Orientación Profesional
Acceso e Admisión Nas Ensinanzas Artísticas Superiores de Galicia para o curso 2024/2025
Enviado por charo.cid o Sáb, 04/05/2024 - 22:42
Xa saiu a Resolución do 16 de abril de 2023 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Galicia para o curso 2024/25.
O prazo de Incripción esta comprendido entre o 26 de abril e o 21 de maio de 2024. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato poderán presentar solicitude ata o día 25 de XUÑO.
As solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). Importante seguir instrucciones GUÍA INSCRICIÓN
A PROBA DE ACCESO para quién no reuna os requisitos académicos ( proba sustitutiva dos requisitos de titulación) celebrarase o 30 de maio de 2024 no IES San Clemente, de Santiago de Compostela
As PROBAS ESPECÍFICAS de acceso ás ensinanzas artísticas superiores terán lugar nos centros de ensinanzas artísticas superiores de Galicia, segundo o calendario que figura nos anexos da resolución.
LIGAZÓNS DE INTERESE
- RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2024/25.
- ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Música e se regula a proba específica.
- Inscrición telemática.
- Dar de alta a Chave365
- Guía de Inscrición
A SITUACIÓN LABORAL E EMPRESARIAL ACTUAL EN VIGO E COMARCA
Enviado por charo.cid o Mér, 13/03/2024 - 23:25O departamento de FOL organiza para o alumnado de Ciclos formativos de adultos unha charla acerca da situación laboral e empresarial en Vigo e a súa comarca. O relator é Guillermo Hermida da consultora UNIGALIA.
PROGRAMA CONECTA COA VIDA
Enviado por charo.cid o Xov, 14/12/2023 - 22:51O martes 19 de decembro Alicia Parra, Técnica de saúde mental de FEAFES, estará connosco no IES Politécnico nunha formación encadrada no programa para a sensibilización e prevención do suicidio " Conecta coa Vida", co noso alumnado do C. Superior de Prevención de Riscos Profesionais. conectacoavida.org
28 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
Enviado por charo.cid o Lun, 24/04/2023 - 22:45
En xuño de 2022 a Conferencia Internacional do Traballo decidiu incluír "unha contorna de traballo seguro e saudable" no marco de principios e dereitos fundamentais no traballo da OIT. O 28 de abril de 2023, a OIT celebrará esta decisión.
O Departamento de FOL únese á celebración e baixo o lema de "Seguridade e Saúde un compromiso común" convocou a profesionais da seguridade e saúde dos sectores produtivos mais representativos da nosa contorna, para explorar, co noso alumnado de Formación Profesional, o tema dunha contorna de traballo seguro e saudable como principio e DEREITO FUNDAMENTAL no traballo.
EXPECTATIVA E REALIDADE DA REFORMA LABORAL
Enviado por charo.cid o Lun, 13/03/2023 - 21:48O venres, 17 de marzo, estará no Politécnico Javier de Cominges Cáceres, falaranos da Reforma Laboral e os seus efectos. Por descontado MOI
INTERESANTE.
ALUMNADO DE CICLOS PARTICIPA NO II "FORO TALENTO Y EMPLEO"
Enviado por charo.cid o Dom, 12/03/2023 - 23:28Durante os días 7, 8 y 9 de febreiro, o noso alumnado de FP básica, Ciclos de grao medio e superior participaron nos diferentes obradoiros e
charlas organizadas polo II "Foro Talento y Empleo" no Auditorio Mar de Vigo co fin de mellorar a súas habilidades na procura activa do emprego e no
emprendemento.
Novo Horario de Atención Orientación Profesional - Laboral
Enviado por charo.cid o Mar, 04/10/2022 - 17:33Información Preinscrición e Matrícula na Universidade
Enviado por charo.cid o Ven, 17/06/2022 - 11:27O departamento de orientación déixavos unhas ligazóns que poden servirvos de axuda na preinscrición e matrícula na universidade.
Parabéns ao alumnado do politécnico polos resultados nas probas ABAU!.
Desexámosvos moita sorte nesta nova etapa!
CALENDARIO DA ABAU 2022
Enviado por charo.cid o Xov, 12/05/2022 - 14:02Instrucións de acceso á Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais 2022/2023
Enviado por charo.cid o Mar, 03/05/2022 - 17:16
INSCRICIÓNS NAS ENSINANZAS
- Ata ao 23 de maio de 2022 si accedes a través de proba de madurez.
- Ata ao 23 de xuño se accedes con bacharelato, proba universidade maiores de 25 anos grao o equivalente
CALENDARIO
LIGAZÓNS
- ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais e regula a proba específica.
- Web da Escola Superior de Conservación e Restauración
- Exemplos de probas de acceso. (O EXERCICIO 2 ELIMÍNASE DA PROBA). Tamén podes consultar exemplos na web da escola.
- Web da Consellería.
- Inscrición telemática.
- Dar de alta a Chave365
- Máis sobre as Ensinanzas de Conservación e Restauración.
Instrucións para a admisión en Arte Dramática 2022/2023
Enviado por charo.cid o Mar, 03/05/2022 - 14:11
INSCRICIÓNS NAS ENSINANZAS
- Ata ao 23 de maio de 2022 si accedes a través de proba de madurez.
- Ata ao 23 de xuño se accedes con bacharelato, proba universidade maiores de 25 anos grao o equivalente
CALENDARIO
Calendario probas de acceso ESADG
LIGAZÓNS
- Orde do 21 de novembro de 2016, que regula a proba específica de Arte Dramática.
- Escola de Arte Dramática de Galicia (ESAD) e enlace ás probas.
- Información sobre a admisión na Web da Consellería.
- Inscrición telemática.
- Dar de alta a Chave365
- Máis sobre Arte Dramática na web da Consellería.
Instrucións de acceso ós Estudos Superiores de Deseño 2022/2023
Enviado por charo.cid o Mar, 03/05/2022 - 12:49
INSCRICIÓN NAS ENSINANZAS:
- Ata ao 23 de maio 2022 si accedes a través de proba de madurez
- Ata ao 23 de xuño se accedes con bacharelato, proba universidade maiores de 25 años, grao o equivalente
¨ ESCOLAS DE ARTE EN GALICIA:
-
Escola de arte Mestre Mateo de Santiago: Deseño de moda, Deseño de produtos
- Escola de arte Pablo Picasso de A Coruña: Deseño de interiores, Deseño gráfico
- Escola de arte Ramón Falcón de Lugo: Deseño de interiores, Deseño gráfico
- Escola de arte Antonio Faílde de Ourense: Deseño de interiores, Deseño G
CALENDARIOS
- Calendario probas de acceso Escola de Arte de Mestre Mateo
- Calendario de probas de accesoEscola de Arte de Antonio Faílde
LIGAZÓNS
- ORDE do 21 de novembro de 2016 pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño e a proba específica.
- Folleto informativo
- Proba específica.
- Web da Consellería de Educación.
- Inscrición telemática.
- Dar de alta a Chave365
- Máis sobre os Estudos Superiores de Deseño.
28 DE ABRIL DIA MUNDIAL DA SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
Enviado por charo.cid o Mér, 27/04/2022 - 20:58
O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo promove a prevención dos accidentes e as enfermidades profesionais en todo o mundo. O Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo 2022 céntrase en potenciar o diálogo social cara a unha cultura da seguridade e a saúde.
O alumnado e o profesorado do Ciclo Superior de Prevención de Riscos Laborais do IES Politécnico convidámosvos a conmemorar este día lembrando a todas as persoas traballadoras falecidas neste ano en Galicia por mor do traballo.
A nosa compañeira Isabel Rodríguez preparounos un vídeo para conmemorar o 28 de Abril do 2022.
" Actuar xuntos para crear unha cultura de seguridade e saúde no traballo positiva"
Portas Abertas Telemáticas Escola de Arte Dramática de Galicia
Enviado por charo.cid o Ven, 22/04/2022 - 13:41A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia organiza unhas Xornadas de Portas Abertas (telemáticas) o 5 de maio de 2022, para informar sobre a nosa oferta educativa nas diferentes titulacións de grao:
Dirección escénica e dramaturxia
Información e inscrición
Sesións de Videoconferencia " As Probas ABAU e proceso de Prescripción e Matrícula"
Enviado por charo.cid o Mér, 06/04/2022 - 11:21Toda a información sobre as probas ABAU e proceso de preinscrición e matrícula nas universidades de Galicia.
Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol
Enviado por charo.cid o Mar, 05/04/2022 - 12:39O Campus Industrial e o Servizo de Estudantes da Universidade da Coruña organizan, o vindeiro VENRES 22 de ABRIL de 2022, a I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol .
- Quenda de mañá - de 09:00 a 15:00 horas - Colexios e institutos
- Quenda de tarde - de 16:00 a 20:00 horas - Público Xeral (Visitas individuais, grupos de amigos/as, en familia...)
Debes formalizar a túa inscrición na I Xornada de Portas Abertas do Campus Industrial de Ferrol (modalidade presencial) antes das 14:00 horas do LUNS 11 de ABRIL de 2022 -> https://bit.ly/3iooB00
Podes atopar máis información sobre as titulacións da Universidade da Coruña no Campus Industrial de Ferrol no Portal de Estudos<https://estudos.udc.es/gl/StudyAtUdc/degree>.
Encontros Virtuais da Universidade de Santiago de Compostela
Enviado por charo.cid o Lun, 04/04/2022 - 10:22Os Encontros virtuais da USC terán lugar do 7 ao 13 de abril. Ainda que non poidas visitar a universidade en persoa podes coñecer o que a USC ten. Déixovos ligazón para a consulta dous horarios. https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
Novo Horario de Atención Orientación Profesional - Laboral
Enviado por charo.cid o Mér, 30/03/2022 - 13:28Neste último trimestre do curso tedes que tomar decisións acerca do voso futuro académico e profesional. Toda a información de FORMACIÓN PROFESIONAL podes atopala neste servizo.
Déixovos o NOVO horario de atención .PLANIFICA O TEU FUTUR0!!!
- Martes : 13:40 a 14:30 y de 16:50 a 18:30
- Mércores: 12:00 a 13:40
- Xoves : 12:00 a 12:50
Aberto Prazo para solicitar as Bolsas Xerais do MEFP para estudos universitarios e non universitarios 2022/2023
Enviado por charo.cid o Lun, 21/03/2022 - 15:24
O Ministerio de Educación e Formación Profesional publica a Resolución do 10 de marzo de 2022, pola que se convocan bolsas de carácter xeral para o curso académico 2022-2023, para estudantes que cursen estudos postobligatorios (FP, bacharelato e outros) ou universitarios.
Toda a información está dispoñible no portal de bolsas e axudas do MEFP.
Hai que pedir a bolsa neste prazo aínda que non estea aberto o período de matrícula nos estudos que che interesan, non saibas o que vas estudar ou non saibas con seguridade se vas estudar ou non.
Podes poñer os estudos máis probables e cara a setembro poderás cambialos.
- Prazo para a súa solicitude: Desde o 30 de marzo ata o 12 de maio do 2022.
Javier De Cominges Cáceres "As que Limpan. Precariedade Laboral"
Enviado por charo.cid o Ven, 11/03/2022 - 12:12O venres, 18 de marzo o Avogado Laboralista Javier de Cominges Cáceres que levou á xustiza europea a discriminación do colectivo das limpiadoras conseguindo que se declarase discriminatorio o réxime laboral das empregadas de fogar en España, estará connosco no IES Politécnico.
Ligazón Artigo :"a xustiza europea conclúe que o réxime laboral das empregadas de fogar en España é discriminatorio"