Volveu o Teatro ao Mella

Despois de semanas de ensaio, o alumnado de 1º e 2º da ESO vén de estrear O MERLO BRANCO, obra de Cándido Pazó, que nos fala sobre a necesidade da aceptación persoal e social. A estrea tivo lugar este venres 17 de decembro no Salón de Actos, e recibiu unha sonora ovación por parte do público asistente.

Agardamos que esta non sexa a única función, e que axiña poidamos volver gozar coa interpretación destes 11 artistas. Agardamos tamén que poidamos facer unha montaxe que nos permita gozar da obra, en diferido, aos que non puideron asistir á estrea en directo.

No serán teatral deste venres tamén nos acompañou a comparía MisturArte Teatro, de Chapela, que nos ofreceron a súa obra "En pé de guerra". Esta compañía semiprofesional sinalou un camiño que a seguir, no caso de interesarnos manter o Teatro vivo.

 

 

AdxuntoTamaño
Teatro Mella.jpeg33.04 KB