Comisións de servizos por conciliación familiar e laboral (2019)
Orde do 15 de abril de 2019 pola que se regula a adscrición de forma temporal, en comisión de servizos e por petición da persoa interesada, do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte docencia en centros dependentes desta consellería, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral (código de procedemento ED010A).
- O prazo de presentación de solicitudes será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do concurso xeral de traslados no Diario Oficial de Galicia.
- Nos anos que se convoque o concurso xeral de traslados de ámbito estatal e se resolva por corpos en distintas datas, o prazo será de dez días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do último concurso de traslados no Diario Oficial de Galicia.
- Para as persoas que superen o procedemento selectivo de ingreso ou acceso no corpo correspondente e estean pendentes de ser nomeadas funcionarias en prácticas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o prazo será de dous días hábiles contados desde a publicación da relación de persoas aprobadas polo tribunal correspondente.
Para formular unha solicitude de comisións de servizos deberá acceder ao enderezo www.edu.xunta.gal/cadp e presentala na Sede electrónica da Xunta de Galicia, seguindo as instrucións que se indican na citada aplicación.
Orde do 15 de abril de 2019 (DOG) Resolución provisional Listaxe provisional persoas admitidas e excluídas (primaria) Listaxe provisional persoas admitidas e excluídas (secundaria) Listaxe provisional persoas admitidas e excluídas (relixión) Resolución definitiva Listaxe definitiva (primaria) Listaxe definitiva (secundaria) Listaxe definitiva (relixión) Listaxe persoas excluídas Resolución definitiva actualizada Listaxe definitiva (primaria) actualizada Listaxe definitiva (secundaria) actualizada Listaxe definitiva (relixión) actualizada Listaxe persoas excluídas actualizada