Normalización Lingüística

Certame de Regueifas

O noso centro participou no Certame de Regueifas organizado polo Concello de Vigo. Durante dúas semanas tivemos dous regueifeiros de excepción, Josiño da Teixeira e Lupe Blanco, que nos aprenderon a rimar e regueifar. E o pasado venres 18 fomos todos xuntos (alumnado de 1º da ESO e de FPB) ao CVC Valadares gozar do saber facer de todos os centros participantes. Nós tamén subimos ao escenario e demostramos o aprendido, nun ambiente de compañeirismo e alegría. Foi unha moi boa experiencia que esperamos repetir o ano próximo.

 

 

Clubs de lectura: febreiro

Volve Na onda do Mella

Volta "Na onda do Mella", o programa de Radio semanal co que queremos informar da actualidade do centro, tratar temas de interese e ofrecer unha alternativa de ocio formativo aos recreos no patio traseiro. 

Esta semana comezamos cunha entrevista, realizada por MARTA OCAMPO (alumna de 1º de Bacharelato H) ás escritoras CHIS OLIVEIRA e AMADA TRABA, que estaban no centro presentando o libro Ám@me (Ed. Galaxia).

Velaquí vos deixamos un anaco da entrevista: 

Teatro: O Merlo Branco

 

Convidámosvos a ver a obra de teatro "O merlo branco".

Conta cun reparto excepcional, con actrices e actores de 1º e 2º de ESO do IES Ricardo Mella.

 

 

Volveu o Teatro ao Mella

Despois de semanas de ensaio, o alumnado de 1º e 2º da ESO vén de estrear O MERLO BRANCO, obra de Cándido Pazó, que nos fala sobre a necesidade da aceptación persoal e social. A estrea tivo lugar este venres 17 de decembro no Salón de Actos, e recibiu unha sonora ovación por parte do público asistente.

Agardamos que esta non sexa a única función, e que axiña poidamos volver gozar coa interpretación destes 11 artistas. Agardamos tamén que poidamos facer unha montaxe que nos permita gozar da obra, en diferido, aos que non puideron asistir á estrea en directo.

No serán teatral deste venres tamén nos acompañou a comparía MisturArte Teatro, de Chapela, que nos ofreceron a súa obra "En pé de guerra". Esta compañía semiprofesional sinalou un camiño que a seguir, no caso de interesarnos manter o Teatro vivo.

 

 

Distribuir contido