Novas da Secretaría

PROCESO DE ADMISIÓN: RESERVAS DOS CENTROS ADSCRITOS

No día de hoxe foron publicadas as listaxes co alumnado dos colexios adscritos que presentaron solicitude de reserva para cursar 1ºESO no IES de Ponte Caldelas.

Informamos de que hai suficientes vacantes e todo o alumnado que fixo reserva resultará admitido sen necesidade de presentar solicitude de admisión, bastará con que formalicen a matrícula cando se abra o prazo (xullo).

En caso de querer consultar as listaxes con máis detalle terán que facelo presencialmente no taboleiro de anuncios do centro ou telematicamente na aplicación de admisión usando a Chave 365 ou certificado dixital. 

PROCESO DE ADMISIÓN: FASE DE ADMISIÓN

O prodemento ordinario de admisión en centros públicos de ESO e Bacharelato está regulado pola  ORDE do 18 de decembro de 2020 (DOG do 22 de decembro de 2020), pola ORDE do 12 de marzo de 2013, pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017 e polo DECRETO 13/2022 do 3 de febreiro de 2022.

Ademais de presencialmente no centro, todo o procedemento pode realizarse de forma telemática a través da aplicación “admisionalumnado” usando a Chave365 ou un certificado dixital. Esta aplicación tamén permite a consulta de listaxes de maneira telemática.

 

OBSERVACIÓNS IMPORTANTES PARA ALUMNADO MATRICULADO NO IES DE PONTE CALDELAS 

  • O alumnado que queira continuar os seus estudos aquí, en ESO ou en Bacharelato, ten garantida a permanencia e non precisa facer solicitude de admisión. Simplemente terá que formalizar a matrícula no prazo que lle corresponda. Nos próximos meses faranse sesións informativas sobre as posibilidades de estudos para o ano e sondaxes de matrícula para poder facer estimacións máis fiables e acabar de configurar a nosa oferta.
  • O alumnado que queira continuar estudos de ESO ou Bacharelato noutro centro terá que presentar solicitude de admisión no novo centro e copia desa solicitude no noso centro. Sobre este caso aparece información máis completa no seguinte apartado.
  • O alumnado que queira acceder a estudos de Formación Profesional (Básica, Media ou Superior) non ten que facer ningún trámite neste momento xa que o acceso a eses estudos non está regulado por este procedemento e a información oficial sobre prazos aínda non está publicada.

 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN (RESERVA DE PRAZA)

O prodemento ordinario de admisión en centros públicos de ESO e Bacharelato está regulado pola  ORDE do 18 de decembro de 2020 (DOG do 22 de decembro de 2020), pola ORDE do 12 de marzo de 2013 e pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017.


Para futuras tomas de decisión, é importante saber que o IES de Ponte Caldelas ofrece estudos de ESO e Bacharelato nas modalidades de “Ciencias” e “Humanidades e Ciencias Sociais”, servizo de transporte escolar e servizo de comedor escolar os luns a mediodía.


Calendario xeral do proceso de admisión:

LISTAXES DEFINITIVAS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NA CONVOCATORIA DE MÁSCARAS

Xa están publicadas no taboleiro do centro as listaxes definitivas de alumnado beneficiario de máscaras da Consellería.

A entrega das máscaras será en xaneiro pero aínda non temos data exacta confirmada.

As máscaras entregaranse ao propio alumnado no centro como se fixo cos libros de texto.

LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E EXCLUÍDAS NA CONVOCATORIA DE MÁSCARAS

No día de hoxe publicáronse no taboleiro de anuncios do instituto as listaxes de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria de máscaras da Consellería.

Nesta ocasión todas as solicitudes foron admitidas pero, formalmente, agora ábrese un prazo de dous días para que as solicitudes excluídas poidan enmendar documentación se fora necesario. Despois deste prazo publicaranse as listaxes definitivas.