Instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros docentes para o curso escolar 2018/2019

Gallego

Resolución do 15 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación final de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/19.

  • A aplicación das probas realizarase os días 28 e 29 de maio de 2019.

 

Servizo relacionado: 

Ensinanza: 

Instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes para o curso 2018/2019

Gallego

Resolución do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2018/19.

  • A aplicación das probas da avaliación individualizada de terceiro curso de educación primaria realizarase os días 28 e 29 de maio de 2019.

 

Servizo relacionado: 

Ensinanza: 

Instrución 4/2019, de avaliación do rendemento da modalidade A das axudas posdoutorais de 2014 das persoas ás que se lles concedera a prórroga da avaliación.

Gallego

Instrución 4/2019, do 30 de abril, da Secretaría Xeral de Universidades para iniciar o procedemento de avaliación do rendemento do persoal investigador contratado ao abeiro do programa de apoio á etapa de formación posdoutoral, modalidade A, para o ano 2014 aos que se lles concedera a prórroga da avaliación.

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Convócase a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2019/2020

Gallego

Xúntase a Resolución do 29 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros docentes públicos de educación infantil, primaria e secundaria dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para incorporarse ao programa “Educación Responsable: programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade”, no curso 2019/20.

  • O prazo de presentación de solicitudes remata o día 29 de maio de 2019.

Colectivo: 

Sección: 

Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2019)

Gallego

Orde do 15 de abril de 2019 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral (código de procedemento ED010A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia.
  • Nos anos que se convoque o concurso xeral de traslados de ámbito estatal e se resolva por corpos en distintas datas, o prazo será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do último concurso de traslados no Diario Oficial de Galicia.
  • Para as persoas que superen o procedemento selectivo de ingreso ou acceso no corpo correspondente e estean pendentes de ser nomeadas funcionarias en prácticas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o prazo será de dous días hábiles contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente.

Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.

 

 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2019/2020

Gallego

Resolución do 12 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2019/20.

  •   O prazo de presentación de solicitudes comezará ao día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de maio de 2019.

 

Colectivo: 

Adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de Departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial para o ano 2019

Gallego

Publicación da adxudicación definitiva do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefatura de departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria, de educación primaria e de educación especial.

O persoal funcionario docente do corpo de mestres que acade destino neste concurso e que estea participando simultaneamente no concurso xeral de traslados publicado pola Orde do 15 de outubro de 2018, enténdese que renuncia á participación no dito concurso.

Contra a resolución definitiva o persoal interesado poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e124 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

Colectivo: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional na especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos (590111)

Gallego

Resolución do 29 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de organización e procesos de mantemento de vehículos (590111).

  • Prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo

 

Colectivo: 

Sección: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir como profesorado especialista no ciclo superior de audioloxía prótesica (591250)

Gallego

Resolución do 29 de abril de 2019 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia, como profesor especialista, no corpo de profesores técnicos de formación profesional, para impartir o ciclo superior en audioloxía prótesica -código 591250- (módulo profesional de elaboración de moldes e protectores auditivos, módulo de elección e adaptación de próteses auditivas).

  • Prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no portal educativo

 

Colectivo: 

Sección: 

Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/2019

Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2018/2019
Gallego

Convócase o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2019 para os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional durante o curso escolar 2018/19

Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:

  • Categoría A: destinada á educación infantil e educación primaria.

  • Categoría B: destinada á educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional básica.

Concederanse, para cada categoría, catro premios.

Categorías

Premio

Importe

A

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accesit

500 €

B

1º premio

5.000€

2º premio

2.500€

3º premio

1.000€

Accesit

500 €

 

Os centros premiados co primeiro premio recibirán o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

  • O prazo de presentación das solicitudes será do 30 de abril ao 29 de maio de 2019.

Enderezo electrónico: inclusioneducativa@edu.xunta.gal

Colectivo: