Skip to Content

Secretaría

Recollida de Diplomas da ESO

Información sobre o cribado masivo no centro (09-03-2021)

Logo do cribado masivo de onte (alumnado, profesorado e persoal non docente), esta mañá comunicáronnos que se detectaron  dous casos positivos e asintomáticos. Estes positivos xa están illados nas súas casas. Tamén nos puxemos en contacto coas familias dos contactos estreitos para que garden a corentena. Estes contactos foron comunicados ao Sergas para que lles fagan un seguimento.

  • Non ter recibido mensaxe Abalar do grupo de clase do voso fillo ou da vosa filla significa que todo está correctamente.
  • Nos casos detectados e nos contactos comunicados será o Centro de Seguimento e Control quen dará as indicacións directamente, establecendo as pautas a seguir.

Esperamos que estas medidas tamén axuden a mellorar a situación da contorna e aproveitamos a ocasión para destacar a profesionalidade do equipo do SERGAS desprazado ao centro, a axilidade na organización dos membros da comunidade educativa e a boa predisposición e colaboración das familias. Moitas grazas a todos/as.

Admisión de alumnado para o curso 2021-2022 (alumnado novo de centros non adscritos)

Publicada a ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG 22/12/2020).

Prema aquí para comprobar a oferta de prazas por curso.

Os trámites poderán facerse de xeito telemático a través da aplicación admisionalumnado que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Prazos:

1.- Admisión para alumnado de centros non adscritos: do 1 ao 22 de marzo de 2021.

2.- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 26 de abril de 2021.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

3.- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: antes do 18 de maio de 2021.

4.- Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2021.

Información de interese para as familias: uso de redes sociais, imaxe e equipos EDIXGAL

O centro educativo cre conveniente trasladar a seguinte información ás familias ante os posibles usos incorrectos das redes sociais, da imaxe e dos equipos EDIXGAL que se puidesen dar entre os menores. 

Aínda que os ordenadores do Proxecto Edixgal son empregados polo alumnado de 1º e 2º da ESO, esta información é de interese para as familias do alumnado dos diferentes cursos da ESO e BACH.

Novos titoriais para desenvolverse mellor nas novas tecnoloxías

O Departamento de Tecnoloxía achega catro novos titoriais para botarnos unha man no manexo das TIC e que nos poden axudar a todos e a todas a mellorar a nosa competencia dixital nas tarefas máis cotiás: entregar tarefas, desenvolverse mellor nos diferentes formatos dos ficheiros, navegar cunha resolución e funcionalidade óptimas na Aula Virtual, etc.

Trátase dos seguintes manuais:

  • Titorial de acceso á Aula Virtual.
  • Titorial sobre como facer capturas de pantalla.
  • Titorial para descargar a aplicación que permite traballar na Aula Virtual dende o móbil.
  • Titorial para pasar un documento de texto (formatos word, .odt, etc.) a PDF.

Criterios para a distribución de máscaras entre o alumnado

A Consellería de Educación vén de facer públicos os criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros públicos e concertados no curso 2020/2021.

Preme aquí ou na imaxe para acceder á orde.

Enquisa sobre recursos informáticos dispoñibles no ámbito familiar

enquisa

Con esta consulta, dende o IES de Soutomaior pretendemos ter unha información actualizada sobre esta cuestión coa intención de obter unha radiografía real e actualizada da situación en caso de confinamento (individual, grupo ou centro).

- Cubra unha enquisa por cada fillo/a escolarizado/a no centro.

- Prema na seguinte ligazón para acceder á enquisa:
 

https://forms.gle/u3Bj8pJ39EBrK1YR7

 

Grazas de antemán pola súa colaboración.

Novos modelo de exames ABAU 2021

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) comunica que xa están dispoñibles na súa páxina os modelos de exames para as probas ABAU 2021, que manteñen, con lixeiros axustes, a estrutura básica da ABAU 2020, pois continúa a excepcionalidade derivada da pandemia.

Distribuir contido


by Dr. Radut