Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2018/2019

Ven, 30/11/2018 - 13:19
Convocatoria do programa Bibliotecas Escolares Solidarias para o curso 2018/2019

Xúntase arquivo coa Resolución do 30 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca para o curso 2018/2019 o programa Bibliotecas Escolares Solidarias, integrado no Plan LÍA de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Esta iniciativa contempla tres modalidades de participación que se resumen no seguinte cadro:

 

Iniciativa

Finalidade

Características

1

Concesión do Selo “Biblioteca Escolar Solidaria”

Recoñecer a bibliotecas que traballan de forma salientable a compensación de desigualdades e fomentan o voluntariado cultural entre os integrantes da comunidade escolar. 

-  Convocatoria anual.

- Presentación de memorias por parte dos centros interesados: 10 de maio de 2019.

- Os centros con selo concedido en convocatorias de 2016 ou 2017 deben renovar a súa candidatura.

- Concesión dos selos (un máximo de 15 selos por curso escolar)

2

Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria)

-  Recoñecemento de horas de voluntariado na biblioteca escolar, para o alumnado colaborador, mediante a emisión de diplomas de acción voluntaria correspondentes.

-  Destinado a alumnado de ESO, BAC, FP ou ensinanzas de réxime especial.

- As bibliotecas escolares deberán adherirse ao programa no momento que se estipule e levar rexistro das actividades do alumnado (data límite: 21/12/2018).

- Remitir datos alumnado  (data límite: 31/05/2019)

3

Voluntariado de lectura – A

(Primaria)

Estimular o voluntariado cultural relacionado coa biblioteca e a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria.

-  Inscrición con data límite 21/12/2018

-  Os centros inscritos presentarán memoria de actividades (data límite 26/04/2019).

-  Seleccionaranse  un mínimo de 8 experiencias.Concreción en convocatoria complementaria (febreiro 2019)

 
 
O programa Bibliotecas Escolares Solidarias é froito da colaboración entre a Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado) e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos).