Prazos:
- O alumnado matricularase do 27 de xuño ao 1 de xullo consonte á distribución detallada no documentos adxunto.
- As familias que teñan varios/as fillos/as no centro en distintos niveis poderán facer todas as matrículas no mesmo día.
Documentación:
Para todo o alumnado:
- Impreso de matrícula cumprimentado. Os impresos seranlles entregados ao alumnado o día 27 de xuño xunto co boletín de notas. Tamén estarán dispoñibles na conserxería do centro.
- Copia do DNI e da tarxeta sanitaria.
- Fotos tamaño carné co nome e apelidos escritos detrás (tres se é a primeira vez no centro e dúas o resto de anos).
- Todo o alumnado que se matricula en 3ºESO, 4ºESO ou Bacharelato ten que aboar o Seguro Escolar (1,12€).
Segundo as circunstancias familiares:
- Custodia en casos de separacións.
- Certificados de minusvalía.
- Informes médicos de cuestións que se aleguen.
- Acreditación da necesidade dunha segunda parada de autobús.