Skip to Content

Blogues

Charla da ADOS no IES de Soutomaior

O venres 14 de xuño o alumnado de 3º da ESO, 4º da ESO de Bioloxía e 1º de Bacharelato de anatomía tiveron unha actividade organizada polo Departamento de Bioloxía do IES de Soutomaior.

A ADOS é a Axencia de Doación de Sangue e Órganos do Sergas e xestiona estes recursos tan importantes para dar tratamento a persoas que precisan deles. Debido a que esta doación ten un carácter voluntario e altruista, unha das labores que debe facer esta axencia e a comunicación da importancia deste acto tan xeneroso.

Por esta razón trasladáronse ao centro un doutor experto en trasplantes e unha receptora dun órgano. O doutor aportou á charla os aspectos máis técnicos e a receptora explicou a súa experiencia como enferma, transmitindo como un órgano doado por outra persoa, salvou a súa vida.

Dende o IES queremos agradecer ao Departamento de Bioloxía a organización e ao equipo da ADOS por achegarse a Soutomaior a concienciar aos nosos estudantes da importancia deste xesto.

 

Acto de graduación de 2º de Bacharelato 23/24

O sábado 15 de xuño, o alumnado de 2º de bacharelato acudiu ao Castelo de Soutomaior xunto as súas familias e parte do profesorado do centro para celebrar a graduación deste curso 2023/24.

O público e os homenaxeados congregáronse nun escenario disposto nos xardíns e, as 18:30 comezaron os discursos recordando anécdotas e experiencias dunha etapa que dende agora, xa queda atrás.

Entre os discursos cómpre destacar a intervención do alcalde de Soutomaior que tivo unhas bonitas palabras, non só como cabeza do goberno do Concello senón como docente.

Dende o centro queremos agradecer a axuda do Concello, que nos facilitou o equipo de son e tódalas cadeiras así como do Hotel, que sempre nos bota unha man coa loxística. Tamén queremos agradecer, como non, a Deputación de Pontevedra que nos deran a posibilidade de poder celebrar un acto tan bonito no Castelo de Soutomaior, marco de incomparable beleza e que, sen dúbida, permanecerá no recordo dunha xeración de estudantes aos que desexamos o mellor no seu futuro.

 Pódense consultar as fotos do acto na galería da páxina web.

 

Admisión en ciclos de FP básica para o curso 24/25

Publicáronse as instruccións para a admisión en ciclos de FP básica para o curso 24/25.

O alumnnado de 3º e 4º da ESO poderá presentar a solicitude no centro de orixe (IES de Soutomaior) entre o 24 de xuño e o 4 de xullo (de 9:00 a 14:00h).

A solicitude en formato editable pódese descargar na seguinte ligazón: solicitude FP básica. Tamén está a súa disposición na secretaría do centro.

Campionatos deportivos nos recreos no IES de Soutomaior

Un ano máis, o Departamento de Educación Física do IES de Soutomaior traballou duro para facer que os recreos non sexan únicamente un tempo de desconexión.

Para favorecer hábitos saudables no alumnado e un rato de diversión, aproveitamos os espazos exteriores para organizar varias actividades deportivas: ping pong, volley ball, fútbol e baloncesto.

Os rapaces organizáronse para crear equipos nos diferentes deportes e, unha vez chegou o bo tempo, tiveron lugar os enfrontamentos.

Como novidade este ano tivemos o tenis de mesa aproveitando a que solicitamos á consellería e a que nos cedeu o Concello de Soutomaior. Está a ter unha moi boa acollida entre a rapazada.

                              

Finalmente, o 21 de xuño despois do concerto de fin de curso puidéronse entregar os premios do torneo de ping pong. Noraboa aos gañadores.

Horta escolar no IES de Soutomaior

Un ano máis, o Departamento de Bioloxía con Montse Escudero á cabeza, manteñen o espazo da horta do instituto en movemento.

Para a xestión deste espazo, a profesora traballou alí co alumnado da materia de Proxecto Competencial de 1º da ESO. Cómpre destacar que o traballo máis grande, o fixo un grupiño de voluntarios de 1º da ESO que sacrifican moitos dos seus recreos para coidar todas as especies plantadas.

A novidade deste ano foi aumentar a superficie do terreo anexando unha pequena parcela que está a ser habilitada como semilleiro.

Dende o centro queremos agradecer o traballo do alumnado voluntario e da profesora Montse que organiza esta actividade

Charla sobre o conflicto de Palestina no IES de Soutomaior

O xoves 30 de maio, a asociación Araguaney veu ao IES de Soutomaior a falar do conflicto entre Palestina e Israel. Esta foi unha charla organizada pola ANPA "Facendo Camiño" e levouse a cabo coa colaboración do Departamento de Filosofía.

Para poder explicar ben a situación na actualidade contamos con Sara Ashour, galega de orixe palestino que ten información de primeira man do día a día da xente que vive nestes momentos neste país de oriente medio. Por outra banda, Ana Rodrígues trouxo un breve documental que nos amosou imaxes da crudeza da guerra e de como os conflictos armados deixan as cidades completamente arrasadas e moitas víctimas e feridos.

Dende o centro queremos agradecer á ANPA por ofrecer unha actividade tan interesante que promove a reflexión e o pensamento crítico. Sempre cómpre animar á rapazada que busquen información contrastada para poder ter unha opinión independente e libre.

Ampliación prazo concurso do logo.

Ampliamos prazo para o concurso!!!

Bos días familias,

Ampliamos prazo para o concurso!!!

Queda adiado para o día 21 de xuño do 2024.

Esperamos a vosa participación!!!

 

Concurso Presentación tamMovil de IES Soutomaior ANPA

A Xunta directiva.

Datas da matrícula para o curso 2024-2025

NIVEL

DÍA
1º e 2º de Bacharelato             Luns 1 de xullo
4º ESO    Martes 2 de xullo
3º ESO    Mércores 3 de xullo     
2ºESO    Xoves 4 de xullo
1ºESO   Venres 5 de xullo

Calendario final da ESO e Bacharelato. Datas importantes

CALENDARIO FINAL DA ESO e Bacharelato. CURSO 23/24

1. Finalización da convocatoria ordinaria

- Venres 21 de xuño  (ESO)

- Luns 10 de Xuño (1º de BACH)

2. Entrega de boletíns de notas

 

Consulta no PDF adxunto:

- Enlace para descarga: ESO

- Enlace para descarga: 1º de BACH

3. Reclamacións

 

Consulta no PDf Adxunto:

- Enlace para descarga: ESO

- Enlace para descarga: 1º de BACH

 

É importante ler o documento adxunto para consultar a información relativa á  convocatoria extraordinaria de 1º de BACH e os avisos importantes para o alumnado da ESO (punto 4).

 

CONVOCATORIA PROBAS EXTRAORDINARIAS 2º BACHARELATO 2023/2024

Para descargar o PDF do calendario só hai que premer na imaxe.

Atención. No calendario pódense consultar as datas dos exames de pendentes de 1º de Bacharelato.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut