|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
|
|
|
Av. Gran Vía 191, 36210. Vigo, Pontevedra. ies.santome.freixeiro@edu.xunta.gal
986 231 667
|
POR UN MEDIO DE COMUNICACIÓN (EN) GALEGO
Afirma un proverbio suahili, que agora facemos galego, que quen sabe falar nunca é pobre. Hoxe somos, como pobo, un pouco máis pobres que onte. Nestes últimos tempos nós fomos quedando case sen fala, devagar, case que por descoido, coma quen queda de portas para fóra por deixar o chaveiro dentro da casa. A nosa voz esvaeuse no vento como minguaba a imaxe daquel científico tolo que experimentaba con beberaxes na procura da invisibilidade.
Non nos referimos con esta imaxe ao estado da saúde de cadaquén, senón á desaparición de medios de comunicación galegos. Foise a histórica cabeceira A Nosa Terra, recluída nas hemerotecas como Merlín en Brocellanda, xunto con Galicia Hoxe e finalmente a edición impresa do Xornal de Galicia. Xa se anunciou tamén o peche da súa edición dixital para finais de ano. Debemos lembrar que con anterioridade xa desapareceran Vieiros e A Peneira entre outros. Dun tempo para esta parte desapareceron case todos os medios de comunicación en galego.
Alguén podería pensar que esta afonía social se debe a un mal aire, coma se fose unha gripe de outono. Tamén podería pensar, no mesmo sentido naturista, que o seu carácter é pasaxeiro e que logo dun tempo prudencial as nosas voces volverán a se escoitar, se cadra con maior vigor. Falso. Non ten nada de natural que este andazo de afonías afecte só a medios en galego. Do mesmo xeito, tampouco é natural que unha gripe afecte unicamente ás persoas que levan o pelo curto, por poñer un exemplo de arbitrariedade.
A verdade é que non podemos falar porque nos estrangulan, porque queren afogar a nosa voz debido a que as nosas palabras molestan. As rudas e as feas anoxan, as cultas e elegantes incomodan, as túzaras e as máis intelixentes estorban, as maliciosas e as ben intencionadas chinchan por igual, as críticas proen como a rabia. Mesmo as palabras máis simples e inocentes provocan incomodo. Causan unha aguda e impertinente irritación nos oídos de quen nos odia.
Estamos nunha disxuntiva. Podemos non facer nada, ou laiarnos como moito e, xogando con aquela idea, se as persoas de ben non fan nada, daquela o mal triunfará. Deste xeito ficaremos sen voz, mudas e mudos todos, para sempre. A segunda posibilidade, en troques, consiste en loitar e ceibarse do xugo que nos afoga.
No segundo caso, o camiño que debemos tomar é construírmos o noso espazo comunicativo propio, do mesmo xeito que, nas épocas de seca sen chuvias, se cava un pozo para poder ter de onde sacar auga. Chamamos pois a coller a pa e a luxar as mans co traballo. Unha xigantesca tarefa vólvese pequena se traballamos todos e todas. Somos conscientes das posibilidades que abre o proxecto que nos dispoñemos a presentar. Saudamos, pois, a Iniciativa social por un medio de comunicación «Sermos Galiza».
Fernández Paz gaña o Premio Iberoamericano SM
de Literatura Infantil e Xuvenil
VER ADXUNTO
Poderiamos definir o galo millarengo como un galo novo, rufo e que gusta da troula. A imaxe de ímpetu e alegría que transmite este concepto acáelle moi ben ó espírito da revista do centro que creara xa hai ben de anos Víctor Freixanes cando impartía aulas no noso instituto. Longa vida ó Galo Millarengo !!!
A seguir tedes o enlace coa Secretaría Xeral de Política Lingüística que vos permitirá solucionar dúbidas verbo da lexislación, actividades, cursos, etc.
Segundo o último censo, ten 5.766 veciños. Antiguamente, a zona estaba atravesada polos catro principais viais que tiña a cidade a comezos do XX: Regueiro, Pozo Peinado, Os Anxeles e Seara. A realización da Gran Vía, que discorre a través de boa parte da parroquia, supuxo o gran proxecto municipal de mediados do século pasado,reflectindo o vertixinoso crecemento económico e social deses anos. Formando xa case parte do entramado das Travesas podemos observar o magnífico Pazo da Pastora ou Santhomé do século XIV. Chamouse antigamente Torre de Busteu e foi o seu señor Pedro Álvarez de Soutomaior, aculmado Pedro Madruga. Construcción rectangular con dúas torres ás beiras que, ó igual có Pazo de Castrelos, non presenta a tradicional escaleira exterior.
Moi próximo tópase o Museo Liste constituído o 15 de xuño do 1999, froito dun convenio entre o Concello de Vigo e D. Olimpio Liste Regueiro. Ten a súa sede nunha vivenda unifamiliar de mediados do século XX, con finca circundante, propiedade do concello.
O instituto de ensino medio leva o nome da parroquia, San Tomé de Freixeiro, e tamén hai rexistradas varias organizacións cidadás, dúas asociacións de veciños ou a Asociación Freixeiro de Axuda ao Necesitado.
Situado na Gran Vía, dende 1962 o IES San Tomé de Freixeiro desenvolveu actividade educativa ata a actualidade. Antigamente coñecido como “Nuestra señora da Guia”, exclusivo para mulleres.
No año 1981 convirtiuse en instituto mixto e adoptou o nome de “instituto de bacharerato Santo Tomé do Freixeiro”. Nun intento de darlle unha denominación axustada o centro pasou a chamarse “ IES San Tome do Freixeiro”.
O instituto tal como o coñecemos hoxe en día edificouse en duas etapas nun primer momento construiuse a parte orientada de cara a Gran Vía, coñecida como “parte vella”. Mais tarde, nos anos 1971-72, e para incrementar o número de aulas, construíuse a parte interior orientada hacia o centro polideportivo ”pavillón do Carme”
|
Copyright © 2003-2022 Proxecto Webs Dinámicas.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Aviso legal
|