CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 2022-23

Como todos os anos, o Ministerio de Educación e Formación Profesional convocou axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) para o curso 2022-23.

Estas axudas van dirixidas a alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastorno grave de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais, ao alumnado con trastorno do espectro autista e ao alumnado con necesidade de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

Toda a información está recollida no Portal de Becas do Ministerio. Tamén poden usar estes enlaces:
- Información xeral das axudas
- Cubrir unha solicitude.

Outra información importante:
- As solicitudes teñen que cubrirse exclusivamente vía web a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
- O prazo de presentación de solicitudes no centro remata o 30 de setembro de 2022.

En caso de dúbida poden dirixirse á Secretaría do centro.

Documento anexo: Texto íntegro da convocatoria.

 

 

AdxuntoTamaño
Convocatoria NEAE curso 2022-2023.pdf267.16 KB