Taboleiro

BOLSAS ERASMUS 2015/2016

Xa podes solicitar unha das 8 BOLSA ERASMUS+ para CICLOS SUPERIORES.Toda información en

erasmuspolitecnicowix.com

 

CONVOCATORIA CONTRATOS CSIC PRÁCTICAS PARA MOZOS EN GARANTÍA XUVENIL

Convocadas prazas para contratos na modalidade de prácticas para traballar nos centros ou unidades orgánicas do CSIC.Cos seguintes requisitos:

  • Ter a nacionalidade española.
  • Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
  • Estar en posesión da titulación académica concreta, tanto na especialidade como no nivel/grao da mesma, que se esixa para cada contrato de acordo co disposto no Anexo I.(
  • Estar inscrito no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.(Pódese incribir  antes da solicitude)
  • presentación de solicitudes do 27 de novembro ao 15 de decembro.

MAIS INFORMACIÓN:

Convocatoria

Anexo titulacións.

Orde da convocatoria

A Responsabilidade Empresarial En Materia De Seguridade E Saúde Laboral

O IES Politecnico de Vigo dá  as grazas a ASIME pola súa invitación a unha xornada tan interesante para os nosos alumnos do Ciclo de prevención de riscos profesionais.  

 

foto

 

 

I CONFERENCIA SOBRE TALENTO TÉCNICO, CIENTÍFICO E TECNOLÓXICO

I CONFERENCIA SOBRE TALENTO TÉCNICO ,CIENTÍFICO E TECNOLÓXICO

  • Lugar: Coruña
  • Día: 26/11/2015
  • Hora:De 9 a 18 h.
  • Sorteo de premios: Programa para desenvolver o teu talento e cinco entradas para Star wars " O espertar da forza"

Mais información:

CARTEL

DIPTICO PROGRAMA

Gañador do concurso de Calacús 2015

Parabéns a ADRIÁN OLIVA FERNÁNDEZ (1º ESO A), gañador do concurso de Calacús 2015!! 

Moitas grazas aos participantes.

30 DE OUTUBRO : DÍA DO EMPRENDEDOR

Día do Emprendedor de Galicia, organizado por IGAPE e Fundación EOI, co obxectivo de impulsar a Iniciativa Emprendedora e a consolidación de empresas. 30 de outubro, en Santiago de Compostela. Conferencia inaugural a cargo de EDURNE PASABAN “Claves para alcanzar o éxito ante calquera reto persoal e laboral”

AXUDAS PARA OBTER PERMISO DE CONDUCCIÓN

A FUNDACIÓN MAPFRE convoca 240 axudas de 500 € cada unha para mozas e mozos de entre 18 e 29 anos .ENTERATE DOS REQUISITOS !!

Requisitos 

Bases da convocatoria


CHARLAS INFORMATIVAS BOLSAS ERASMUS

  O proximo xoves 22 de outubro  as 11:30 e 19:20 h.terá lugar no salón de actos unha charla informativa sobre as bolsas ERASMUS.

A charla vai dirixida aos Ciclos formativos Medios e Superiores, 1º e 2º 

  • Os Ciclos Superiores :bolsa Erasmus para FCT no estranxeiro.
  • Os Ciclos Medios: Bolsas prácticas( unha vez obtido o título) no estranxeiro.Neste caso a bolsa pode ascender a 9.000  euros 
  • Facer grupo para curso de Inglés

 Toda a información a tes na Páxina web do ERASMUS

http://erasmuspolitecnico.wix.com/erasmuspolitecnico#!inicio/mainPage

MOI INTERESANTE!!

CARTEL

EMPREGALIA " A FEIRA DO EMPREGO DE GALICIA"

A feira de emprego “Empregalia 2015”  celebrarase o venres 16 e sábado 17 de outubro na Estación Marítima de Vigo.

EMPRESAS:

PSA Peugeot-Citroën Formega, Feprohos, Grupo Egasa, Asime, Allfinanz España, Mary Kay, Método Consultores, Manpower y Adecco. Tamén estarán asociaciones co­mo Abap, Down, Cogami, Caritas o Mulleres en Igualdade.

 

Intercambio multilateral Erasmus+ en Sicilia - Italia

Convocatoria de catro prazas para un intercambio multicultural de oito días  ,único requisito ter entre dezaoito e trinta anos e residir en galicia. Prazo corto de Inscripción ON-LINE do 27 de setembro a 4 de octubro. 

INFORMATE!! MOI INTERESANTE ......

 http://xuventude.xunta.es/2015092816922/intercambio-multilateral-erasmus-en-sicilia-italia.html

 

XORNADAS "GARANTÍA XUVENIL E COOPERATIVAS "

Se es emprendedor pódenche interesar estas xornadas  :" Garantía xuvenil e Cooperativas".  O DÍA 25 DE SETEMBRO EN VIGO.

Inscríbete xa!!  www.ugacota.coop

CARTEL

INSCRICIÓN

VISITA A DOMIBERIA S.L. POLOS ALUMNOS DO C.S. DE PREVENCIÓN DE RISCOS

Como todos os anos facemos unha visita á empresa DOMIBERIA S.L ( antes CROW) de novo agradecerlles a atención prestada e a súa colaboración ano tras anos co IES Politécnico.

 

CHARLAS PRIMEROS AUXILIOS 2015

O alumnado de ciclos formativos asistiu a unhas charlas de primeiros auxilios impartidas polo voluntariado de PROTECCIÓN CIVIL do Concello de Vigo. Mostrar o noso agradecemento aos voluntarios/as de protección civil de Vigo que de forma desinteresada colabora ano tras ano co IES Politécnico de Vigo.

 

CONVOCATORIA CONCURSO EDUEMPRENDE 2015

Convócase por orde Orde do 15 de maio de 2015 (DOG 27 de maio de2015)concurso Eduemprende Idea 2015, dirixido ao alumnado dás ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño dá Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

1.Ten dúas modalidades

A.Ciclos grao superior

B.Ciclos grao medio

2.A participación ten que ser en grupo, mínimo dúas persoas.

3.O plazo da presentacion solicitude 27/6/2015


Máis información no enlace: 
http://www.edu.xunta.es/fp/fp-plus-idea

Parabéns á nosa alumna Malena Riveiro Mouriño (1º ESO)

Por acadar o 1º posto no Campionato Galego de Judo na categoría Infantil, e o valiosísimo 7º posto nos Campionatos de España.

Un exemplo de cómo as boas calificacións poden ir unidas  aos bos resultados no eido deportivo.

Noraboa!

Gala de fin de ciclo. Promoción 2015

Fermosísima Gala de fin de ciclo do noso alumnado de bacharelato. Emocionante e moi ben organizada. Chea de anécdotas, sorpresas e lembranzas de dous anos inesquecibles. Ao final un divertido photocall. Os nosos mellores desexos para o futuro que comezades.

NOVA CONVOCATORIA BOLSAS ERASMUS+ SETEMBRO - DECEMBRO 2015

Aberta a nova convocatoria BOLSAS  ERASMUS+ SETEMBRO - DECEMBRO 2015 .As charlas informativas terán lugar:

  • Martes 26/5/2015 as 11:30 h.
  • Martes 26/5/2015 as 19:20 h

Toda a información a tes na Páxina web do ERASMUS

http://erasmuspolitecnico.wix.com/erasmuspolitecnico#!inicio/mainPage

ANIMARVOS!

VIAXE DA FIN DE ETAPA DE 4º ESO

O alumnado de 4º ESO, co gallo da fin de etapa, viaxou a Salou o 8 de maio para desfrutar de seis días fóra das aulas, visitando as cidades de Tarragona e Barcelona, e gozando nas atraccións de Port Aventura. Agardamos que teñades moito éxito no novo ciclo que ides iniciar.

Distribuir contido