Skip to Content

Complementarias

Presentación dos novos Clubs de Lectura

Nesta semana (luns 22 e martes 23 de novembro) preséntanse na aula de 1º ESO A os diferentes clubs de lectura que este ano acollerán os lectores e lectoras máis entusiastas do instituto. Haberá tres clubs dedicados á banda deseñada para 1º e 2º da ESO, á poesía e á narrativa breve para o alumnado de 3º da ESO en diante e, por último, un de banda deseñada tamén para alumnado de 3º da ESO en diante, que levará o suxestivo título de "Marcando a diferenza".

A obra teatral 'Anagnórise' inaugura as actividades extraescolares do novo IES de Soutomaior (10-10-2018)

A novela Anagnórise, de María Victoria Moreno, foi a última lectura do curso pasado que fixo o alumnado de 3º ESO do CPI Manuel Padín Truiteiro para a materia de Lingua Galega. E Anagórise,o espectáculo teatral que preparou a compañía Limiar Teatro, é a primeira actividade extraescolar que se fai no novo IES de Soutomaior, á que acudiu aquel alumnado que agora xa se atopa en 4º da ESO. 

A representación tivo lugar o pasado mércores 10 de outubro no Multiúsos de Arcade grazas á organización da Concellería de Cultura de Soutomaior, que nos convidou a participar da anagnórise, o recoñecemento da traxedia, o encontro cunha verdade oculta que tivemos fronte ao nariz. Unha historia de amor atemporal. Dos amores de xuventude que ninguén esquece, do primeiro amor. Nicolau marcha da casa para atopar un novo camiño que, paradoxo do destino, o levará de volta a casa. Saiu procurar e atopouse.

Para a compañía teatral, tamén foi unha ocasión especial, pois esta foi a última representación que fixeron dunha peza coa que homenaxearon a autora á que se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2018.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut