Normalización Lingüística

Desde a Guiné Bissau

Hoxe foi un día multilingüístico e multicultural no Ricardo Mella, xa que nos visitaron dous guineenses: Wilson Pereira e Joao Mendes. Ambos nos falaron sobre a educación na Guiné, sobre as distintas linguas do país (eles son de dúas etnias distintas e falan dúas linguas distintas), de como o crioulo fai de lingua franca para que todos se entendan, malia o portugués ser a lingua oficial da Guiné. Contáronnos todo isto en portugués e entendimos sen dificultade. Tamén fixemos preguntas sobre o periplo vital de ambos. Primeiro o de Wilson, que veu a Portugal estudar e formarse para axudar a outros no seu país, e logo o de Joao, xogador de fúlbol ao que a Proxecto de Wilson apoia para que poida xogar e estudar aquí. Tamén vimos vídeos das escolas e o modo de vida na Guiné (un dos países da lusofonía que estudamos este curso). E, por último, Patricia e María, de 1º da ESO, e a profe Olga Nogueira fixéronlles unha entrevista na Radio que podedes escoitar máis abaixo. 

Club de lectura de "Covardes" e charla sobre prostitución

Club de Lectura sobre a obra "Covardes" de María Xosé Porteiro, que nos acompañarou e á que entrevistamos. E logo tivemos un faladoiro, aproveitando a súa presenza, con ela e cunha representante da Asociación FARAXA de Vigo. Esta actividade foi coorganizada entre o Club de Lectura, a Emisora de Radio o Equipo de Dinamización e o Equipo de Igualdade. 

 

Exposición de Florencio Delgado Gurriarán

Velaquí a exposición que fixemos no centro sobre o escritor homenaxeado no Día das Letras Galegas: Florencio Delgado Gurriarán. A exposición conta con materias da nosa propia elaboración, e cos paneis sobre o autor que nos enviou a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Arredor de todos eles fixemos diversas actividades todo ao longo do mes de maio. 

 

Maio do Mella

Velaquí o coplas do maio do Mella 2022. Unha das nosas achegas antropolóxicas galegas á Festa das Culturas

Contacontos multicultural

Hoxe tivemos no centro ao grande contacontos AVELINO GONZÁLEZ. A el lle encargamos que nos fixese un espectáculo exclusivo: unha contada multicultural coa que pór o ramo a esta semana de actividades. E abofé que recolleu o guante e nos ofreceu un espectáculo que o alumnado tardará en esquecer. Contos galegos, árabes, latinoamericanos, xitanos e marcianos. Contos de xogos informáticos. De mulleres raptadas e mulleres vingadoras. De homes sabios e de moitas aprendizaxes. 

Despois da contada falamos con el nunha entrevista (con conto incluído) que vos deixamos aquí abaixo: 

Distribuir contido