G1701021 - As ferramentas TIC para o ritmo e a psicomotricidade

Últimos días para inscribirse no curso "As ferramentas TIC para o ritmo e a psicomotricidade". Este curso está dirixido a profesorado de Educación Musical e Educación Física.
Mér, 21/02/2018 - 19:59
As ferramentas TIC para o ritmo e a psicomotricidade (imaxe)
As ferramentas TIC para o ritmo e a psicomotricidade

Este domingo 25 de febreiro remata o prazo de inscrición para o curso "As ferramentas TIC para o ritmo e a psicomotricidade". Este curso está dirixido a profesorado de Educación Musical e Educación Física.

Obxectivos:

1.Coñecer e integrar as principais ferramentas TIC na aula de educación física ou musical.
2.Transmitir e comunicar a información en distintos soportes.
3.Coñecer e fomentar as boas prácticas de integración e dinamización TIC nas áreas de educación física e musical.

Horas: 30 horas.

Modalidade: Na Rede, en PLATEGA.

Datas: Do luns 12 de marzo ata o 29 de abril de 2018.