Skip to Content

Agregador de novas

Resolución definitiva de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2023/2024 coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Portal - Lun, 07/08/2024 - 10:18
Idioma Gallego

Xúntase Resolución definitiva da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se regula o réxime de axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa durante o curso 2023/2024 coa finalidade de mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras (código de procedemento ED504E).

Anuncio principal: 

Axudas a centros privados concertados para a contratación de auxiliares de conversa para mellorar a competencia lingüística do alumnado en linguas estranxeiras

Tema: 

Axudas e premios Lingua estranxeira Programas e plans Auxiliares de conversa Centros concertados

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Colectivo: 

Centros

Sección: 

Linguas estranxeiras

A Xunta apoia a mobilidade dos universitarios galegos dentro e fóra da Unión Europea e a súa participacion en cursos de idiomas no estranxeiro

Portal - Dom, 07/07/2024 - 10:34

Summary: 

Ata o 22 de xullo pódense solicitar axudas de entre 1.700€ e 2.500€ para participar o vindeiro curso en programas de mobilidade con países extracomunitarios

Un total de 186 estudantes mellorarán as súas competencias en idiomas este verán a través das bolsas da Xunta para estadías formativas no estranxeiro

A maiores, dentro do programa Erasmus+, este curso concedéronse bolsas de entre 366€ e 2.255 € a un total de 1050 estudantes das universidades galegas

Idioma Gallego

A Xunta apoia un curso máis a mobilidade dos estudantes galegos e a súa participación en cursos de idiomas no estranxeiro. Para iso, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP ten aberta a convocatoria das bolsas para o alumnado das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) que participe en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2024-2025 fóra do ámbito do programa Erasmus+.

Cun orzamento total de 284.000€, o importe consignado para cada estudante nas súas estadías varía en función do país de destino, así será de 1.700€ para intercambios realizados en Europa e de 2.500€ para o resto do mundo. O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata o 22 de xullo e formalizaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para solicitar a bolsa, o estudante deberá estar matriculado no curso 2024/25 en calquera grao das universidades públicas galegas e participar no devandito programa de mobilidade. Non poderán recibir a axuda os que xa gozaran dela en convocatorias anteriores e mais o alumnado que, con nacionalidade distinta á española e con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe. No curso 2023/24 recibiron estas axudas un total de 65 estudantes das universidades públicas galegas.

Estadías para a mellora de idiomas

Ademais, un total de 186 estudantes das universidades públicas galegas mellorarán as súas competencias en idiomas este verán a través das bolsas da Xunta para estadías formativas no estranxeiro. O Diario Oficial de Galicia publicou xa a resolución destas axudas, que teñen como obxectivo que os estudantes melloren as súas competencias en linguas estranxeiras, capacidade de estudo e de traballo no contexto internacional. Cada alumno recibe unha axuda de entre 1.200€ e 1.500€ para realizar estadías de formación lingüística nalgún país estranxeiro entre o 15 de xuño e o 31 de agosto.

Do total dos 186 bolseiros, 137 (o 73%) son mulleres e 49 (o 26%) son homes. Por universidades, 79 estudan na de Santiago de Compostela, 59 na de Vigo e 48 na da Coruña. O país ao que máis se desprazan os alumnos é Malta (62 estudantes), seguido de Irlanda (54) e Reino Unido (24). Séguenlle Italia (11), Canadá e Francia (ambos 10 alumnos).

A rama de coñecemento na que están matriculados máis bolseiros é Ciencias Sociais e Xurídicas (95 estudantes), seguida de Ciencias da Saúde e Artes e Humanidades, ambas as dúas con 27 alumnos. A maiores, 23 beneficiados cursan estudos de Enxeñaría e Arquitectura e outros 14 da rama de Ciencias. O ano pasado participaron neste programa 160 universitarios.

Complementarias Erasmus

A maiores, a Xunta concedeu neste curso 2023/24 axudas complementarias ás do programa de mobilidade europea Erasmus+ a un total de 1.050 alumnos –650 mulleres e 400 homes– das tres universidades públicas. Segundo a resolución publicada polo Diario Oficial de Galicia, 468 dos beneficiarios cursan estudos na Universidade de Santiago de Compostela, 323 na Universidade de Vigo e 259 na Universidade da Coruña.

Por área de coñecemento, 533 dos beneficiarios son alumnos de Ciencias Sociais e Xurídicas, 147 de Enxeñería e Arquitectura, 146 de Ciencias da Saúde, 118 de Artes e Humanidades e 106 de Ciencias. Os países nos que máis realizan o Erasmus os beneficiados son, ao igual ca no curso pasado, Italia (278) e Polonia (219).

A Consellería destina un orzamento de 1,5M€ a esta convocatoria. A contía das bolsas oscila, en función da duración da mobilidade (entre tres e nove meses) e do país de destino, entre os 366€ e os 2.255€, sendo a axuda media de 1.555€. Cómpre sinalar que, ademais do importe por duración e destino, 688 alumnos perciben unha asignación adicional de 500€ por ter unha estadía igual ou superior aos cinco meses.

Igualdade de oportunidades

Estas axudas enmárcase dentro das iniciativas do Goberno galego a prol dun sistema educativo de calidade e con igualdade de oportunidades independentemente dos recursos económicos das familias. Así, a Consellería de Educación apoia aos estudantes para que poidan completar os seus estudos universitarios fóra do territorio español e favorece un ano máis a mobilidade estudantil, no sentido de adquirir, actualizar e completar as súas capacidades, coñecementos, habilidades, aptitudes e competencias para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

As axudas teñen como obxectivo mellorar e perfeccionar o progreso do alumnado das universidades galegas. De esta maneira, tamén se consegue o progreso da sociedade no seu conxunto e constitúe a base para proporcionar o capital humano altamente cualificado e formado que precisa Galicia para afrontar os retos futuros.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca cursos gratuítos para preparar o Celga e de linguaxe administrativa nas Escolas Oficiais de Idiomas

Portal - Sáb, 07/06/2024 - 11:01

Summary: 

As solicitudes presentaranse a través da plataforma da Escola Oficial de Idiomas dixital

Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de convocar novos cursos preparatorios para as probas de acreditación de certificación de lingua galega (Celga), así como de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior en liña que se impartirán entre outubro deste ano e maio de 2025 nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia (EOI) de oito cidades.

As persoas interesadas en participar nestes cursos deberán realizar unha inscrición telemática a través do enderezo web habilitado. O prazo vai do 6 ata o 12 de xullo de 2024 para os cursos do primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro), e do 11 ata o 22 de novembro de 2024 para os cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).

Tanto os cursos preparatorios Celga (de 60 horas de duración), como os de linguaxe administrativa galega, non teñen custo para o alumnado e pódenos solicitar aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou quen os faga en 2024, que desexen preparar as probas que convoca a Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificaren a súa competencia en lingua galega, tal e como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia.

No caso dos cursos de linguaxe administrativa galega de nivel medio e superior van dirixidos aos empregados públicos das administracións autonómica, local ou da Administración periférica do Estado na comunidade, agás o persoal docente e sanitario. Todos os solicitantes deberán estar en posesión dalgún certificado como o Celga 4, os cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ou cursos básicos de linguaxe administrativa.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o desenvolvemento de 45 proxectos de innovación aplicada deseñados por centros de FP que destacan polo seu potencial

Portal - Ven, 07/05/2024 - 15:37

Summary: 

Román Rodríguez subliña a calidade destas iniciativas de carácter científico que os alumnos implementan ao longo do curso e que contan coa colaboración empresarial

A rede de Centros Integrados de FP aglutina o 60% destas accións que son un exemplo de traballo colaborativo e transferencia de coñecemento

O Goberno galego leva mobilizados uns 10M€ en iniciativas de innovación aplicada na FP, co apoio de 66 centros, 2.400 docentes e 450 empresas

Idioma Gallego

Os centros galegos de Formación Profesional desenvolven este ano un total de 45 proxectos de innovación aplicada que contan co apoio da Xunta ao abeiro da convocatoria anual para este fin impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e dotada con 1M€ de orzamento.

Tal e como avanzou hoxe o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, todos eles veñen de ser recoñecidos cos Premios de Innovación da FP “polo seu destacado potencial innovador, o traballo colaborativo e a transferencia de coñecemento entre centros educativos, empresas e outras entidades”.

Así o sinalou esta mañá durante unha visita ao Centro Integrado de FP CIFP Politécnico de Santiago, que é un dos galardoados na convocatoria deste ano por un proxecto sobre recuperación e temperamento da gaita porteña e outras gaitas de chaves galegas, que recibiu 42.000 euros da Xunta de Galicia.

O titular de Educación do Goberno galego puido coñecer de primeira man esta iniciativa ao tempo que se informou da colaboración deste centro noutros proxectos como o Sunwind (estación de traballo móbil con enerxía fotovoltaica) co CIFP Ferrolterra e un de Modificación xenética de lévedos para a produción de beta-caroteno para uso na industria alimentaria co CIFP Coroso de Ribeira.  “A través de iniciativas coma esta avánzase na posta en valor o talento do alumnado da FP e na potenciación de iniciativas emprendedoras, contribuíndo ao desenvolvemento tecnolóxico e á mellora de competitividade do tecido produtivo galego”, abondou o conselleiro.

Impulso ao emprendemento

Así mesmo subliñou que o compromiso da Xunta “na procura da calidade e a excelencia na FP e o fomento do emprendemento” se plasma na mobilización de en torno a 10 millóns de euros en proxectos de innovación aplicada na Formación Profesional que contan co apoio de 66 centros educativos, 2.400 docentes e a participación de arredor de 450 empresas colaboradoras.

O apoio a proxectos de innovación compleméntase coa mellora de espazos e dotacións tecnolóxicas nos institutos e centros de Formación Profesional. Neste senso, o CIFP Politécnico de Santiago é un dos 80 centros galegos que o vindeiro curso van contar cunha aula de tecnoloxía aplicada que está a implantar a Xunta co obxectivo de mellorar a cualificación dos estudantes, permitíndolles a simulación de centros de traballo e contornas laborais reais.

Neste contexto, a Rede de Centros Integrados de FP -composta por 27 centros- constitúe un referente neste ámbito e actúa como polo tractor das dinámicas de innovación e emprendemento en relación co resto dos centros que imparten Formación Profesional. Non en balde, os centros da Rede concentran o 60% dos proxectos de innovación da FP que se desenvolven en Galicia. Ademais, cinco deles -que concentran un investimento de preto de 4,4M€ da Xunta- forma parten da Rede Estatal de Excelencia de FP como centros punteiros a nivel nacional en distintos ámbitos.

Orixinalidade e viabilidade

Na implementación dos 45 proxectos premiados participaron 32 centros coordinadores, 34 centros colaboradores e 94 entidades. Do total, 26 deles correspóndense á modalidade de innovación tecnolóxica e científica e 19 á modalidade de innovación didáctica.

Por provincias, 16 dos proxectos galardoados correspóndense con centros da provincia da Coruña, 13 de Pontevedra, 11 de Lugo e 5 de Ourense. En canto á distribución por familias profesionais, destacan os proxectos do eido de Hostalaría e turismo, Transporte e mantemento de vehículos, Electricidade e electrónica e Instalación e mantemento.

Para a súa selección tivéronse en conta aspectos como a súa orixinalidade, viabilidade, colaboración con institucións educativas ou empresariais, participación activa do alumnado, as oportunidades potenciais de emprego xeradas e a planificación do proxecto. Outros aspectos de relevancia foron a importancia e impacto nos sectores correspondentes, a mellora do proceso de ensino-aprendizaxe e a capacidade de transferir os resultados obtidos para outros centros de FP.

Tamén se valoraron especialmente aqueles proxectos susceptibles de ser continuados desde o Centro Galego da Innovación da FP Eduardo Barreiros, para dar lugar a proxectos de emprendemento industrial.

File: 

PROXECTOS DE INNOVACIÓN APLICADA NA FP GALEGA Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Catro centros tecnolóxicos recibirán case 8 M€ da Xunta para mellorar as infraestruturas de investigación e ensaio

Portal - Ven, 07/05/2024 - 15:30

Summary: 

O CTAG recibirá unha axuda de 4M€, mentres que AIMENT recibirá 3,2M€, Gradiant uns 263.000€ e CETIM 442.000€

Román Rodríguez destaca o compromiso do Goberno galego co fortalecemento e ampliación das capacidades científico-tecnolóxicas destes centros

O obxectivo é facilitar o seu crecemento potenciando a súa internacionalización e reforzar as súas actividades de transferencia cara o tecido produtivo

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, mantivo hoxe un encontro con representantes de catro centros tecnolóxicos para dar conta do apoio do Goberno galego aos seus proxectos de mellora de infraestruturas de investigación e ensaio, acadando os case 8M€. Concretamente, o titular de Ciencia reuniuse cos centros tecnolóxicos CTAG e AIMEN, con sede en Porriño, Gradiant, localizado en Vigo, e CETIM, de Culleredo.

Con esta liña de axudas, a Xunta apoia a creación e ampliación das infraestruturas de investigación e experimentación destes centros galegos, cubrindo desde a adquisición de terreos e equipamento ata a construción ou ampliación de edificacións e activos inmateriais. “Con estas axudas queremos contribuír ao fortalecemento e ampliación das capacidades científico-tecnolóxicas destas entidades”, sinalou Román Rodríguez.

Durante o encontro, o representante do Goberno autonómico explicou que o obxectivo conxunto é “acadar unha I+D+i pioneira capaz de atraer talento e investimento privado, mellorando o posicionamento galego a nivel internacional, así como facilitar o seu crecemento, excelencia e actividades cara ao tecido produtivo”. Ademais, os proxectos están orientados á xeración de capacidade nos ámbitos estratéxicos da Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3) de Galicia, evitando solapamentos coas infraestruturas xa existentes e favorecendo sinerxías entre elas.

Cada solicitude inclúe un plan de explotación adaptado ao tipo de infraestrutura que permitirá comprobar a sustentabilidade financeira das mesmas e estimar o seu impacto potencial no ecosistema galego de innovación. A intensidade dos apoios é a máxima permitida para este tipo de axudas, o 50%, cofinanciadas con fondos europeos no marco do programa Galicia Feder 2021-2027.

Infraestruturas apoiadas

O CTAG, que obtén unha axuda de 4M€, realizará un investimento de 8M€ en infraestruturas de investigación asociadas ás liñas de investigación da mobilidade autónoma, conectada, segura e ecolóxica que caracterizan o futuro da industria do automóbil.

No caso de AIMEN, que recibirá algo máis de 3,2M€ e contará cun investimento total de 6,4M€, construirase un novo centro de fabricación intelixente, onde se lanzarán novas liñas de infraestruturas singulares de fabricación avanzada e sustentable e de dixitalización punteiras en ámbitos de grande impacto para Galicia como o transporte, a enerxía e a construción, así como reforzar e fortalecer as xa existentes.

Gradiant cun apoio duns 263.000 euros, ten como obxectivo a adquisición e posta en marcha dunha infraestrutura de investigación e computación a baixa escala para a realización de actividades de I+D en tecnoloxías de alto impacto e potencial de aplicación en diversos ámbitos, cun orzamento total de preto de 526.000 euros. En concreto, ditas actividades propoñen a investigación en tecnoloxías cuánticas, micro-nanoelectrónica e fotónica, computación confidencial, análise multimedia, tecnoloxías da linguaxe e, en xeral, intelixencia artificial aplicada.

O CETIM recibirá unha axuda de preto de 442.000€ dos 883.000€ que vai investir na mellora da súa excelencia científica e de investigación no eido da Economía Circular a través do proxecto ‘Circular Excellence CETIM’. Focalizará os seus esforzos nos seis ámbitos de investigación estratéxica do centro: baterías, augas, hidróxeno verde, polímeros sustentables, materiais de construción sustentable e industria sustentable.

Mantemento de 516 postos de traballo

Esta terceira convocatoria permitirá mobilizar ao redor de 16M€ contribuíndo ao mantemento de 516 postos de persoal altamente cualificado. En total, a través das tres convocatorias desta liña de axudas (2018, 2020 e 2024) téñense apoiado 19 proxectos con axudas por importe de 17M€, mobilizando 35M€. Pero non son as únicas axudas a centros tecnolóxicos, desde o 2009 a Xunta de Galicia leva destinados un total de 207M€ de apoio.

Estas infraestruturas ocupan unha posición destacada no ecosistema galego de I+D+i, pois “o seu papel é esencial na transformación da economía polo seu potencial para xerar vantaxes competitivas no tecido empresarial”, concluíu o conselleiro de Ciencia.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Licenzas por formación para o curso académico 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitario

Portal - Ven, 07/05/2024 - 15:27
Idioma Gallego
  • Normativa reguladora: RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan licenzas por formación para o curso académico 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión.
  • Prazo de inscrición: Ata o 22 de xullo de 2024, inclusive.
  • Persoas destinatarias: Persoal docente que pertence aos corpos que imparten as ensinanzas establecidas na LOE, destinado este ano en centros educativos públicos dependentes da Consellería.

File: 

Resolución do 5 de xullo de 2024

Tema: 

Licenzas por formación

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de Formación

Colectivo: 

Profesorado

Sección: 

Boletín Portada de boletín

Listaxe provisional de centros e ensinanzas de FP plurilingües para o curso 2024-25

Portal - Ven, 07/05/2024 - 15:21
Idioma Gallego

Listaxe provisional de centros e ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2024-25 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Máis información.

Tema: 

Plurilingüismo

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Programación da Formación Profesional

Colectivo: 

Centros

Publicación da Orde de 27 de xuño de 2024 pola que se declaran aptas na fase de prácticas as persoas opositoras que superaron procedementos selectivos de corpos docentes non universitarios (ED001A)

Portal - Ven, 07/05/2024 - 15:15
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 27 de xuño de 2024 pola que se declaran aptas na fase de prácticas ás persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 5 de decembro de 2022, anunciada mediante a Resolución do 12 de decembro, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, no Diario Oficial de Galicia número 242, do 22 de decembro, e outros (DOG nº130, do 5 de xullo).

Anuncio principal: 

Concurso-oposición aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de EOI, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres

Servizo relacionado: 

Oposicións

Tema: 

Programas e plans Oposicións

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial

Colectivo: 

Profesorado

Plan Anual de Formación do profesorado para o curso 2024-25

Portal - Ven, 07/05/2024 - 15:08
Idioma Gallego

Xúntase o Plan de Formación do profesorado para o curso 2024-25 artellado arredor das liñas prioritarias da Consellería e concretado en itinerarios formativos. 

 

 

File: 

Plan Anual de Formación do profesorado

Tema: 

Plan Anual de Formación do profesorado

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultas

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Servizo de Programas de Formación

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín

Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos premiados. Convocatoria 2024

Portal - Ven, 07/05/2024 - 12:56
Idioma Gallego

Publicada a Resolución do 10 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocados pola resolución do 26 de decembro de 2023.

Máis información.

Tema: 

Programas e plans

Ensinanza: 

Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción Laboral

Colectivo: 

Centros

Román Rodríguez sitúa ANFACO-CECOPESCA como exemplo de innovación e competitividade na industria mar-alimentaria

Portal - Xov, 07/04/2024 - 15:24

Summary: 

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP visita o centro acompañado da directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo

O representante da Xunta destaca a participación do centro en grandes proxectos estratéxicos como as Unidades Mixtas de Investigación ou Fábrica Intelixente e Sustentable

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou esta mañá en Vigo ANFACO-CECOPESCA e destacou o papel clave que desenvolven os centros tecnolóxicos no impulso á innovación e á competitividade do tecido produtivo galego e, neste caso, da industria mar-alimentaria. O conselleiro estivo acompañado pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, e polos presidente e secretario xeral de ANFACO-CECOPESCA, Iván Alonso-Jáudenes e Roberto Alonso, respectivamente. Este encontro enmárcase na rolda de visitas do titular de Ciencia aos centros tecnolóxicos galegos. 

Na visita, o representante da Xunta de Galicia tivo oportunidade de coñecer o Centro de Tecnoloxías Avanzadas de Investigación para a Industria Mariña e Alimentaria (CYTMA), un espazo de investigación tecnoloxicamente punteiro, que contou co apoio do Goberno galego e fondos FEDER para a súa dotación de infraestruturas e equipamento científico-tecnolóxico. 

Neste contexto, Román Rodríguez reivindicou o rol de aliado do centro tecnolóxico na dinamización da industria do mar-alimentaria e puxo como exemplo a participación do centro en instrumentos como as Unidades Mixtas de Investigación ou o programa Fábrica Intelixente e Sustentable da Xunta de Galicia. Liñas que fan posible unha maior integración dos axentes do ecosistema do I+D+i galego para resolver os retos existentes na cadena mar-alimentaria, un principio fundamental desta entidade viguesa.

Cooperación co tecido empresarial

ANFACO-CECOPESCA impulsou cinco unidades mixtas desde 2014 en cooperación co tecido empresarial co obxectivo de desenvolver actividades de I+D+i estratéxicas para Galicia, impulsar a transferencia de I+D ao tecido produtivo e atraer empresas cara Galicia. Actualmente, está a desenvolver unha Unidade Mixta de Investigación coas empresas Lagumar Seas e Angulas Aguinaga (ambas do grupo vasco Angulas Aguinaga) que está a investigar a mellora na produción de moluscos incorporando tecnoloxías avanzadas e dixitalización. 

Así mesmo, o centro tecnolóxico participou en tres proxectos do programa Fábrica Intelixente e Sustentable que persegue a modernización da industria galega en sectores estratéxicos. Na actualidade, ANFACO-CECOPESCA traballa nun proxecto que introduce as novas tecnoloxías para a xestión intelixente e sustentable do procesado no sector pesqueiro, liderado pola empresa Hermasa Canning Technology SA.

Por último, o conselleiro apuntou a participación do centro na Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia, que agrupa a sete centros tecnolóxicos galegos, e no Hub de Innovación Dixital DATAlife, que está a impulsar a transformación dixital das pemes de sectores como agro-mar-alimentación, forestal-madeira, biotecnoloxía e coidados-saúde.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a licitación por máis 1,6 M€ da primeira fase da rehabilitación do Centro Integrado de FP Manuel Antonio

Portal - Xov, 07/04/2024 - 14:39

Summary: 

O conselleiro de Educación presenta a actuación que se licita hoxe mesmo e que se prevé completar a partir de 2025 cunha reordenación e incremento de espazos

“O obxectivo é dar resposta ás necesidades deste centro de referencia, mellorando o confort dunha comunidade educativa de máis de 1.550 alumnos e preto de 150 docentes”, di o conselleiro

Enmarca esta actuación no compromiso da Xunta co impulso á FP na área máis industrial de Galicia, “a única que oferta máis de 10.000 prazas novas“

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou hoxe o Centro Integrado de FP Manuel Antonio de Vigo co gallo da licitación das obras de rehabilitación, que constitúen a primeira fase da remodelación deste centro. Neste senso, explicou que o investimento desta primeira actuación superará os 1,6M€, co obxectivo de renovar e adaptar as infraestruturas do edificio.

A previsión é adxudicar a obra no mes de outubro, comezala en novembro e rematala para o verán 2025. A partir dese momento, a finais de 2025, a Consellería poderá xa licitar a segunda fase da actuación, para a ampliación e reordenación de espazos do centro.

O titular do departamento educativo da Xunta explicou que o obxectivo desta obra “é dar resposta ás necesidades deste centro de referencia na FP en Galicia, mellorando principalmente as súas cubertas e accesibilidade”. “O CIFP Manuel Antonio conta cunha comunidade educativa conformada por máis de 1.550 alumnos e preto de 150 docentes, e a finalidade última desta actuación é que redunde no confort diario de todos eles”, destacou o conselleiro.

Román Rodríguez enmarcou esta actuación no compromiso da Xunta co impulso á FP na área máis industrial de Galicia. “Non en balde, para o curso que vén a de Vigo é a única área que  oferta máis de 10.000 prazas novas en ciclos e másteres de FP”, destacou durante a visita, na que tamén participou a directora xeral de FP, Eugenia Pérez. De feito, o CIFP Manuel Antonio suma á súa oferta tres novos ciclos na modalidade dual intensiva, en concreto o de grao medio en Servizos en restauración, e os de grao superior en Dirección de cociña e en Procesos e calidade na industria, que suman 66 prazas.

Renovación de cubertas e mellora de accesibilidade

Esta primeira fase consistirá na limpeza e reparación dos 5.500 m² de cubertas, ás que se aplicará tamén impermeabilización e illamento, e a substitución dos lucernarios. Deste xeito solucionaranse os actuais problemas de estanqueidade do centro.

Por outra banda, mellorarase a accesibilidade do edificio que alberga a área sanitaria-química mediante a instalación dun ascensor no seu vestíbulo, así como coa habilitación de aseos adaptados. A maiores, acometerase unha redistribución dos laboratorios.

A obra enmárcase no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, un programa posto en marcha polo Goberno galego para renovar os colexios, institutos e centros de FP, co fin de adaptalos ás esixencias actuais. O programa ten como obxectivo reformar os 1.600 edificios que forman os máis de 1.000 centros educativos galegos e adaptalos ás necesidades do ensino do século XXI.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez anuncia a ampliación da Escola de Educación Infantil O Areal, en Baiona

Portal - Xov, 07/04/2024 - 14:31

Summary: 

O conselleiro de Educación visita o centro, no que se investirán preto de 225.000€ para construír un novo edificio anexo ao existente

Está previsto que a obra comece en novembro e remate en maio, para o que o Concello vai conceder a licenza o vindeiro mércores

Idioma Gallego

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, visitou hoxe a Escola de Educación Infantil O Areal, en Baiona, para anunciar a súa ampliación. Segundo explicou o titular do departamento educativo da Xunta explicou que a actuación está xa licitada e conta cun orzamento de case 225.000€. A previsión é comezar as obras en novembro e rematalas en maio, para o que o Concello de Baiona vai conceder a licenza o vindeiro mércores, tal e como informou o alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, na visita.

Román Rodríguez destacou a importancia desta actuación “dotar a esta escola dun espazo amplo onde poder desenvolver diferentes actividades, tanto didácticas como de ocio, tan importantes para o desenvolvemento do alumnado de Infantil”. “Seguimos os parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, que aposta por espazos flexibles e polivalentes en continuidade coa natureza, como vai ser o que construamos neste centro”, detallou.

Deste xeito, a obra consiste na construción dun volume anexo á edificación existente que se adapta á altura do actual edificio, cunha superficie total de 107,75 m². O novo espazo será flexible e poderá usarse tanto de maneira independente como estendéndoo cara ao espazo exterior, achegando ademais un espazo cuberto que permita o seu uso en condicións climatolóxicas adversas.

Así mesmo, a folla de ruta da Xunta para a modernización dos centros educativos procura a eficiencia enerxética e o respecto ao medio ambiente. Neste sentido, a nova edificación da EEI O Areal terá a mínima pegada ecolóxica e a súa construción vai ser en seco, é dicir, executada sen necesidade de auga. A única excepción será a cimentación e a soleira do edificio, que se realizarán de xeito tradicional, con formigón armado.

A estrutura do novo edificio será de madeira laminada, con cerramentos de paneis de madeira-cemento, fiestras de madeira, divisións interiores de panel de xeso, pavimentos de tarima flotante de madeira e cuberta de zinc.

Información xeral Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Proxectos e centros gañadores do recoñecementos aos proxectos desenvoltos no marco do bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), curso 2023/24

Portal - Xov, 07/04/2024 - 14:19
Idioma Gallego

Achégase a Resolución definitiva de proxectos e centros gañadores na fase final do recoñecemento aos proxectos desenvoltos no marco do bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2023/24.

 

Anuncio principal: 

Recoñecemento aos proxectos de investigación desenvoltos no marco do bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (STEMbach), no curso 2023/24

Tema: 

Programas e plans Escolarización

Ensinanza: 

Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Inclusión e Innovación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Alumnado Familias Centros
Distribuir contido


by Dr. Radut