Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, convocatoria para o ano 2024
Programa: Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral
Data de publicación DOG: 19.02.2024
Código do procedemento: ED481B
Prazo de presentación de solicitudes: 1 mes a partir do día seguinte ao de publicación da convocatoria no DOG ( ata o 19/03/2024 )
Cal é o obxecto destas axudas?
A finalidade do programa de axudas á etapa de formación posdoutoral é incrementar a incorporación de persoal investigador ao Sistema de I+D+i galego fomentando, na súa etapa inicial, a adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor, mediante contratos nos axentes que conforman o sistema e permitindo a súa mobilidade internacional para mellorar a súa formación e capacitación. Ademais, as entidades solicitantes poderán presentar a persoas investigadoras que opten a acadar a condición de bolseiras Fulbright.
Novidades desta convocatoria:
-
A duración global da axuda pasa a ser dun máximo de 6 anos. Dita duración divídese en dúas fases:
-
1ª fase (máximo de 3 anos): destinada á adquisición e perfeccionamento das habilidades propias do persoal investigador doutor.
-
2ª fase (máximo de 3 anos): destinada a darlle continuidade á carreira investigadora.
-
Quen pode solicitar estas axudas?
-
A Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades financia as universidades do Sistema Universitario de Galicia (en adiante, SUG).
-
A Axencia Galega de Innovación financia ás entidades alleas ao SUG: organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) radicados en Galicia.
Tipo e intensidade da axuda:
-
Tipo de convocatoria: convocatoria en réxime de concorrencia competitiva
-
Tipo de axuda: axuda a fondo perdido
-
Intensidade da axuda: 100 %
-
Duración das axudas: un máximo de 6 anos (dividido en dúas fases)
-
Orzamento total: 14.966.500,00 euros (a achega por parte da Axencia Galega de Innovación será de 2.746.500,00 euros )
Número e importe das axudas
Poderanse conceder ata 49 axudas, coa seguinte distribución:
-
40 para as universidades do SUG, das cales 10 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright.
-
9 para as demais entidades, das cales 2 poderán obter a condición de bolseiras Fulbright.
Os importes destas axudas son os seguintes:
-
1ª fase:
-
32.000 € brutos anuais en concepto de salario e de custos sociais
-
Un complemento por cada mes de estadía de:
-
1.000 euros se o destino da estadía está en Portugal ou Andorra (zona 1)
-
1.500 euros se o destino da estadía está en Europa (agás Portugal ou Andorra), África ou América, agás EUA e Canadá (zona 2)
-
2.000 euros se o destino da estadía está en EUA, Canadá, Asia ou Oceanía (zona 3) (A maiores 500 euros brutos mensuais durante cada período de estadía nos EUA para as solicitudes daquelas persoas investigadoras que acaden a condición de bolseiras Fulbright.)
-
-
Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.500 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas.
-
Unha indemnización máxima de 3.160 € para cubrir a indemnización de final do contrato para aquelas persoas investigadoras que non superen a avaliación prevista ao terminar a primeira fase.
-
-
2ª fase:
-
38.000 € brutos anuais en concepto de salario e de custos sociais
-
Unha axuda complementaria para establecer unha liña propia de investigación: 5.000 € no 2027; 10.000 € no 2028; 10.000 € no 2029; 5.000 € no 2030
-
Un complemento a cada unha das entidades, que se establece en 1.000 euros anuais por cada persoa contratada con cargo a estas axudas para cubrir os gastos asociados á contratación.
-
Unha indemnización máxima de 7.000 € para cubrir a indemnización de final do contrato.
-
A onde acudir?
-
Para solicitudes presentadas por universidades do Sistema Universitario de Galicia (SUG):
CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES
SECRETARÍA XERAL DE UNIVERSIDADES
SUBDIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN CIENTÍFICA E TECNOLÓXICA UNIVERSITARIA
SERVIZO DE XESTIÓN CIENTÍFICO-TECNOLÓXICA
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881995152 / 881995980 /881995157
Email: promocioncientifica.educacion@xunta.gal
Información web: http://www.edu.xunta.gal
-
Para solicitudes de organismos públicos de investigación de Galicia, fundacións de investigación sanitaria de Galicia e centros do CSIC radicados en Galicia:
AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN
Rúa Airas Nunes, s/n
15702 Santiago de Compostela
Teléfonos: 881999213 / 981543991
Email: axudas-rrhh-xestion.gain@xunta.gal
Información web: http://gain.xunta.gal
Orde do 27 de decembro de 2023: Convocatoria (DOG) Extracto da Orde do 27 de decembro de 2023 (DOG) Corrección de erros. Orde do 27 de decembro de 2023 (DOG) Modelo declaración doutoramento Modelo plan de estadías Modelo certificación GI Preguntas frecuentes Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas Proposta de concesión das Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral 2024 Resolución de concesión das Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral 2024 (DOG)