Resolución do 28 de febreiro de 2024, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato de Galicia no curso 2023/24

Ven, 01/03/2024 - 14:37
competencia dixital

Xúntase a Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Amplíase ata o 15 de marzo o prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa 4º de educación secundaria obrigatoria e 2º de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Correción de erros: Modifícase o artigo 9.2 que queda redactado do seguinte modo:

2. A proba específica para acreditar o nivel intermedio axustarase ás cinco áreas de dominio definidas no Marco galego de competencias dixitais (https://competenciasdixitais.xunta.gal/areas.html). A alumna ou o alumno debe responder nun tempo máximo de 90 minutos un total de 63 preguntas de diferente complexidade e tipoloxía.