Relación provisional de admitidos e excluídos e publicación do baremo provisional da convocatoria para cubrir postos nos equipos de orientación específicos 2018/2019

Gallego

Resolución do 22 de abril de 2019, da Comisión de selección do concurso de méritos para cubrir postos nos equipos de orientación específicos, convocado pola Orde do 22 de outubro de 2018 e pola Orde do 26 de febreiro de 2019 (DOG núm. 212 do 7 de novembro de 2018 e núm. 46 do 6 de marzo de 2019, respectivamente).

  • Prazo de 10 días naturais para formular reclamacións contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

 

Colectivo: 

Sección: 

Instrución 3/2019 para a avaliación do rendemento da modalidade B do programa de formación posdoutoral da convocatoria de 2017

Gallego

Instrución 3/2019, do 23 de abril, da Secretaría Xeral de Universidades para iniciar o procedemento de avaliación do rendemento do persoal investigador contratado polas universidades do  Sistema universitario de Galicia (SUG) ao abeiro do programa de apoio á etapa de formación posdoutoral, modalidade B, para o ano 2017.

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Instrución 2/2019, para a avaliación da fase de estadía da modalidade A do programa de formación posdoutoral da convocatoria de 2017

Gallego

Instrución 2/2019, do 23 de abril, da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Investigación para iniciar o procedemento de avaliación do rendemento da fase de estadía do persoal investigador contratado ao abeiro do programa de apoio á etapa de formación posdoutoral, modalidade A, do ano 2017.

 

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Instrución 1/2019, de avaliación do rendemento da modalidade A do programa de formación posdoutoral da convocatoria de 2016

Gallego

Instrución 1/2019, do 23 de abril, da Secretaría Xeral de Universidades e da Axencia Galega de Investigación para iniciar o procedemento de avaliación do rendemento do persoal investigador contratado ao abeiro do programa de apoio á etapa de formación posdoutoral, modalidade A, para o ano 2016.

Tema: 

Ensinanza: 

Colectivo: 

Publicadas as listaxes das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

Publicadas as listaxes das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos
Gallego

Publicación das listaxes correspondentes ao establecido no artigo 17.1 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 20/02/2019).

Servizo relacionado: 

Sección: 

Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/2018

Gallego

Listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2017/2018

 

Colectivo: 

VI Concurso de Traballo por Proxectos. Convocatoria 2018/2019

Gallego
Xúntase a convocatoria da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 15 de abril de 2019, no contexto do PLAN LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), do VI CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos non universitarios de titularidade da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, para o curso 2018/2019.

Búscase estimular, mediante o recoñecemento de boas experiencias de traballos por proxectos, o deseño e desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación, baixo a coordinación do equipo de biblioteca escolar ou co apoio desta, na liña da metodoloxía de aprendizaxe baseada en proxectos (ou ABP), realizados en centros non universitarios durante o presente curso 2018/2019.

Os centros participantes deberán optar por unha destas modalidades:
 

  1.  Proxectos de carácter interdisciplinario, ou Proxectos Documentais Integrados, coordinados desde a biblioteca escolar, e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula existentes no centro (ou un 40% dos departamentos, no caso d dos centros de ensino secundario).
  2.  Proxectos de investigación dirixidos por profesorado dun grupo, nivel, ciclo ou departamento, nas seguintes sub-modalidades:
  • Traballos de grupo/nivel
  • Traballos de ciclo/departamento
  • Proxectos realizados na materia de libre configuración de 1º/2º de ESO “Investigación e Tratamento da Información”, ou noutras materias equivalentes en ESO ou primaria.

3. Proxectos de investigación intercentros, promovidos desde as bibliotecas (máximo 3 centros).

Todos estes traballos teñen que realizarse co apoio e colaboración da biblioteca escolar e contando cos seus recursos e posibilidades.

A temática do proxecto escollida pode ser de calquera ámbito do coñecemento, pero contemplarase un apartado especial de traballos do ámbito científico

  •     O prazo para a presentación dos traballos remata o 10 de xullo de 2019.

Colectivo: 

Sección: 

Ampliación da convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2018/2019

Ampliación da convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2018/2019
Gallego

Xúntase arquivo da Resolución do 15 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se amplía  a resolución do 30 de novembro de 2018 de convocatoria do programa denominado BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, no relativo ás accións "Voluntariado de Lectura-A" e "Selo Biblioteca Escolar Solidaria" para o curso 2018/2019.

 

Convocado o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2019/2020

Gallego

Orde do 2 de abril de 2019 pola que se convoca o Plan de mellora de bibliotecas escolares en centros públicos non universitarios de titularidade desta consellería para o curso 2019/20.

  • O prazo límite de presentación de instancias será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
     

Colectivo: 

Sección: 

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020

Convocada a selección de centros para participar no proxecto Educación dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/2020
Gallego

Resolución do 14 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convoca a selección de centros para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) durante o curso 2019/20.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no

Pódense ver as mostras dos contidos dixitais (libros, recursos didácticos, materiais complementarios...) na seguinte ligazón:

Colectivo: 

Sección: