Agregador de novas
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Cualificacións definitivas. Convocatoria 2024
Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
A partir do 24 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2023-2024).
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
AlumnadoRomán Rodríguez subliña a competitividade e capacidade de Galicia para captar fondos de I+D+i
Summary:
As entidades galegas recibiron apoio a 308 proxectos de I+D+i por parte deste ente estatal nos últimos cinco anos, o que permitiu mobilizar 186 millóns de euros
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, clausurou esta mañá a xornada de presentación dos instrumentos de financiamento da I+D+i a nivel estatal e autonómico, unha cita organizada conxuntamente, en Santiago de Compostela, polo Centro para el Desarrollo Tecnológico e Innovación (CDTI) e a Axencia Galega de Innovación.
Román Rodríguez, que estivo acompañado pola directora da Axencia, Carmen Cotelo, puxo de relevo a competitividade e capacidade dos axentes galegos da I+D+i para captar fondos a nivel nacional e internacional, como demostran os 308 proxectos apoiados por CDTI en Galicia nos últimos cinco anos, que permitiron mobilizar 186M€. O conselleiro apuntou que para iso é esencial que as administracións de todos os niveis incentiven a cultura innovadora e apoien a I+D+i no tecido produtivo de xeito coordinado.
Neste punto, o titular de Educación e Ciencia agradeceu a colaboración do CDTI, principal organismo a nivel estatal encargado do fomento da I+D+i empresarial, co que a Xunta de Galicia mantén un convenio de colaboración desde 2007 co obxectivo de ampliar as oportunidades de financiamento das entidades galegas e mellorar a complementariedade entre as diferentes axudas.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta crea un novo ciclo de formación profesional básica no IES Xelmírez I a través do plan FP360
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou hoxe o Instituto IES Arcebispo Xelmírez I co gallo da implantación dun novo ciclo de FP Básica o vindeiro curso. En concreto, trátase do ciclo de Acceso e conservación en instalacións deportivas, que ofertará un total de 18 prazas de novo ingreso. Esta novidade complementa o ciclo de Informática de Oficina, que xa se impartía no centro.
A FB Básica é unha aposta fundamental da Xunta de Galicia, que o vindeiro curso porá en marcha o Plan FPGal360 de orientación profesional integral, aprobado esta semana e dotado con 24 M€ ata 2028. O programa conta cun dobre obxectivo: reducir a taxa de abandono escolar e atraer de novo ao sistema educativo a aquelas persoas con baixa cualificación co fin de enriquecer a súa formación e xerar oportunidades profesionais.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalXunta e Concello de Ames avanzan na planificación do novo colexio de Milladoiro, cuxa obra está previsto licitar en xullo
Summary:
Román Rodríguez e Blas García manteñen unha xuntanza de traballo para coordinar as actuacións que a Xunta de Galicia realizará no Concello de Ames
A Administración autonómica está a investir actualmente máis de 13,5M€ na mellora de infraestruturas educativas en Ames
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidade e FP, Román Rodríguez, e o alcalde de Ames, Blas García, mantiveron esta mañá unha reunión de traballo en San Caetano para abordar a planificación da construción do novo Colexio CEIP de Milladoiro. No encontro tamén participaron a concelleira de Educación, Carmen Porto, e o secretario xeral técnico da Consellería, Manuel Vila.
Esta reunión ten lugar co propósito de coordinarse Xunta de Galicia e Concello de Ames para afrontar as tres grandes actuacións que se están a facer no municipio, comezando pola nova infraestrutura na que o Goberno galego investirá 10,1 millóns de euros.
Román Rodríguez trasladoulle ao rexedor e á concelleira que o departamento autonómico ten previsto licitar a obra no próximo mes de xullo, coa estimación de poder iniciar os traballos a principios de 2025 e que o novo colexio estea operativo no inicio do curso 26/27.
O centro, que acollerá a 450 alumnos e permitirá atender as necesidades educativas dunha poboación en aumento, será o primeiro colexio construído en base ás pautas establecidas no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que deseña espazos educativos máis abertos, flexibles, sustentables, intelixentes e integrados na contorna.
As tres actuacións que a Consellería está a realizar no Concello de Ames acadan un investimento de máis de 13,5M€. Entre estas obras cómpre destacar a ampliación do Colexio CEIP Agra do Muíño, por 3,3M€, cuxas obras van por bo camiño, cun 65% das mesmas xa executadas. Está tamén a piques de comezar a execución do cambio de cuberta do Colexio CEIP de Barouta, no que o Executivo autonómico inviste 150.000 euros. En ambos casos, a previsión é que en setembro estean as obras rematadas.
García puxo enriba da mesa a posibilidade de conveniar coa Xunta de Galicia o uso dos espazos educativos, cando non estean prestando servizo aos centros, para así aproveitar ao máximo as instalacións.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta remite aos sindicatos as instrucións transitorias para regular a FP o próximo curso, á espera da normativa definitiva do Ministerio
Summary:
O documento ten como obxectivo dar certezas a centros, docentes e alumnos diante do retraso do Goberno central
A Xunta segue traballando na elaboración do decreto galego de ordenación da FP e o seu desenvolvemento, que non se poderá concretar ata que se publique o estatal
Idioma GallegoA Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP remite hoxe ás organizacións sindicais as instrucións sobre a ordenación e a organización da Formación Profesional para o vindeiro curso en Galicia. Trátase dunha normativa que se aplicará ao vindeiro ano académico e que ten por obxectivo dar certezas a centros, profesorado e alumnado diante da aplicación da nova lei estatal de FP a partir de setembro e os cambios que leva consigo a nivel de formación práctica ou modificación de módulos formativos. Para a súa elaboración contouse coa colaboración de varios grupos de traballo conformados por 300 docentes.
As instrucións teñen carácter transitorio, dado que a ordenación debe ser regulada por un novo decreto que a Xunta está xa a preparar. De feito, iniciou os trámites preceptivos en xaneiro. Porén, o retraso acumulado de meses por parte do Ministerio á hora de publicar a normativa estatal (en concreto a modificación do Real Decreto 659/2023 polo que se desenvolve a ordenación do Sistema de Formación Profesional), impide que o Goberno galego poida tramitar o decreto autonómico, dado que os seus detalles dependen do que o Ministerio estableza no real decreto nacional.
Deste xeito, as instrucións aplicaranse a partir de setembro ao primeiro curso dos ciclos formativos da oferta ordinaria, modalidade presencial e réxime xeral (é dicir, non inclúe nin a oferta modular nin a FP Dual intensiva) e aos cursos de especialización ou másteres de FP, segundo o calendario establecido polo Ministerio. Farase así unha transición progresiva que permita blindar o modelo de éxito da FP galega que leva funcionando 15 anos e que fai de Galicia un referente neste ámbito.
Novos módulosEntre outros pormenores, as instrucións establecen os novos módulos que se incorporan no primeiro curso da oferta ordinaria e os seus currículos. Isto é, os módulos profesionais de Itinerario persoal para a empregabilidade I (Itinerario persoal para a empregabilidade no caso da FP de grao básico), de Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo e de Inglés Profesional. Así mesmo, e seguindo a normativa estatal, elimínase o módulo de Formación e orientación laboral.
Precisamente a distribución horaria do primeiro curso da oferta ordinaria e os currículos e contidos dos novos módulos constitúen unha das principais áreas arredor da que desenvolveron o seu labor os devanditos grupos de traballo. Isto permitiu elaborar un documento que recolle a organización dos módulos de primeiro curso para cada ciclo e os períodos semanais, que serven como orientación aos centros educativos.
Formación prácticaNo referido á formación práctica, os ciclos poderán incorporar no primeiro curso un período de formación na empresa ou no organismo equiparado como parte integrada do currículo dos módulos profesionais, sempre e cando se cumpran as condicións establecidas nas instrucións. Representará como máximo 80 horas nos ciclos de grao básico e 200 horas nos ciclos de grao medio e de grao superior.
A fase de formación na empresa será determinada por cada centro en función das características da oferta formativa, das particularidades dos sectores produtivos ou da dispoñibilidade de postos formativos e das condicións do alumnado. En todo caso, a formación non realizada na empresa, por non se dar as características, será desenvolvida no centro.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRelación provisional de seccións bilingües admitidas e non admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2024/2025
Xúntase a Relación provisional de seccións bilingües admitidas e non admitidas da convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2024/2025
Ábrese un prazo de reclamacións e alegacións de 5 días hábiles. Deberá adiantarse unha copia da reclamación ou alegación ao enderezo electrónico seccionsbilingues@edu.xunta.gal
Acceso á aplicación informática do Programa de seccións bilingües
Anuncio principal:
Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2024/25Tema:
Bilingüismo Programas e plans Seccións bilingüesEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Servizo de Innovación e Programas EducativosColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Linguas estranxeirasRomán Rodríguez agradece á inspección educativa o seu labor logo duns anos esixentes pola covid e a LOMLOE
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, inaugurou hoxe as III Xornadas de Formación da Inspección Educativa, ocasión que aproveitou para agradecer aos profesionais desta función pública o seu labor, especialmente logo duns anos esixentes nos que foi preciso xestionar a crise sanitaria derivada do covid-19 e a implantación da nova lei educativa estatal LOMLOE. Acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, referiuse tamén ao retos actuais e futuros, entre eles a aplicación do marco normativo da FP, o desenvolvemento do acordo de mellora do sistema educativo ou as novas realidades derivadas do uso da intelixencia artificial.
As xornadas contan coa intervención de distintos responsables da Xunta como Manuel Ángel García, xerente de proxectos de educación da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; Sonia Torres, xefa do Servizo de Ordenación Educativa, ou Jesús Manuel Rodríguez Buján, subdirector xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da FP. Ademais, completan o panel de expertos desta cita o profesor do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e Comunicación da Universidade de Vigo Joaquín Dosil, e Ana López-Suevos, xuíza titular do Xulgado de Instrución Nº1 de Santiago de Compostela.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalConvocadas prazas para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2024/25 (código de procedemento ED308A)
Orde do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia para persoas colaboradoras bolseiras nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso académico 2024/25 (código de procedemento ED308A) (DOG do 20 de xuño de 2024).
Prazo para presentar solicitudes:
- Período ordinario: do 21 de xuño ao 7 de agosto de 2024, ambos incluídos
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.vía electrónica (procedemento ED308A).
File:
Orde do 23 de maio de 2024 (DOG) Anexo I Anexo IITema:
BolsasEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de CentrosColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínConvocadas prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2024/25 (código de procedemento ED306A)
Orde do 23 de maio de 2024 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2024/25 (código de procedemento ED306A) (DOG do 20 de xuño).
Prazo para presentar solicitudes:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato: do 21 de xuño ao 19 de xullo de 2024.
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos: do 21 de xuño ao 2 de agosto de 2024.
As solicitudes deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.
File:
Orde do 23 de maio de 2024 (DOG) Extracto da Orde do 23 de maio de 2024 (DOG) Anexo I Anexo IITema:
BolsasEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeralDepartamento:
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de CentrosColectivo:
Alumnado Familias CentrosSección:
Boletín Portada de boletínResolución de concesión das Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral 2024: publicación DOG 27 de xuño de 2024
Anuncio principal:
Axudas para completar a etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-TecnolóxicaColectivo:
AlumnadoResolución de concesión das Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral 2024: publicación DOG 27 de xuño de 2024
Anuncio principal:
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024Tema:
BolsasEnsinanza:
UniversidadeDepartamento:
Secretaría Xeral de Universidades Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria Servizo de Xestión Científico-Tecnolóxica Outras entidades Entidades autonómicasColectivo:
AlumnadoOs premios Innovagal recoñecen o labor dos centros de Outes, Cerceda, Vilanova, Zas, Tui, Monfero, Vigo e Celanova a prol da innovación educativa
Summary:
O obxectivo é poñer en valor os centros que desenvolven enfoques didácticos para dar reposta ás necesidades particulares do seu alumnado
“Os premios son mostra de que en Galicia hai un sistema equitativo que xera igualdade de oportunidades entre os centros, sen importar na zona na que se atopen”, destaca o conselleiro
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de Ordenación e Innovación educativa, Judith Fernández, presidiu hoxe a entrega de premios Innovagal que distinguen as boas iniciativas no ámbito da innovación Educativa.
O titular do departamento educativo galego puxo en valor a importancia do galardón no fomento da creatividade como unha poderosa ferramenta para afrontar os retos futuros. Os premios teñen como obxectivo mellorar e perfeccionar o progreso do alumnado galego. De esta maneira, tamén se consegue o avance da sociedade no seu conxunto.
No acto, entregáronse os galardóns nas dúas categorías de participación: premios para os centros que imparten Educación Infantil e para os de Secundaria e de adultos. Durante a xornada, o titular do departamento educativo galego quixo destacar a variedade xeográfica dos centros, que é “mostra de que en Galicia hai un sistema equitativo que xera igualdade de oportunidades entre os centros, sen importar na zona na que se atopen”, destaca o conselleiro.
Na primeira modalidade, o gañador é o Colexio CEIP Plurilingüe de Outes, segundo o Colexio CEIP de Viñagrande-Deiro (Vilanova de Arousa), terceiro o Colexio CEIP Plurilingüe nº1 (Tui) e a mención de honra para o Colexio CEIP Plurilingüe da Carrasqueira (Vigo).
No caso da segunda categoría, para centros de Secundaria e de adultos, o primeiro premio é para o Colexio O Cruce (Cerceda), o segundo para o Instituto IES Maximino Romero de Lema (Zas), o terceiro para o Colexio CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) e a mención de honra para o Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova).
Premio
Categoría A
Categoría B
1º
CEIP Plurilingüe de Outes
CPI Plurilingüe O Cruce
2º
CEIP de Viñagrande-Deiro
IES Maximino Romero de Lema
3º
CEIP Plurilingüe de Nº1
CPI Plurilingüe Virxe de Cela
Mención de honra
CEIP Plurilingüe de Carrasqueira
IES Celanova Celso Emilio Ferreiro
Os primeiros premios están dotados con 10.000€, os segundos con 6.000€, os terceiros con 3.000€ e as mencións de honra con 1.000€. Ademais da dotación económica do galardón, os centros vencedores reciben o distintivo de Centro educativo Innovagal, cunha vixencia de catro cursos escolares.
Aposta polo medioambiente, o benestar e os proxectos STEMO primeiro premio da modalidade A é para o Colexio CEIP Plurilingüe de Outes. O centro aposta por fomentar o benestar emocional do alumnado e a sostibilidade. Tendo isto en conta, emprega unha metodoloxía de aprendizaxe activa e dinámica, centrada no respecto ao medio ambiente de forma transversal.
Pola súa banda, o gañador da segunda categoría é o Colexio CPI Plurilingüe O Cruce. O centro desenvolveu un proxecto de innovación cunha forte aposta polas accións STEM relacionadas coa defensa do medio ambiente. As actividades fomentan o coñecemento da contorna e a conservación da natureza.
Os centros Colexio CEIP de Viñagrande-Deiro e o Instituto Maximino Romero reciben o segundo galardón das dúas modalidades. A escola creou espazos e dinámicas que respectan a infancia, potenciando a autonomía, a intelixencia emocional, a comunicación asertiva e o pensamento diverxente. Pola súa parte, o instituto centrou o seu proxecto innovador na posta en marcha de proxectos STEM a través do Club de Ciencia e dos Polos Creativos. Ambas institucións melloran o rendemento académico e a motivación dos estudantes.
O Colexio CEIP Plurilingüe nº1 recibe o terceiro premio por fomentar a creatividade e a tecnoloxía para conseguir o cambio metodolóxico, que inclúe melloras como a docencia compartida, as parellas pedagóxicas e o traballo por ámbitos que redundan en beneficio de todo o alumnado. Pola súa banda, o CPI Plurilingüe Virxe de Cela tamén é galardoado con este premio polo proxecto MonferoSolidario, que ten como obxectivo mellorar a calidade educativa e dar respostas ás necesidades identificadas polo claustro.
As mencións de honras son para o Colexio CEIP Plurilingüe da Carrasqueira e o Instituto IES Celanova Celso. A escola de Vigo fomenta unha metodoloxía de ensinanza inclusiva, a través do traballo en equipo e a formación do profesorado neste ámbito. Este centro, durante os últimos cursos, puxo en marcha pedagoxías activas (consello de nen@s, comisión de patios) e manipulativas que favorecen unha aprendizaxe por competencias.
O Instituto IES Celanova Celso Emilio Ferreiro parte da súa localización para desenvolver o proxecto Arredor do Mosteiro, que xira en torno a posta en valor do patrimonio e a optimización dos espazos. A iniciativa abre o centro á contorna a través de diferentes actividades como charlas, concertos ou obradoiros.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalRomán Rodríguez reúnese coas organizacións sindicais para abordar o desenvolvemento da lexislatura en materia educativa
Summary:
O conselleiro mantén ao longo deste mércores reunións de traballo con representantes de CIG Ensino, CCOO Ensino, Anpe e UGT Ensino
Idioma GallegoCon motivo do inicio da lexislatura, a Xunta de Galicia aborda con todas as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial Docente distintas cuestións e retos de futuro a abordar en materia educativa neste período. Neste contexto, o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, mantivo ao longo do día de hoxe encontros con representantes de cada unha das organizacións, CIG Ensino, CCOO Ensino, Anpe e UGT Ensino, para analizar o panorama escolar galego ao longo dos vindeiros anos en xeral e o inicio do vindeiro curso 24-25 en particular.
Neste senso, o conselleiro explicoulles que o seu departamento está traballando para continuar avanzando nun sistema educativo de calidade e innovador, avalado polo resultados, que siga sendo un referente en materia de inclusión e convivencia, con accións para o conxunto do sistema, tanto para o alumnado como para o profesorado.
Entre elas atópase o acordo de melloras estruturais asinado o pasado mes de outubro para blindar a estrutura do sistema e sentar as bases do ensino da vindeira década. Neste acordo inclúense numerosas medidas de calado como a baixada de rateos, de implantación progresiva e que se materializará, xa desde setembro, a partir de 4º de Educación Infantil, e outras como a mellora das condicións salariais, en marcha desde xaneiro pasado, ou a simplificación da carga administrativa nos centros escolares.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalA Xunta felicita polo seu esforzo ao alumnado que se presenta ás probas para os Premios Extraordinarios de Bacharelato
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visitou hoxe o o Centro Integrado FP CIFP Politécnico de Santiago co motivo da celebración das probas para a obtención dos Premios Extraordinarios de Bacharelato. Durante esta xornada, os aspirantes deben realizar unha proba que consiste nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario, e en responder cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na primeira Lingua Estranxeira II cursada polo alumnado como materia común.
Os centros que acollen a realización deste exercicio son o CIFP Universidade Laboral de Culleredo, CIFP Politécnico de Santiago, CIFP As Mercedes de Lugo, CIFP A Farixa de Ourense, CIFP A Xunqueira de Pontevedra e o IES Politécnico de Vigo.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalListaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no Programa Retorna Talento FP 2024/2025
Publicada a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no Programa Retorna Talento FP 2024/2025.
O prazo para emendar documentación estará aberto do día 20 ao 26 de xuño, ambos os dous incluídos.
Tema:
Axudas e premios BolsasEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
AlumnadoTribunais constituidos corpos docentes non universitarios (ED001A)
Anuncio principal:
Publicación da Orde do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de corpos de persoal docente non universitario (ED001A)Servizo relacionado:
OposiciónsTema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoA Xunta abre o prazo para que novos centros educativos se incorporen ao programa STEMbach que estrea novidades no vindeiro curso
Summary:
Por primeira vez, o alumnado que o supere verá recoñecido o mérito con créditos universitarios
Os centros interesados teñen ata o 1 de xullo para solicitar a súa adhesión
Idioma GallegoA Xunta vén de abrir o prazo para que os centros que o desexan poidan incorporarse ou continuar o vindeiro curso 2024/2025 no Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, STEMbach. Os interesados deberán solicitar a súa adhesión a este programa ata o día 1 de xullo. A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, coincidindo coa nova convocatoria, visitou este martes o instituto IES As Lagoas.
A iniciativa, impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, enmárcase na Estratexia Educación Dixital, Edudixital 2030. O programa busca o desenvolvemento de competencias STEM a través de contidos curriculares asociados ao pensamento computacional e ás tecnoloxías inmersivas (como a realidade virtual e aumentada e a intelixencia artificial). Ademais, quere fomentar a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria. Con este fin, asinaranse convenios coas tres universidades públicas para reforzar a súa implicación no STEMbach.
O STEMbach ten unha duración de dous cursos académicos e pode incorporarse a el o alumnado de calquera das modalidade de Bacharelato. Os estudantes cursan, a maiores do currículo da modalidade na que estean matriculados, unha materia de afondamento relacionada co ámbito STEM extracurricular de dúas ou tres horas semanais. Ademais, deben realizar un proxecto de investigación e actividades complementarias de formación en colaboración coas universidades públicas de Galicia, entidades, organismos e persoas investigadoras de recoñecida competencia.
Ata seis créditos de libre configuración gratuítosA convocatoria deste ano inclúe novas medidas como o recoñecemento de créditos ECTS universitarios para o alumnado que participe neste programa educativo. Grazas a iso, os estudantes que superen o STEMbach e se matriculen posteriormente nalgunha das universidades públicas verá recoñecidos con créditos de libre configuración este mérito. En total, poderán obter 1,5 créditos ECTS por curso académico universitario e, ata un máximo de 6 créditos ECTS. Este feito será aplicable tanto para os estudantes desta convocatoria, como para o alumnado que titulou por primeira vez o programa no curso 2019/2020.
Recursos e difusión de boas prácticasO alumnado, para obter 1,5 créditos ECTS, debe participar no Programa Mentoring STEMbach de cada universidade. Esta novidade forma parte da estratexia do Goberno galego para reforzar o programa educativo, e inclúe accións como o recoñecemento aos mellores traballos de investigación realizados por estes estudantes en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), coa de Vigo (UVigo) e coa da Coruña (UDC).
A maiores, crearase a Rede STEMbach para impulsar o programa. Trátase dunha estrutura de apoio e reforzo aos axentes implicados na iniciativa con propostas que fomenten a colaboración. No que atinxe ao alumnado, terá preferencia para participar en determinadas accións específicas das universidades, ademais de obter os devanditos créditos de libre configuración de xeito gratuíto. Tamén se promocionará o seu traballo en feiras e publicacións científicas recoñecidas.
No caso dos docentes deste Bacharelato de excelencia, facilitaráselles o acceso ás instalacións e equipamentos do Centro de Innovación Educativa e Dixital para a investigación e creación de proxectos e poderán optar para iso a licenzas de formación. Tamén terán acceso a contidos específicos para o ensino das materias STEM e a un repositorio común de charlas relacionadas con estas disciplinas e difundirase o seu labor en publicacións científicas recoñecidas.
Ademais, organizaranse encontros que poñan en contacto ao profesorado e alumnado do programa para compartir experiencias, dificultades, vantaxes e procedementos de organización e desenvolvemento e farase un acompañamento do profesorado e alumnado desde a Consellería a través dun espazo virtual común con recursos STEM.
Compré lembrar que a Xunta de Galicia implantou o programa STEMbach por primeira vez no curso 2018/2019 e foise consolidando ata chegar a 45 centros e 741 alumnos matriculados no curso 2023/2024. Ao longo das distintas edicións máis de 1.000 estudantes xa titularon no programa. Ademais, teñen participado docentes tan prestixiosos como o xenetista e catedrático de Medicina Legal da USC, Ángel Carracedo.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación ProfesionalResolución provisional de centros candidatos para participar na Fase 2 do programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25
Resolución provisional de centros candidatos para participar na Fase 2 do programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.
Anuncio principal:
Programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2023/24 e 2024/25, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacionalTema:
Formación OBSERVA_ACCIÓN Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
Profesorado CentrosSección:
InnovaciónResolución provisional de centros candidatos para participar na Fase 4 do programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24
Resolución provisional de centros candidatos para participar na Fase 4 do programa de formación “Observa_Acción: desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.
Anuncio principal:
Programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacionalTema:
Formación OBSERVA_ACCIÓN Plans e actuacións en innovación educativaEnsinanza:
Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Servizo de Programas de FormaciónColectivo:
Profesorado CentrosSección:
InnovaciónCentros de FP de Vigo, A Coruña, Ferrol, Burela, Lugo, Monforte e Ourense proclámanse vencedores dos retos da primeira edición de Innovatech FP
Summary:
Os participantes tiveron que afrontar a solución de 10 retos tecnolóxicos presentados por distintas empresas referentes da nosa comunidade
Resultaron gañadores os centros integrados de FP Valentín Paz Andrade, Imaxe e Son, Ferrolterra, Portovello e Politécnico de Lugo, así como os institutos Politécnico de Vigo, A Sardiñeira, Perdouro e A Pinguela
Deron resposta aos retos propostos por Viaqua, Pérez Rumbao, Diesemm, Finsa, Aceites Abril, L’Oreal, elPulpo, Roberto Verino, Fundación San Rosendo e Naturgy
“As propostas premiadas neste acto son pioneiras e un exemplo do gran potencial que atesoura a nosa FP para contribuír a dar un salto de calidade tecnolóxico e innovador ao tecido produtivo galego”, destaca o conselleiro
Idioma GallegoO conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, presidiu hoxe a entrega de premios da primeira edición do certame InnovaTech FP a centros de Vigo, A Coruña, Ferrol, Burela, Lugo, Monforte de Lemos e Ourense, un programa que sinalou como “revolucionario para o apoio da formación tecnolóxica e dixital dos futuros profesionais, ao tempo que redunda positivamente no tecido produtivo”.
O titular do departamento educativo galego explicou que o programa naceu este curso para poñer de manifesto a importancia de responder ás necesidades reais do tecido produtivo apoiándose na innovación tecnolóxica e no emprendemento, retando aos estudantes a resolver as propostas das empresas. “As propostas premiadas son pioneiras e un exemplo do gran potencial que atesoura a nosa FP para contribuír a dar un salto de calidade tecnolóxico e innovador ao tecido produtivo galego”, destacou.
Román Rodríguez puxo tamén en valor a importancia do Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros como polo tractor das iniciativas xurdidas ao abeiro do programa. De feito, poranse a disposición do alumnado as instalacións e medios materiais humanos do centro para facilitar o desenvolvemento destes proxectos avanzados no eido tecnolóxico e industrial e a transferencia de coñecemento aos sectores produtivos.
Mellores proxectosInnovaTech FP dirixiuse a centros públicos de FP con dinámica de investigación, innovación e emprendemento, e que contan con viveiros de empresas ou aulas de emprendemento. Os participantes, organizados en equipos multidisciplinares e cunha distribución equitativa de xénero, tiveron que afrontar a solución de 10 retos tecnolóxicos presentados por distintas empresas referentes da nosa comunidade, e cuxas solucións deberán ter un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural así como no fomento da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
Os centros con iniciativas premiadas, dotadas cada unha con 10.000€ para o desenvolvemento do proxecto, son os que se reflicten na táboa. Entre os 10 centros premiados, seleccionouse a maiores ao CIFP Valentín Paz Andrade de Vigo en resposta ao reto plantexado por Viaqua, como premio especial.
Empresa
Reto
Centro gañador
Viaqua
Deseño dun sistema de autolimpeza para reixas de fosas sépticas de zonas rurais
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)
Pérez Rumbao
Desenvolvemento de robots para o reparto de recambios en talleres de automoción
IES Politécnico de Vigo (Vigo)
Diesemm
Solución dixital para a optimización de experiencias en eventos deportivos
CIFP Imaxe e Son (A Coruña)
Finsa
Creación dun sistema de control de crecemento de especies forestais que permita a monitorización das condicións ambientais
CIFP Ferrolterra (Ferrol)
Aceites Abril
Sistema de medición rápida de graxas en pastas de refinado
IES A Sardiñeira (A Coruña)
L'Oreal
Solucións para a transformación de envases plásticos de produtos cosméticos en produtos duradeiros para salóns de peiteado
IES Perdouro (Burela)
elPulpo
Creación dunha colección téxtil reciclada
IES A Pinguela (Monforte)
Roberto Verino
Deseño dun sistema de análise para unha empresa téxtil que axude a optimizar propostas de colección e a medir a satisfacción do cliente
CIFP Portovello (Ourense)
Fundación San Rosendo
Desenvolvemento dun sistema tecnolóxico para o coidado activo e preventivo de persoas maiores
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)
Naturgy
Deseño de ferramentas para a detección de perdas de enerxía eléctrica para contribuír á súa redución
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)
InnovaTech FP enmárcase na Estratexia de FP Galicia 2030 e no Plan Innova FP Galicia e desenvolverase entre o presente curso 2023-24 e o próximo 2024-25, ao longo dos cales mobilizaranse máis de 2.000 alumnos e 400 profesores de 100 centros de FP, o que suporá un investimento de 1,5M€ neste período. Nesta primeira edición participaron 85 centros e arredor de 800 alumnos.
Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
![Asesoría Abalar Tui lector de novas Distribuir contido](/centros/zonatuid6/misc/feed.png)