Novas da Secretaría

MATRÍCULA CURSO 2021/2022

Prazos:

  • O alumnado promocionado en xuño matricularase do 28 de xuño ao 6 de xullo consonte á seguinte distribución:
      1ºESO 2ºESO 3ºESO 4ºESO 1ºBACH 2ºBACH
28/06 e 29/06 30/06 01/07 02/07 05/07 06/07
  •  As familias que teñan varios/as fillos/as no centro en distintos niveis poderán facer todas as matrículas no mesmo día.
  • O alumnado con algunha materia suspensa fará a matrícula despois dos exames de setembro.


Documentación:

Para todo o alumnado:

  • Impreso de matrícula cumprimentado. Os impresos seranlles entregados ao alumnado promocionado en xuño o día 25 de xuño, cando veñan recoller as notas. Tamén estarán dispoñibles na Conserxería do centro.
  • Copia do DNI e da tarxeta sanitaria.
  • Fotos tamaño carné co nome e apelidos escritos detrás (tres se é a primeira vez no centro e dúas o resto de anos).
  • Todo o alumnado que se matricula en 3ºESO, 4ºESO ou Bacharelato ten que aboar o Seguro Escolar (1,12€).

Segundo as circunstancias familiares:

  • Custodia en casos de separacións.
  • Certificados de minusvalía.
  • Informes médicos de cuestións que se aleguen.
  • Acreditación da necesidade dunha segunda parada de autobús.




CONVOCATORIA DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Esta convocatoria está regulada na orde do 6 de maio de 2021, publicada no DOG do xoves 21 de maio de 2021.

Nesta entrada poden consultar información resumida sobre a convocatoria. Nos documentos adxuntos atoparán:

  • Instrucións Fondolibros 21-22: contén un resumo da convocatoria. Este mesmo documento será entregado presencialmente ao alumnado de 1º, 2º e 3º ESO do centro.

O alumnado de 4º non debe presentar solicitude neste momento posto que se presupón que o curso próximo xa non estarán na ESO. En caso de repetir 4º terán un prazo extraordinario.

  • Anexos I e II: son os formularios precisos para facer a solicitude presencialmente.

 

En caso de dúbida poden consultar a orde completa no DOG indicado ao inicio ou preguntar en Secretaría.

O prazo para presentar a solicitude remata o 22 de xuño de 2021.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN: LISTAXES DEFINITIVAS

No día de hoxe foron publicadas as listaxes definitivas de admisión.

Poden consultarse presencialmente no taboleiro do centro ou ben telematicamente na aplicación "admisionalumnado" con Chave 365 ou certificado dixital.

Contra esta resolución pódese reclamar presentando recurso de alzada ante o xefe territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN: LISTAXES PROVISIONAIS

No día de hoxe foron publicadas as listaxes provisionais de admisión.

Poden consultarse presencialmente no taboleiro do centro ou ben telematicamente na aplicación "admisionalumnado" con Chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de reclamación é de cinco días hábiles contados a partir de mañá, é dicir, do luns 26 ao venres 30 de abril.