Catorce docentes estranxeiros visitan Galicia os días 9,10 e 11 de abril para coñecer coa Consellería de Cultura e Educación o funcionamento do Proxecto Abalar para a integración das novas tecnoloxías nas aulas
A visita ‘Abalar Project: Programme for the digital classroom and teacher training’ ten como obxectivo o intercambio de experiencias arredor das experiencias TIC nos diferentes sistemas educativos europeos
Mar, 08/04/2014 - 11:35
O obxectivo deste encontro é o intercambio de experiencias arredor das experiencias TIC nos diferentes sistemas educativos europeos, en concreto dos países de procedencia dos visitantes: Romanía, Polonia, Francia, Bélxica, Eslovaquia, República Checa, Irlanda, Finlandia, Hungría, Grecia, Islandia, Alemaña e Países Baixos. Os 14 docentes, expertos en cadanseu país na formación do profesorado, terán a oportunidade de visitar as aulas Abalar do CEIP Raíña Fabiola e do IES A Pontepedriña, ambos os dous en Santiago de Compostela, co fin de coñecer como se traballa coas novas tecnoloxías no ensino galego.
Xuntamos programa da Visita