Recordade que temos un Plan de Actividades Físicas para os recreos e hai varias posibilidades en deportes de equipo:
- Fútbol 5x5 (masculino e feminino) na pista superior
- Voleibol 4x4 (masculino e feminino) na pista habilitada na entrada do patio
- Baloncesto 3x3 (masculino e feminino) na canasta da pista inferior
Os calendarios destes partidos estarán colocados semanalmente no taboleiro da entrada do patio.
Outras opcións:
- Uso do rocódromo horizontal que hai na parede da pista baixa
- Campeonatos de xadrez que se organizan desde a biblioteca
- Posibilidade de iniciarse no ping-pong empregando a mesa fixa do patio cuberto e pedindo as palas en conserxería
Escolle, e fai un recreo activo !!