Skip to Content

Blogues

PROGRAMACIONS 2024/2025

Información seguro portátiles e-Dixgal

Ao premer na imaxe podemos acceder ao servicio de contratación do seguro dos portátiles e-Dixgal.

Neste documento (díptico), descríbese tamén a cobertura do seguro dos ordenadores.

Cómpre ler detenidamente a información descrita no momento da contratación.

 

 

 

 

 

CURSO 2024/2025

No presente curso, as programacións das distintas materias atopanse nos adxuntos amosados.

Só tes que facer clic na túa materia para consultar a súa programación

 A maiores amosanse os criterios de avaliación, por separado, extraídos da programación correspondente a cada materia

 

PROGRAMACIÓNS MÚSICA CURSO 2024 - 25

Ola a todos/as, 

Nesta entrada de blogue poderedes consultar todo o relacionado coas PROGRAMACIÓNS da materia de Música. 

Un saúdo, 

Paula Veiga

Convocatoria de reunión de titoría coas familias

O IES de Soutomaior convoca ás familias da ESO a unha reunión por titorías dos cursos  dos seus fillos/as titorandos/as. Nesta, se lles dará información importante de cara o comezo deste 2024/25.

 

                  Lugar              ESO:              Ximnasio     

                                         Bacharelato:   Aula Polivalente 

                  

Curso

Data

Hora

1º da ESO

mércores 2 de outubro       

16:30 h

2º da ESO

mércores 2 de outubro       

17:00 h

3º da ESO

mércores 2 de outubro       

17:30 h

4º da ESO

mércores 2 de outubro      

18:00 h

1º de Bach

mércores 2 de outubro       

18:30 h

2º de Bach

mércores 2 de outubro      

19:00 h

 

 

 

Comunicado do centro para a folga de estudiantes do 27 de setembro.

 

 Como no inicio deste curso xa hai convocadas algunhas folgas de estudantes queremos comentarvos o seguinte:

 -Cando nos chega ao correo do centro a comunicación dunha convocatoria de folga simplemente reenviamos ese correo aos representantes de alumnado no Consello Escolar.

- O alumnado de 1º e 2º da ESO non ten recoñecido o dereito á folga.

- Ten recoñecido o dereito á folga o alumnado de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

 

Procedemento:

Adxunta a esta entrada tedes o documento que se ha de presentar como xustificante, pódese descargar e cubrir para entregar ao titor/a ou deixalo na secretaría do centro

O alumnado que queira acollerse ao seu dereito á folga ten que comunicalo para:

- Confirmar que a súa familia é coñecedora (a maioría son menores de idade).

 - Poder xustificar as faltas dese día.

 

O que se pretende é que o alumnado exerza este dereito responsablemente e de xeito ordenado.

 

 Aquí tedes máis información da convocatoria:

- https://www.pontevedraviva.com/xeral/107189/cgt-pontevedra-palestina-folga-xeral-manifestacion/

- https://www.europapress.es/galicia/noticia-colectivos-pro-palestina-impulsan-concentracion-27-septiembre-praza-do-obradoiro-contra-apartheid-20240918141046.html

- https://www.sindicatodeestudiantes.net

Un saúdo,

 

A Xunta directiva. 

 

Móllate polos ríos

O próximo domingo 29 de setembro, o concello de Soutomaior participa na Limpeza Simultánea de Ríos que organiza ADEGA en toda Galicia. Anímaste a participar?

 

                             

Comunicación asistencia a unha folga

Cando un alumno/a quera asistir a unha folga convocada polo sindicato de estudantes, deberá cumprimentar debidamente o seguinte formulario adxunto e presentalo ao titor/a ou á Secretaría do centro. Sen este documento entregado, en caso de faltar ás clases, se lle porá a falta de asistencia non xustificada.

Distribuir contido


by Dr. Radut