Conferencia de Francesco Tonucci: "O alumnado competente para a vida"
As persoas interesadas deben inscribirse antes deste luns, 06 de maio, na dirección www.edu.xunta.gal/fprofe
Ven, 03/05/2013 - 13:10
Francesco Tonucci dará unha conferencia na Cidade da Cultura a tarde do vindeiro martes 7 de maio.
O recoñecido mestre, pedagogo e investigador compartirá cos profesionais da educación galega o seu traballo sobre as competencias reais, para a vida, que o alumnado precisa.
O encontro terá lugar ás 19:00 horas no auditorio 177 do CINC (Centro de Innovación Cultural).
As persoas interesadas deben inscribirse antes deste luns, 06 de maio, na dirección www.edu.xunta.es/fprofe