Novas da Secretaría

CONVOCATORIA BONOS CULTURAIS DA XUNTA

No día de hoxe publicouse a convocatoria para solicitar os Bonos culturais da Xunta.

Estas axudas van dirixidas a maiores de idade e implican unha redución no prezo de compra de servizos culturais ata un total de 50 €.
Non se aplica a libros de texto pero si vale para a compra de libros de lectura, música, entradas de cine, teatro e concertos, etc.

Poden consultar a convocatoria completa e a forma de solicitalos neste enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211018/AnuncioG0598-081021-0001_gl.pdf

O prazo para solicitalos é dun mes.

BOLSAS DA FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA PARA CUARTO DE ESO

A Fundación Amancio Ortega retoma o seu Programa de Bolsas para estudantes que desexan cursar 1º de Bacharelato en Canadá e Estados Unidos.

O programa convoca 400 bolsas dirixidas a estudantes de 4º de ESO de centros educativos españois, 70 delas para alumnado de centros de Galicia.

O prazo de solicitude remata o 27 de outubro de 2021 ás 13:00, horario peninsular.

Podedes consultar as condicións da bolsa, os requisitos para poder pedila e a forma de solicitala na páxina web da fundación https://becas.faortega.org/.

LIBROS DE TEXTO: LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDOLIBROS

Xa están publicadas as listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas de Fondolibros.

Os datos poden consultarse presencialmente no taboleiro do centro en horario de 9:00 a 14:25 ou telematicamente na aplicación Fondolibros entrando con chave 365.

No día de hoxe iniciamos o reparto de libros e vales para material ao alumnado beneficiario.

MATRÍCULA SETEMBRO CURSO 2021/22

Datas de matriculación de setembro:

  • Martes 7 de setembro: 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
  • Mércores 8 de setembro: 1º, 2º e 3º da ESO.

  As familias que teñan varios/as fillos/as no centro en distintos niveis poderán facer todas as matrículas no mesmo día.

Documentación:

Para todo o alumnado:

  • Impreso de matrícula cumprimentado. Os impresos seranlles entregados ao alumnado o día 7 de setembro cando veñan recoller as notas. Tamén estarán dispoñibles na Conserxería do centro.
  • Copia do DNI e da tarxeta sanitaria.
  • Fotos tamaño carné co nome e apelidos escritos detrás (tres se é a primeira vez no centro e dúas o resto de anos).
  • Todo o alumnado que se matricula en 3ºESO, 4ºESO ou Bacharelato ten que aboar o Seguro Escolar (1,12€).

Segundo as circunstancias familiares:

  • Custodia en casos de separacións.
  • Certificados de minusvalía.
  • Informes médicos de cuestións que se aleguen.
  • Acreditación da necesidade dunha segunda parada de autobús.

LIBROS DE TEXTO: LISTAXE CURSO 2021/22 E LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS DE FONDOLIBROS

No día de hoxe foron publicadas as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas de Fondolibros.


Poden consultarse telematicamente na aplicación Fondolibros, identificándose coa chave 365 ou certificado dixital, ou presencialmente no taboleiro interior do instituto.

En caso de erro poderán reclamar nos dous seguintes días hábiles, é dicir, ata o 13 de xullo.

O horario de atención ao público durante o mes de xullo será de 9:00 a 14:00.

As listaxes provisionais informan do número mínimo de libros que se lle concederán pero non especifica cales en concreto. Poderán complementar esta información consultando a listaxe oficial de libros que se usarán no curso 21/22 que vai adxunta nesta publicación e tamén está visible na porta exterior do instituto.

A listaxe definitiva de Fondolibros será publicada en setembro. Naquela xa aparecerán os libros concretos concedidos a cada solicitude. O lote de libros daráselle directamente ao alumnado no instituto durante os primeiros días de clase. O mesmo cos vales para material escolar.