O prodemento ordinario de admisión en centros públicos de ESO e Bacharelato está regulado pola ORDE do 18 de decembro de 2020 (DOG do 22 de decembro de 2020), pola ORDE do 12 de marzo de 2013 e pola ORDE do 25 de xaneiro de 2017.
Para futuras tomas de decisión, é importante saber que o IES de Ponte Caldelas ofrece estudos de ESO e Bacharelato nas modalidades de “Ciencias” e “Humanidades e Ciencias Sociais”, servizo de transporte escolar e servizo de comedor escolar os luns a mediodía.
Calendario xeral do proceso de admisión:
Proceso | Prazo | Formulario |
Reserva de praza no centro de orixe | Do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro | Anexo I (arquivo adxunto) |
Sorteo da letra de desempate para a aplicación do baremo | Última semana de febreiro | |
Publicación de postos vacantes no centro | Antes do 1 de marzo | |
Solicitude de admisión | Do 1 ao 20 de marzo | Anexo II (arquivo adxunto) |
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo | 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión | |
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas | Antes do 25 de abril | |
Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas | Antes do 15 de maio | |
Formalización da matrícula en ESO e Bacharelato | Do 25 de xuño ao 10 de xullo | |
Prazo extraordinario de formalización da matrícula en ESO e Bacharelato | Do 1 ao 10 de setembro |
Información máis concreta dos primeiros procesos do procedemento:
1. Reserva de praza:
- Está dirixido ao alumnado pertencente a un centro adscrito. No noso caso:
- CEIP Plurilingüe A Reigosa (Ponte Caldelas).
- CEIP Manuel Cordo Boullosa (Ponte Caldelas).
- CEIP A Lama (A Lama)
- CEIP Doutor Suárez (Fornelos de Montes)
- Tamén está dirixido ao alumnado que quere cambiar de centro a outro ao que estea adscrito.
- A solicitude preséntase do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro usando o formulario do procedemento ED550A (Anexo I), dispoñible no colexio, no instituto, na Sede Electrónica da Xunta ou na aplicación informática de admision: “admisionalumnado”. Pode presentarse en papel no colexio ou electrónicamente a través da apliación de admisión.
- O alumnado dun colexio adscrito que queira ir a outro instituto non deberá facer reserva no IES de Ponte Caldelas e presentará solicitude de admisión no novo centro cando se abra o prazo (1 ao 20 de marzo). No caso de decidir cambiar de instituto despois de ter feito a reserva de praza aquí deberá renunciar por escrito á reserva de praza antes do 28 de febreiro para poder presentar solicitude de admisión no novo centro.
2. Solicitude de admisión:
- Está dirixido ao alumnado que solicita praza no noso centro e non pertence a un dos centros adscritos detallados no punto anterior e ao alumnado que se incorpora ao noso sistema educativo.
- Antes do 1 de marzo publicaranse os postos escolares vacantes e a letra de desempate para os casos en que haxa menos vacantes ca solicitudes.
- A solicitude preséntase do 1 ao 20 de marzo usando o formulario do procedemento ED550B (Anexo II), dispoñible no instituto, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia ou a través da aplicación “admisionalumnado”. Pode presentarse en papel no instituto ou de forma electrónica a través da aplicación de admisión.
No mes de febreiro publicaremos información máis completa sobre como facer esta solicitude.
Observacións importantes para alumnado matriculado no noso centro:
- O alumnado que queira continuar os seus estudos aquí, en ESO ou en Bacharelato, ten garantida a permanencia e non precisa facer solicitude de reserva nin de admisión. Simplemente terá que formalizar a matrícula no prazo que lle corresponda (xullo ou setembro, dependendo das notas).
- O alumnado que queira continuar estudos de ESO ou Bacharelato noutro centro terá que presentar solicitude de admisión no novo centro (1 ao 20 de marzo) e copia desa solicitude no noso centro. Para volver ao seu centro adscrito terá que presentar antes solicitude de reserva.
- O alumnado que queira acceder a estudos de Formación Profesional (Básica, Media ou Superior) non ten que facer ningún trámite neste momento xa que o acceso a eses estudos non está regulado por este procedemento e a información oficial sobre prazos aínda non está publicada.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
AnexoI_Solicitude de reserva.pdf | 1.33 MB |
AnexoII_Solicitude de admision.pdf | 1.13 MB |