Ábrese o prazo para presentar solicitudes de admisión para cambios de centro para o curso 2022/2023 (do 1 ao 20 de marzo).
O alumnado que:
- queira continuar os seus estudos no centro, en ESO ou en Bacharelato, ten garantida a permanencia e non precisa facer solicitude de admisión. Simplemente terá que formalizar a matrícula no prazo que lle corresponda.
- queira continuar estudos de ESO ou Bacharelato noutro centro terá que presentar solicitude de admisión no novo centro e copia desa solicitude no noso centro. Poden consultar información máis detallada no seguinte enlace.
- queira acceder a estudos de Formación Profesional (Básica, Media ou Superior) non ten que facer ningún trámite neste momento xa que o acceso a eses estudos non está regulado por este procedemento e a información oficial sobre prazos aínda non está publicada.
En caso de dúbida, diríxanse á Secretaría do centro.