Taboleiro
NORMAS SOBRE O USO DO MÓBIL NO CENTRO
Enviado por admin o Mér, 31/01/2024 - 10:23Está totalmente prohibido o uso de teléfonos móbiles e outros dispositivos electrónicos durante a xornada escolar, períodos lectivos e non lectivos.
Considéranse períodos non lectivos os seguintes: as entradas e saídas, o tempo de recreo, os períodos dedicados ao desenvolvemento de actividades complementarias e extraescolares.
De maneira excepcional poderán empregarse como ferramenta pedagóxica sempre previa autorización e supervisión do profesorado.
Formación Práctica de Loita Contra o Lume do alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos
Enviado por charo.cid o Ven, 14/06/2024 - 12:26O ALUMNADO DO CICLO SUPERIOR DE PREVENCIÓN DE RISCOS PROFESIONAIS REALIZA UNHA FORMACIÓN PRÁCTICA EN LOITA CONTRA O LUME
Como en cursos anteriores o alumnado de 1º do CS Prevención de Riscos Profesionais acudiu o luns 10 de xuño ás instalacións de Seganosa en Salvaterra do Miño para poñer en práctica os coñecemos adquiridos módulo de Emerxencias sobre extinción do lume mediante emprego de extintores tanto de pó como CO2 e mangueiras. Agradecemos ao persoal de Seganosa a súa colaboración na formación do noso alumnado.
Obradoiro Primeiros Auxilios 1º de CS de Prevención de Riscos Profesionais
Enviado por charo.cid o Ven, 07/06/2024 - 10:49O pasado xoves, 30 de maio o alumnado de 1º curso do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais participou de xeito activo neste obradoiro impartido pola asociación VODEA co obxectivo de poñer en práctica os coñecementos adquiridos en primeiros auxilios no módulo de Emerxencias.
Como en cursos anteriores, agradecemos ao voluntariado de Vodea a suá dispoñibilidade para compartir co noso alumnado os protocolos de actuación en primeros auxilios.
VISITA A EMPRESAS DA CONSTRUCIÓN CO ALUMNADO DO CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN
Enviado por charo.cid o Mér, 22/05/2024 - 22:40O pasado xoves 9 de maio organizamos no contrato-programa Innova e coa colaboración do Departamento de Edificación e Obra Civil unha saída para que o alumnado tivese a ocasión de coñecer de primeira man diferentes materiais e solucións construtivas que ofrecen tres empresas da nosa contorna: Forjados Hermanos Durán, Granichan e Casa Bio, as cales lle agradecemos a magnífica acollida que nos fixeron.
Acceso e Admisión Nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Galicia para o curso 2024/2025
Enviado por charo.cid o Sáb, 04/05/2024 - 22:42
Xa saiu a Resolución do 16 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Galicia para o curso 2024/25.
O prazo de Incripción esta comprendido entre o 26 de abril e o 21 de maio de 2024. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o día 25 de XUÑO.
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Importante seguir instrucciones GUÍA INSCRICIÓN
A PROBA DE ACCESO para quién no reuna os requisitos académicos ( proba sustitutiva dos requisitos de titulación) celebrarase o 30 de maio de 2024 no IES San Clemente, de Santiago de Compostela
As PROBAS ESPECÍFICAS de acceso ás ensinanzas artísticas superiores terán lugar nos centros de ensinanzas artísticas superiores de Galicia, segundo o calendario que figura nos anexos da resolución.
LIGAZÓNS DE INTERESE
- RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024/25.
- ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Música e se regula a proba específica.
- Inscrición telemática.
- Dar de alta a Chave365
- Guía de Inscrición
28 DE ABRIL DÍA DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
Enviado por charo.cid o Mér, 24/04/2024 - 21:52Como todos os anos a Organización Internacional do traballo (OIT) conmemora o DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO. Este ano ten como finalidade reflexionar sobre as repercusións do cambio climático na seguridade e saúde das persoas traballadoras.
Algúns exemplos de riscos laborais agravados polo cambio climático son o estrés térmico, a radiación UV, a contaminación atmosférica, os accidentes industriais graves, os fenómenos meteorolóxicos extremos, o aumento das enfermidades transmitidas por vectores e a maior exposición aos produtos agroquímicos. Estes, poden afectar tanto á nosa saúde física como o noso benestar emocional.
O alumnado e o profesorado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Laborais do IES Politécnico convidámosvos a conmemorar este día lembrando a todas as persoas traballadoras falecidas neste ano en Galicia por mor do traballo.
A nosa compañeira Isabel Rodríguez preparounos un vídeo para conmemorar o 28 de abril de 2024.
PRESENTACIÓN CHARLA ESO
Enviado por charo.cid o Mér, 20/03/2024 - 11:39A SITUACIÓN LABORAL E EMPRESARIAL ACTUAL EN VIGO E COMARCA
Enviado por charo.cid o Mér, 13/03/2024 - 23:25O departamento de FOL organiza para o alumnado de Ciclos formativos de adultos unha charla acerca da situación laboral e empresarial en Vigo e a súa comarca. O relator é Guillermo Hermida da consultora UNIGALIA.
OBRADOIRO XESTION DAS EMOCIÓNS A TRAVÉS DAS EMOCIÓNS
Enviado por charo.cid o Dom, 04/02/2024 - 16:28Alumnado de 3º da ESO no obradorio " Xestión das emocións a traves da respiración" impartido por Victoria Ambros. Actividade organizada polo Departamento de Orientación.
VISITA ÁS INSTALACIÓNS DE PLASTICOMNIUN EN REDONDELA
Enviado por charo.cid o Mér, 24/01/2024 - 23:40O noso alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais visitou o centro de traballo de Plastic Omnium en Redondela o pasado venres, 19 de xaneiro para coñecer como integran a prevención de riscos e coidan da saúde das persoas na súa actividade no sector da automoción.
Agradecemos a Alejandro Outeiral e o seu equipo na área de Saúde, Seguridade e Medio Ambiente a oportunidade que cada ano ofrecen o noso alumnado e profesorado.
XORNADA TÉCNICA ESCANEO 3D PARA LA INDUSTRIA AUTOMOTRIZ Y MANUFACTURERA
Enviado por charo.cid o Mér, 24/01/2024 - 14:14O IES Politécnico continúa con formación e colaboración con empresas na innovación tecnolóxica.
O próximo xoves 25 de xaneiro teremos unha dobre Xornada Técnica:
Escaneo 3D para la industria automotriz y manufacturera
A xornada será teórica práctica con demostración de equipos, e estará impartida pola empresa
CREAFORM
Realizaranse dúas sesións. En horario de mañá dedicada o alumnado, e en horario de tarde dedicado as empresas.
Enlace con mais información:
VISITA ÁS INSTALACIÓNS DA AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS
Enviado por charo.cid o Ven, 19/01/2024 - 13:35O alumnado do CS PREVENCIÓN RISCOS PROFESIONAIS visitou o pasado xoves 11 de xaneiro as instalacións da Axencia Galega de Emergencias en A Estrada acompañados pola profesora do módulo de Emerxencias, ISABEL RODRÍGUEZ PÉREZ. Deste xeito o alumnado do ciclo pode coñecer de primera man a importante labor desenvolto polo Centro Integrado de Atención as Emerxencias (CIAE -112) e o Grupo de Apoio Loxístico Intervención. Como centro educativo agradecemos a colaboración da AXEGA.
FERIA SEDEXPO CICLO SUPERIOR PREVENCIÓN DE RISCOS PROFESIONAIS
Enviado por charo.cid o Mar, 19/12/2023 - 23:14ALUMNADO DE CS PREVENCIÓN RISCOS PROFESIONAIS VISITOU A FEIRA INTERNACIONAL DE SEGURIDADE, DEFENSA E EMERXENCIAS (SEDEXPO) CELEBRADA EN SILLEDA O PASADO 30 DE NOVEMBRO
O noso alumnado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Profesionais tivo a oportunidade de estar en contacto con empresas comprometidas coa seguridade, a defensa da cidadanía e coa xestión das emerxencias e participar nas activdades organizadas (scaperoom de ciberseguridade organizado por INCIBE, simulador 3D de condución de ambulancia, simulacro organizado pola Guardia Civil, demostración de manobras de rescate...).
Obradoiros Primeiros Auxilios
Enviado por charo.cid o Lun, 26/06/2023 - 09:52
A asociación de voluntarios/as VODEA durante o curso 2022-2023 impartiu obradoiros de primeiros auxilios na ESO, bacharelato e ciclos formativos, rematando o curso co Ciclo de Prevención de Riscos profesionais.
Dar as grazas á Asociación porque un ano mais puidemos contar con eles .
Déixovos un vídeo feito por Isabel Rodríguez, profe de emerxencias do Ciclo de Prevención de Riscos Profesionais.
Comprometidos coa seguridade!!
Admisión e matrícula - ciclos formativos (medio e superiores) - cursos de especialización - FP Dual
Enviado por secretaria o Lun, 12/06/2023 - 14:33 Proceso de admisión e matrícula - ciclos formativos (medio e superiores) - cursos de especialización - FP Dual
Prema aquí para obter a información e enlaces do proceso de admisión e matrícula
28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
Enviado por charo.cid o Lun, 24/04/2023 - 22:45
En xuño de 2022 a Conferencia Internacional do Traballo decidiu incluír "unha contorna de traballo seguro e saudable" no marco de principios e dereitos fundamentais no traballo da OIT. O 28 de abril de 2023, a OIT celebrará esta decisión.
O Departamento de FOL únese á celebración e baixo o lema de "Seguridade e Saúde un compromiso común" convocou a profesionais da seguridade e saúde dos sectores produtivos mais representativos da nosa contorna, para explorar, co noso alumnado de Formación Profesional, o tema dunha contorna de traballo seguro e saudable como principio e DEREITO FUNDAMENTAL no traballo.
Visita do Alumnado de Edificación e Obra Civil ao CIFP SOMESO
Enviado por charo.cid o Mar, 18/04/2023 - 22:16ALUMNADO DE CS PROXECTOS EDIFICACIÓN - CS PROXECTOS OBRA CIVIL VISITOU O MÓDULO BIOCLIMÁTICO "A VIEIRA" NO CIFP SOMESO (A Coruña)
O pasado 16 de febreiro o alumnado dos ciclos superiores de Edificación e Obra Civil participou nunha actividade do Contrato - Programa Innova organizada polo Departamento de Edificación e Obra Civil xunto co Departamento de FOL co obxeto de coñecer a bioconstrución como unha alternativa sostible.
No CIFP SOMESO (A Coruña) visitamos o Módulo Bioclimático Experimental "A Vieira" e participamos nunha charla impartida por soci@s fundadores da cooperativa Habitat Social o que nos permitiu coñecer unha experiencia cooperativa que constrúe baixo os criterios de sustentabilidade.
VISITA AS INSTALACIÓNS DA AXENCIA GALEGA DE EMERXENCIAS (AXEGA)
Enviado por charo.cid o Dom, 26/03/2023 - 00:00O alumnado do CS PREVENCIÓN RISCOS PROFESIONAIS visitou o pasado xoves 16 de marzo as instalacións da Axencias Galega de Emergencias ubicadas en A Estrada acompañados do seu titor Juan Pablo Gómez Torres e da profesora do módulo de Emerxencias, Isabel Rodríguez Pérez. Esta visita permitiunos coñecer de primera man a importante labor tanto do Centro Integrado de Atención as Emerxencias (CIAE -112) como do Grupo de Apoio Loxístico Intervención agradecendo a súa colaboración co noso centro.
EXPECTATIVA E REALIDADE DA REFORMA LABORAL
Enviado por charo.cid o Lun, 13/03/2023 - 21:48O venres, 17 de marzo, estará no Politécnico Javier de Cominges Cáceres, falaranos da Reforma Laboral e os seus efectos. Por descontado MOI
INTERESANTE.
![RSS - Taboleiro Distribuir contido](/centros/iespolitecnicovigo/misc/feed.png)