Desde a Guiné Bissau

Hoxe foi un día multilingüístico e multicultural no Ricardo Mella, xa que nos visitaron dous guineenses: Wilson Pereira e Joao Mendes. Ambos nos falaron sobre a educación na Guiné, sobre as distintas linguas do país (eles son de dúas etnias distintas e falan dúas linguas distintas), de como o crioulo fai de lingua franca para que todos se entendan, malia o portugués ser a lingua oficial da Guiné. Contáronnos todo isto en portugués e entendimos sen dificultade. Tamén fixemos preguntas sobre o periplo vital de ambos. Primeiro o de Wilson, que veu a Portugal estudar e formarse para axudar a outros no seu país, e logo o de Joao, xogador de fúlbol ao que a Proxecto de Wilson apoia para que poida xogar e estudar aquí. Tamén vimos vídeos das escolas e o modo de vida na Guiné (un dos países da lusofonía que estudamos este curso). E, por último, Patricia e María, de 1º da ESO, e a profe Olga Nogueira fixéronlles unha entrevista na Radio que podedes escoitar máis abaixo.