiais elaborados pola SXPL e polos equipos de dinamización da lingua galega.

A SXPL agradece a participación nesta iniciativa, que require sempre un grande esforzo e entusiasmo da comunidade educativa.

Pódese consultar a Resolución da convocatoria do concurso para a elaboración da exposición sobre Luísa Villalta, a autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2024, no documento anexo.

 

Departamento: