Listaxe do baremo provisional de persoas seleccionadas e non seleccionadas nas listas de interinidades para a docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia de profesores de música e artes escénicas, especialidade de teoría teatral (594459)

Gallego

Xúntase  a Resolución do 6 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas seleccionadas e non seleccionadas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia no corpo de profesores de música e artes escénicas, especialidade de teoría teatral (594459)

  • O prazo para formular reclamacións é o comprendido entre o 7/11/2018 e o 09/11/2018, ambos incluídos.
  • As reclamacións formuladas deberán remitirse por rexistro e tamén por correo electrónico ao enderezo persoal.secundaria@edu.xunta.es  (punto terceiro da resolución do 6 de novembro de 2018)

Colectivo: 

Sección: 

Instrucións e diversos aspectos relacionados co concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019

Gallego

Achéganse instrucións e diversos aspectos relacionados co concurso xeral de traslados de ámbito autonómico convocado pola orde do 15 de outubro de 2018, nos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, artes plásticas e deseño, catedráticos e profesores de música e artes escénicas, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019.

 

Colectivo: 

Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas das axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG no curso 2018/2019

Gallego

Xúntanse as Listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas da convocatoria de axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2018/2019

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Resolución definitiva de centros docentes admitidos para participar no programa "Introdución á robótica educativa en primaria" durante o curso 2018/2019

Gallego

Achégase a resolución definitiva de centros docentes admitidos no programa "Introdución á robótica educativa en primaria".

Sección: 

Concesión das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema Universitario de Galicia para o exercicio 2018

Gallego

Xúntase a Resolución do 24 de outubro de 2018 pola que se conceden as axudas da Orde do 4 de xullo de 2018, modificada pola Orde do 9 de outubro de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema universitario de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2018.

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas nas listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de navegación e instalación mariñas (590109)

Gallego

Xúntase a Resolución do 2 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de navegación e instalacións mariñas (590109).

  •  O prazo para formular reclamacións  é o comprendido entre o 5/11//2018 e o 07/11//2018, ambos incluídos.

 

 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional

Convocatoria para a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante 2018/2019, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional
Gallego

Xúntase a Resolución de 31 de Outubro de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a participación no programa de innovación educativa «OBSERVA_ACCIÓN» durante o curso escolar 2018/19, que se levará a cabo en Galicia, en colaboración con outras Comunidades Autónomas do Estado Español e con outras institucións a nivel internacional.

  • O prazo de presentación de solicitudes e da documentación será de 10 días hábiles desde o día seguinte á publicación da presente resolución no portal educativo.

Colectivo: 

Sección: 

Resolución provisional de centros admitidos no programa "Espazos Maker" para centros docentes públicos durante o curso 2018/2019

Gallego

Achégase a resolución provisional dos centros docentes admitidos no programa "Espazos Maker" durante o curso 2018/19.

  • Ábrese un prazo de 5 hábiles, contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no portal educativo, para efectuar reclamacións ou renuncias.

Por mor dunha maior axilidade na xestión, pode adiantar as posibles reclamacións e/ou renuncias por correo electrónico ao enderezo espazostem@edu.xunta.es, o que non exclúe facelo segundo o procedemento administrativo establecido.

 

Sección: 

Concurso de traslados para o profesorado dos corpos de catedráticos, PES, PT, EOI, EAA e OA, CMUS, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación para o ano 2019

Gallego

Xúntase a Orde do 15 de outubro de 2018 pola que se convoca concurso de traslados entre persoal funcionario docente dos corpos de catedráticos e profesores de ensino secundario, escolas oficiais de idiomas, música e artes escénicas, artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional, mestres de taller de artes plásticas e deseño, mestres, inspectores ao servizo da Administración educativa e inspectores de educación.

  • O prazo de presentación de solicitudes e documentos será desde o día 6 de novembro de 2018 ao 27 de novembro de 2018, ambos os dous incluídos.

File: 

Servizo relacionado: 

Colectivo: 

Sección: 

Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019

Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre o autor homenaxeado o Día das Letras Galegas 2019
Gallego
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa colaboración da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca  un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2019, Antón Fraguas Fraguas e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.
 
Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.
 
O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.
 
O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para o a persoa coordinadora).
 
  • O prazo de presentación dos traballos remata o día 22 de xaneiro de 2019.

 

Colectivo: 

Sección: