O pasado día 22 de febreiro a profesora de grego da USC M.ª Teresa Amado achegouse ata o noso centro para impartir unha conferencia sobre a influencia do grego clásico na terminoloxía científica ao alumnado de Cultura Clásica (3ºA, B e C) e Latín (4ºA e B e 1º Bach B).
A docente comezou a súa exposición falando de Sócrates, a súa sabiduría, e a creación das matemáticas na illa de Mileto da man de Tales despois dunha viaxe a Exipto. A charla continuou cunha análise da etimoloxía de varios termos e a explicación do seu nome mediante a tradución dos seus lexemas en grego, como “esternocleidomastoideo”, que fai referencia a tódolos músculos que conecta. Despois disto, a conferencia deu remate coa relación entre as diferentes características dos planetas do sistema solar e os deuses que lle dan nome.
Aproveitando a visita desta especialista, Marta Mosquera, profesora das materias do Departamento de Linguas Clásicas no noso IES, promoveu durante toda esa semana unha actividade de iniciación do alfabeto grego, na que os alumnos e as alumnas se mostraron moi participativos. Isto fixo que o venres a maioría dos escolares estiveran moi motivados na charla e se animaran a facer algunhas preguntas. Ao rematar, M.ª Teresa Amado foi obsequiada cun fermoso bolígrafo e mais un centro de flores e asinou no noso libro oficial de visitas.
David Alján (4º ESO B)
Onte puidemos gozar dunha magnifica e marabillosa charla sobre as ciencias na antigüedade e como repercuten na actualidade, a etimoloxía das palabras... por Teresa Amado, unha catedrática en filoloxía grega. A charla foi entretida porque M.ª Teresa Amado nos explicou a procedencia das palabras cun exemplo que me gustou moito: "desde que nacemos xa sabemos latín, desde que somos un embrión, brote en latín, neste caso de vida, ata que nos imos ao cemiterio, que en latín sería o dormitorio de mortos".
Comentounos tamén as cusas polas que Grecia foi o berce da medicina, a ciencia e a filosofía. Sorprendeunos dicindo que a diferenza dos babilonios e dos exipcios, os gregos accedían todos á escritura, xa que a súa linguaxe era sinxela (24 signos), mentres que para os outros pobos era máis complicado e só accedian uns cantos á escrita. Tamén influíu o tipo de sociedade que tiñan: os babilonios e os exipcios presentan unha sociedade moi estamental; en cambio os gregos eran máis liberais no marco dunha sociedade estamental.
Respecto á lingua, Teresa Amado lembrounos que case todas as palabras ou case todas proveñne do latín ou do grego antigo, unha lingua con grande vantaxe sobre outras linguas clásicas porque era máis preciso e presentaba unha grande facilidade para crear palabras relacionando conceptos e construír palabras con catro grafías dunha parte e catro doutra. No campo da medicina, os gregos non se complicaban, é dicir, formaban a palabra describíndoa e a asemellaban a outros conceptos.
Na miña opinión, e e podo dicir que tamén na da clase, a charla foi interesante e agradable, a relatora mostrou de modo ameno estes temas, que fai atractivos de modo lúdico e intelixente.
Álvaro Domínguez (3º ESO C)
Esta charla ensinoume moito sobre o o grego e a ciencia, debido a que este último necesita do outro para poder nomear o mundo que nos rodea, cousa bastante curiosa tendo en conta como ás veces desprezamos esta lingua supostamente morta. A charla foi amena e interesante, xa que non fai falla ir a palabras moi técnicas para nos decatar de que o grego vive escondido entre nós.
Laura Orge (1º BACH B)