S1801076 Pensamento visual (visual thinking) como estratexia de aprendizaxe
No terceiro trimestre terá lugar no CAFI o curso Pensamento visual (visual thinking) como estratexia de aprendizaxe para o profesorado de ensino secundario e mestres.
Ven, 08/03/2019 - 12:30
Referencia en fprofe: S1801076
Data límite de inscrición: 15 de marzo de 2019
Lugar de celebración: CAFI - Santiago de Compostela
Localización do CAFI: Ligazón
Prazas: 15
Duración: 15 horas presenciais e 5 horas non presenciais
Temporalización: do 24/04 ao 16/05
Obxectivos
1. Coñecer o pensamento visual como estratexia de aprendizaxe.
2. Analizar a aplicación en aula do pensamento visual.
3. Poñer en práctica estratexias de pensamento visual.
Contidos
1. Pensamento visual e aprendizaxe.
2. Elementos e recursos do pensamento visual.
3. Posibilidades na aplicación en aula do pensamento visual.