Normalización Lingüística

Faladoiro con Carlos Negro

Marabilloso o Faladoiro co Poeta Carlos Negro. Leunos os seus poemas favoritos. Contounos como facía os seus libros. Falounos de como crear personaxes poéticos... E de como ser homes! Incluso homes valentes. Dos que non temen en sinalarlle a outros o que está mal: por exemplo, compartir imaxes sexualmente comprometedoras nas redes sociais. Homes dos que asumen o compromiso de limpar a taza do water! Revolucións reais e necesarias do século XXI. 

 

Faladoiro con Carlos Negro

Esta semana recibiremos a CARLOS NEGRO, un autor ao que lemos seguido e que nos gusta moito, pola súa achega aos estereotipos de xénero, mesculinos e femininos, entre os adolescentes. Será un pracer recibilo e conversar con el. 

Fará dúas quendas: unha ás 12:30h e outra ás 13:30h. No Salón de Actos. Entrada libre até completar aforo. Vinde!

 

 

A poesia de XELA ARIAS

Nestas semanas o centro acollera actividades mais tamen visibilizara a poesia de XELA ARIAS. Velaquí as nosas escaleiras. Con versos do seu poemario Darío a diario. 

 

ACTIVIDADES DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021

Velaquí o cartaz das actividades coas que celebraremos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021, adicado á poeta XELA ARIAS. 

Segunda xuntanza do Clube de Lectura

A vindeira semana terá lugar a segunda xuntanza do Club de lectura de galego. Aquí vos deixamos o cartaz.

Mais cómpre corrixir a data: será o venres 12 de marzo!

 

Distribuir contido